A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CONTRA A PRIVATIZACION DA SAÚDE: Os recortes matan |
|
Corrente Vermella chama á participación na manifestación o vindeiro xoves 19, ás 20 h na Casa do Mar, xunto a faixa da Coordinadora Antiprivatización, contra os recortes e por umha Sanidade Publica Universal.
A Xunta, en correspondencia coas intencións do goberno central, teñen acadado os procesos de privatización e desmantelamento do Sergas, numha política de ?terra queimada? nos servizos públicos. Tras as vitorias parciais das mobilizacións sociais que incluíron ocupacións de hospitais e folgas, en Madrid ou Castela A Mancha, onde paralizaran as vendas de hospitais publicas ou o peche de centros de saúde, os gobernos voltan á carga para deixar pechado antes das eleccións o total desmantelamento.
Na Galiza, á privatización do servizo de mantemento do Materno da Coruña engádense a intención de crear xa as áreas de xestión, para, apoiados en sectores médicos, introducir a división e a competencia entre as áreas, e así recortar nas menos ?rendibles? e privatizar as demais, coas plantillas competindo entre si para ver que se salva da queima.
Galiza parte nesta pelexa cun amplo sector da sua sanidade xa privatizado desde fai anos,l que ningún goberno foi quen de pórlle freo: o hospital de referencia para 150 mil vigueses é privado, POVISA; que todos os anos ameaza con peches para presionar á Xunta na negociación do concerto, pondo en perigo miles de postos de traballo e a saúde da poboación.
Alén diso, temos o tremendo custe que supoen as derivacións dos hospitais públicos cara privados, para cumprir umha normativa nas listaxes de espera que fixeron con esa intención.
Este panorama é desolador se non o freamos coa mobilización conxunta dos traballadores / as do sector e a poboación, unidade que inclúe aos traballadores / as da sanidade privada, divididos da publica por interese corporativos; mas traballan para a publica con menores salarios e piores condicións laborais. Os únicos beneficiarios desta división son as empresas que están tras a privatización da sanidade.
Deste os medios de comunicación e as institucións tentan xustificar todo isto pola austeridade que faria sustentable o sistema público. O que non din é que privatización dos servizos son, sempre, mais caros. A industria farmacéutica, os servizos de mantemento privados, as derivacións á privada e os concertos como POVISA, encarecen os custes, porque desde a Xunta se lles garanten os beneficios. Ninguén monta un negocio para non ter beneficios. E a experiencia o demostra-o coa privatización de hospitales en Alicante e Valencia, o mesmo en Inglaterra.
A porta aberta á privatización da sanidade ven da aprobación da Lei 15/97 polo PPSOE, que permitía a entrada das empresas na saúde. A sua derrogación é umha precondición para calquera medida posterior.
A vitoria de Madrid frente a venda dos hospitais ou de centros de saúde demonstra que é posible parar as políticas de ?terra queimada?. Para iso é imprescindible a unidade na mobilización de todos os sectores sociais afectados, dos traballadores / as da publica e a privada pola homoxeneización das condicións laborais que suporía a nacionalización de todo o sector, POVISA á cabeza.
Non pode ser que a saúde sexa un negocio para umhas empresas, mesmo construtoras, e para umhas multinacionais farmacéuticas, que co seu afán de lucro provocan a morte de persoas como no caso da Hepatite C, ou incremento do sufrimento e perda de saúde nas enfermidades crónicas como os tratamentos de dialisis, sida ou cancro. A nacionalización do sector inclúe, sen lugar a dubidas, á industria farmacéutica, as súas patentes e demais, parte do que ten que ser un verdadeiro Servizo Nacional de Saúde.
Mas a simple nacionalización non é solución se seguen os gobernos da Unión Europea, atados a umha organización supraestatal que impón os recortes para pagar á débeda que eles xeraron, á banca e multinacionais. Umha débeda que a pesares dos recortes, segue a crecer polos pagos nas privatizacións.
A nacionalización só pode ser umha solución se non os botamos XA!. Umha nacionalización baixo estes gobernos da UE sería pór ?o raposo a garda-lo galiñeiro?. Só nacionalizando baixo control dos traballadores / as e doentes, podes garantir un verdadeiro servizo publico de saúde.
Non podemos esperar os ?golpes de silbato? das cúpulas sindicais e políticas, pois ate o de agora demonstrase que non conseguiran parar os planes da Xunta e Feijoo. As Mares brancas demostran que a mobilización autoorganizada dos traballadores / as e da poboación a través de asembleas populares, pode frear os planes de privatización e desmantelamento.
POR UMHA SANIDADE PUBLICA UNIVERSAL
NON O PAGO DUMHA DEBEDA QUE NON É NOSA
GOBERNOS DIMISIÓN
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|