A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Todos ás rúas en defensa do NON no referendo grego! |
|
Grecia vai realizar un referendo o vindeiro domingo para aceptar ou rexeitar o ?acordo? proposto pola Troika (Comisión Europea, Banco Central Europeo e FMI). No caso de que gañe o SI será aplicado un plan de austeridade máis, e unha redución máis de salarios e de dereitos.
O presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, deixou de lado a diplomacia e pediu abertamente que o pobo grego vote polo SI. Angela Merkel rexeitou unha última proposta de acordo feito por Tsipras, esperando que gañe o SI no referendo.
A propaganda imperialista culpa ao pobo grego pola crise actual. Trátase dunha mentira ao servizo dos bancos europeos, os grandes beneficiados polos plans de austeridade. O resultado da aplicación deses plans no últimos cinco anos demostra esa falsidade: a situación do país só agravouse. A débeda externa aumentou, a produción de país retrocedeu a niveis semellantes a unha depresión. Os traballadores e o pobo grego tiveron os seus salarios reducidos, os seus dereitos atacados.
O pobo debe derrotar esta nova presión do imperialismo. Foi contra eses plans que os gregos realizaron 35 folgas xerais. Foi contra iso que o goberno Syriza foi electo en xaneiro. Por iso chamamos ao voto NON no referendo.
Por un NON consecuente, de loita contra o imperialismo
Tsipras está a facer campaña polo NON. Pero o NON de Tsipras e o NON dos traballadores gregos deben ser moi diferentes.
Tsipras defende o NON para volver á mesa de negociacións co Eurogrupo e conseguir un plan de austeridade un pouco diferente. El tirou ao lixo o programa de Salónica e os compromisos asumidos cos traballadores gregos nas eleccións (aumentar o salario mínimo, revogar toda a reforma laboral do goberno anterior). Retrocedeu en todas as súas promesas co obxectivo de conseguir unha ?reestruturación? da débeda, que mantería intacta a política de austeridade.
O goberno grego presentou un plan aos acredores que incluía a elevación gradual da idade para xubilación de 62 a 67 anos, ademais de eliminar paulatinamente os subsidios e aumentar os impostos para xubilados. Aumentaba tamén, gradualmente, o superávit fiscal de 1% en 2015 até 3,5% do PIB en 2018. Estivo de acordo con case todas as imposicións da Troika.
Foi ese plan de austeridade que o imperialismo non aceptou porque quería máis rigor sobre os xubilados, máis desemprego, máis privatizacións. Tsipras foi obrigado a convocar o referendo porque sería obrigado a facer tantas concesións que significarían un suicidio político. Pero quere o referendo para fortalecerse e? volver á mesa de negociacións.
O NON dos traballadores debe ser o punto de partida para rescatar aquilo que Tsipras prometeu antes das negociacións: aumento dos salarios e as pensións, o fin das privatizacións e da austeridade. Iso non pode ser cambiado por unha reestruturación da débeda, ilegal e odiosa.
Hoxe non se pode dicir o que vai suceder co referendo. O imperialismo fai unha campaña de terrorismo pola prensa, coma se o rexeitamento do acordo e a posibilidade da saída de Grecia do euro fose unha catástrofe. Coma se a catástrofe non fose a actual crise do país causada polos plans de austeridade do últimos cinco anos.
O peche dos bancos e a retención dos depósitos bancarios nesta semana, determinada polo goberno para evitar unha corrida xeneralizada, axudou a crear ese clima de incerteza. Pero, alguén pode preguntar, o goberno non foi obrigado a iso pola presión do imperialismo? Si e non. Tivo que facer iso porque non estatalizou os bancos, medida fundamental para deixar sen efecto o bloqueo do Banco Central Europeo.
Os ricos non foron afectados. Mentres se realizaban as negociacións, os grandes burgueses e os bancos retiraron o diñeiro que aínda tiñan dentro de Grecia e transferírono para os paraísos fiscais.
O goberno Tsipras será responsable se seica a campaña do imperialismo é vitoriosa e gaña o SI. Foi o goberno grego o que sementou a ilusión reaccionaria de que era posible un acordo coa Troika que beneficiase á maioría da poboación. Non hai negociación posible que poida conciliar os intereses da maioría do pobo grego cos do imperialismo.
A permanencia na zona euro e a continuidade do pago da débeda significan a submisión ao imperialismo alemán e francés, e a aceptación de máis austeridade. O NON no referendo debe ser o punto de partida dun plan de mobilizacións dos traballadores gregos, pasando por encima dos obxectivos do goberno Syriza.
Os traballadores gregos precisan tomar o destino do país nas súas mans, dicindo un NON a leste e todos os plans de austeridade. Os traballadores deben pasar á ofensiva coas súas propias mobilizacións. A vitoria do NON debe ser seguida de inmediato coa expropiación dos bancos para evitar a continuidade da fuga de capitais. É preciso romper co euro e co pago da débeda.
Apoiamos as mobilizacións en todo o mundo para apoiar a loita do pobo grego contra as imposicións do imperialismo. Imos ás rúas a apoiar o NON no referendo do domingo. En particular en Europa, esas mobilizacións deben esixir dos gobernos o fin das vergoñosas presións sobre o pobo grego e o goberno Tsipras, e defender a anulación da débeda grega. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|