A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
1º de Maio: Dia Internacional da Clase Traballadora |
|
O 1º de maio conmemora a loita dos traballadores e traballadoras, no seculo XIX, pola xornada de 8 horas e a súa conquista. ?Oito horas para o traballo, oito o soño e oito para a casa?, dicíase. É umha homenaxe aos obreiros / as mortos pola represión do goberno nas folgas que, en 1886, atinxiron os EE UU.
O 1º de maio, malia seren un día festivo, non ha nada que festexar. Desde o comezo da crise no 2007 os direitos dos traballadores e as traballadoras non deixan de retroceder polas politicas dos sucesivos gobernos. Baixo a xustificación da crise que crearon os capitalistas e banqueiros, aproveitan para aplicar reformas laborais, rebaixar os salarios,... para modificar xornadas laborais para voltar ás horas de traballo previas ás xornadas de Chicago en 1886. Non é estrano para ninguén atopar xornadas de 10. 12 e 14 horas con salarios que non chegan a fin de mes, como facían os obreiros e as obreiras que se levantaron na cidade norteamericana.
Tampouco é umha traxica novidade o que acontece coa migración dos seres humanos. A maioria dos traballadores / as que protagonizaron o 1º de maio, eran europeos que fuxian da misera, da fame e as guerras na ?vella? Europa, cara un futuro mellor no ?novo? Mundo. As condicions de traballos que lles esperaban e a represión do goberno espertou-lles do soño.
Hoxe, a Europa dos Capitalistas que é a Unión Europea é un soño de esperanza e futuro para millóns de seres humanos que escapan das guerras e da miseria, ou ben para morrer no Mediterraneo, ou no mellor dos casos incorporarse á clase traballadora europa, en paro u na ?ilegalidade?, nas condicions que fannos lembrar as que provocaron o levantamento de Chicago.
Frente a estas condicions, a loita segue a darse. Os afronorteamericanos, tras as loitas de Ferguson, voltan ás ruas en Baltimore contra a violencia policial; asistimos a folgas mundiais como a dos ?fast food? (Mcdonalds, Burger King,...), umha folga en 39 paises pola suba de salarios. O pobo kurdo, coas mulleres á vangarda, veñen de derrotar militarmente aos sicarios do Estado Islámico en Kobane.
Na Europa a vitoria de Syriza, a pesar das rebaixas nas suas exixencias, marca un alto punto no enfrentamento coas politicas da UE; mas non están sós, os traballadores / as do transporte alemán estan en folga, ha mobilizacións na Franza e na Italia contra os recortes e a austeridade. Ou as grandes mobilizacións no Estado Español desde o 15 M ate o pasado ano, contra a lei do aborto, as mareas contra as privatizacións, Gamonal, Can Viés,... co remate da Marcha a Madrid do 22 M, que xunto cos resultados das europeas, estiveron tras a dimisión do rei Juan Carlos, do ministro Gallardón, etc.
UNIDADE NA DEFENSA DOS NOSOS DIREITOS
O empobrecemento das familias traballadoras en xeral, e da clase traballadora no concreto, é o resultado das políticas de recortes que desde a UE ate o goberno e a Xunta veñen aplicando, e que na Galiza significa a condena á emigración permanente.
A loita pola defensa dos nosos direitos laborais e directamente política. Os recortes no laboral veñen acompañados de recortes nas liberdades democráticas a través de leis como a ?lei mordaza? ou a reforma do Codigo Penal, que tenta impedir a actuación dos piquetes de folga. Para atar aos traballadores / as, a represión policial e política é a outra cara da imposición das reformas laborais, o sindicalismo pechado dentro das portas das empresas esta desbordado pola necesidade dunha resposta politica.
A estas alturas da crise as respostas parciais non abondan, temos que comezar a construir umha alternativa social o capitalismo, ás suas crise e os seus gobernos, que rache clara e rotundamente cun rexime corrupto ate a medula, para recuperar os métodos máis axeitados para responder con eficacia e claridade ás suas agresións.
A nacionalización das empresas que ameazan co peche e os despidos cada vez que teñen um problema, a renacionalización de todos os servizos privatizados, a reducción da xornada laboral (as 8 horas outra vez?) sen reducción do salario, o non pagamento dumha debeda que non criamos,... en fin, a planificación democrática da economía, non collen neste sistema en crise, nin dentro das suass institucións e gobernos. Precisamos de organizacións das clase traballadora unitarias, democráticas, que resposten con claridade a estos retos da sociedade, non repetir clichés do pasado de estabilidade social do Estado do Benestar, asesenado pola crise capitalista.
Os gobernos, a UE, non nome do capital, teñen declarado a guerra á xente traballadora e os pobos. As cidades ianquis semellan cidades iraquianas ou palestinianas, con forzas policiasi semellantes a marines; a impunidade dos antidisturbios españois, a través das leis das que se dotan para reprimir, situannos nun estado de excepciòn non declarado. A intención da UE de bombardear os barcos piratas que traen persoas inmigrantes á Europa, din claramente cal é a unica resposta que coñecen; a da forza.
As Marchas da Dignidade, os sindicatos que fan parte delas, teñen anunciado umha Folga Xeral para Outubro. Umha folga xeral é o punto maximo de unidade frente os gobernos e as suas políticas, por iso témola que construir desde os centros de traballo, de estudo, barrios obreiros e populares, pulando pola realización de asembleas populares abertas, onde se debatan os seus obxectivos, a sua necesidade e os medios para levala o conxunto da poboación traballadora.
Umha folga constrúese forxando a unidade a cotío das loitas, como recentemente fixeron na Coruña as traballadoras de Atento e os Instaladores de Telefonica. Unidade que non significa renunciar ás siglas de ninguén: quere dicer que os interese da xente traballadora como clase mundial están por riba dos interese das organizacións particulares.
Corrente Vermella chama a participación nas manifestación das CIG, baixo o lema
UNIDADE NA DEFENSA DOS NOSOS DIREITOS
GOBERNOS DIMISIÓN |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|