A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Por un 25 de xullo de UNIDADE
POR UN PROCESO CONSTITUINTE


O 25 de Xullo é umha data importante na política galega, e sería un bo momento para xuntar as forzas politicas e sociais mais alo das siglas, numha manifestación unitaria e aberta, que culmine numha gran asemblea popular en Compostela onde se comece o debate de qué alternativa erguése desde o pobo traballador galego ás medidas de austericidio impostas desde Bruxelas e Madrid, e desenvolvidas pola Xunta do PP.


A tentativa de impor o pobo traballador grego o ter que pagar os desastres dos anteriores gobernantes e a sua burguesia, saltando os resultados dumhas eleccions, ratificado nun NON rotundo á austeridade e os recortes (?as urnas son perigrosas?, dixo umha dirixente do PP), demonstra que os termos ?democracia? e ?soberanía? dos pobos non estan nos diccionarios da UE, nin dos seus servís gobernos.

Este 25X producese neste cadro de ataque en toda regra no só contra os direitos sociais e laborais do pobo traballador galego e europeo, mas tamen contra as liberdades democráticas mais elementais, destruidas pola ?lei Mordaza? nunha siniestra lembranza do que foi o franquismo.

Nestas condicions o pobo traballador galego non podería saír ben parado. Un pobo condenado historicamente polo estado español á ser suministrador de materias primas e man de obra barata, non pode esperar outra cousa dese Estado. A Xunta do PP, como bo axente dos interese do capital español e europeo, son os que desde dentro da sociedade galega, aplican conscientemente estes planes de desindustrialización, perdas de postos de traballo e privatizacións. Así, os salarios da clase traballadora galega son dos mais baixos do Estado Español; ser ?muller, galega e traballadora de hostelaría? supon ter os salarios mais baixos de todo o estado.

Por outra banda, como se fose umha volta o pasado, os gandeiros galegos teñen que se movilizar de novo porque o leite galega é a mais ?barata? do estado. A Xunta do PP fixo, nestos anos, todo o posible por que Galiza voltara a encabezar as listaxes de emigración, conseguindo o record de que en 40 anos poboación galega non aumentara, mentras a española case doblouse, Galiza segue a ser a suministradora de man de obra barata que sempre foi.

Os pobos como o galego, como o grego e outros tantos, mentras esteamos en esta UE e nós no Estado centralista Español, non temos a nosa disposición de ningumha ferramenta real para enfrentar por nós mesmos a resolución dos nosos problemas. Se esperamos que desde Bruxelas ou Madrid veñan solucións, estamos enganando o pobo, pois a experiencia demonstra todo o contrario: todo o que veu deles foi peches de empresas, reconversións e desmantelamento industrial, privatizacións, e dicer, empobrecemento social. Por todo elo, hai que muda-las instituciones, tanto da UE como do Estado Español.

Temos que avanzar na ruptura con estas institucions. De igual xeito que temos que apoiar con todo o pobo grego contra as imposicions da UE, por umha outra Europa (a sua loita é a nosa loita!), na Galiza e no Estado Español temos que caminar cara a apertura dun Proceso Constituinte que rompa co rexime do 78, que garanta o exercicio do direito á autodeterminación da Galiza e abra as portas a umha saída obreira e popular á crise.

Para enfrentar estos retos é preciso que todos os que rexeitamos este rexime e o capitalismo, levantemos as bandeiras que levantemos, constrúamos umha unidade loita.

A crise economica, a dureza coa que a UE (e os gobernos no Estado Español) están a actuar para destruir definitivamente as conquistas grega e convertilos numha colonia, por branco sobre negro que estas tarefas non se poden acadar desde o illamento, interno e externo; senon que baixo umha unidade respectuosa cos direitos dos pobos, avance nesos camiños de loita. Galiza, como na Grecia, non saíran da sua postración senon é procurando a unidade da clase traballadora e os pobos contra a UE e o rexime.

Por elo, desde Corrente Vermella consideramos que mais alo das saídas que hoxe vexamos, é preciso comezar a construir desde a base, desde os centros de traballo e estudo, barrios e vilas, esa unidade, ese frente amplo contra o rexime do 78 e por un proceso constituinte que rompa con él e a estructura do rexiem. Este ten que ser o cemento que umha esa confluencia.

Galiza, 7 de xullo de 2015
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 09-07-2015 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0