A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

8 DE MARZO 2015 ? DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Polo emprego e os servizos públicos de calidade
Contra do machismo e a desigualdade
AS MULLERES SEGUIMOS EN LOITA!


O goberno insiste en que estamos na senda da recuperación económica. Pero esta non é a realidade que vivimos as mulleres traballadoras a diario. O Estado español ten hoxe a taxa máis alta de desemprego feminino da UE, unha das máis altas en desigualdade salarial a pesar de que estamos mellor formadas; e descendeu 19 postos no ranking de países igualitarios do Foro económico mundial, en referencia ao 2007, ano no que ocupaba o posto número 10.
A sua ?recuperación económica? apóiase nunha baixada xeneralizada dos salarios, e no recorte en investimento social e en pensións. Baséase nunha precariedade que abarca ao 50% da clase traballadora e á case totalidade de mulleres dentro desta. É a recuperación económica de bancos e multinacionais á conta de empobrecer a unha maioría e do aumento das desigualdades.
A brecha salarial que se concentra nas ocupacións máis "feminizadas" como o sector servizos e a maior porcentaxe de emprego precario, temporal ou a tempo parcial significan menores prestacións por desemprego e nas futuras pensións, e unha menor protección social polo que as mulleres temos moito máis risco de caer na pobreza.

Maternidade ou emprego... e dobre ou tripla xornada laboral
Este goberno hipócrita que pretende obrigarnos a ser nais restrinxindo aínda máis o noso dereito ao aborto, non fai nada para protexer ás mulleres que teñen ou queren ter fillos/as. Quedar embarazada, acollerse a un permiso de lactación ou de redución de xornada supón arriscarse a ser despedidas no privado ou no público. A reforma laboral aprobada polo goberno permite disfrazar moitos despedimentos nulos, doutras causas" obxectivas", e os poucos plans de igualdade que se aproban quedan en papel mollado ante a posibilidade das empresas de saltarse os convenios colectivos.
A destrución dos servizos públicos bota á rúa a miles de mulleres e obriga a moitas a renunciar á procura de emprego para poder coidar dalgún familiar, xa que vivimos nunha sociedade machista onde se nos carga con esta responsabilidade. Aínda que con máis dun millón de familias sen ingresos de ningún tipo a situación é tan desesperada, que a maioría buscamos calquera ingreso por pequeno que sexa. Así, no canto do "regreso das mulleres ao fogar" estrañado pola dereita, o que nos atopamos é a dobre ou tripla xornada laboral.
Por un 8 de Marzo de loita e combativo
Os orzamentos xerais do Estado deste ano aumentan nun 8,43% o diñeiro destinado a igualdade, o que é totalmente insuficiente para reverter os recortes dun 50% neste últimos catro anos. Ademais a partida dedicada a inserción laboral das mulleres, non alcanza nin o 12% destes.
Aumentar os permisos de paternidade ou maior flexibilidade horaria para a conciliación laboral e familiar que reclaman algúns sectores sociais son medidas necesarias, pero insuficientes. Para acabar co actual escenario de paro, pobreza, precariedade, violencia machista e ataque aos nosos dereitos, é necesario enfrontar as políticas de reformas e axuste estrutural deste goberno, monicreque da UE e a Troika.
Por iso, este 8 de Marzo ten que ser parte dun plan de loita máis amplo no que para conseguir a unidade necesaria para vencer, é imprescindible que os dereitos e as reivindicacións das mulleres sexan defendidos por toda a clase traballadora.
Botar a este goberno mediante o voto non é abondo
Este 8 de Marzo está dentro dun ano electoral que está a reconducir o descontento e a indignación social da rúa ás urnas. Ante a perspectiva das próximas eleccións municipais, autonómicas e xerais, moita xente inclínase por opcións electorais novas como ferramenta para botar a este goberno e acabar co bipartidismo. Hai que esixirlle a estas novas opcións que a loita das mulleres contra a súa opresión e polas súas demandas sexa parte dos seus programas.
E aínda que temos acordo en que o primeiro paso é botar a este goberno, as mulleres traballadoras non podemos conformarnos só con dar o noso voto, senón que temos que tomar a política nas nosas mans. Ao día seguinte do novo goberno, sexa cal for, haberá que seguir organizándose desde abaixo e saír á rúa para loitar por acabar con este réxime corrupto e antidemocrático e este modelo económico inxusto.

DESDE CORRENTE VERMELLA APOIAMOS AS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS E CHAMAMOS A SAÍR Á RÚA PARA ESIXIR:
-Salario igual por traballo igual e sancións para as empresas que o incumpran!
-Pleno emprego, escala móbil de salarios e redución de xornada sen redución salarial.
-Non aos recortes nin á privatización dos servizos públicos!
-Investimento público en atención sanitaria, centros de día, residencias e servizos de atención á dependencia!
-Educación pública gratuíta de 0 a 3 anos!

-Abaixo a reforma laboral. Por leis que protexan a maternidade e a inserción laboral das mulleres con fillos/as. Garantía e ampliación dasAbaixo a reforma laboral. Por leis que protexan a maternidade e a inserción laboral das mulleres con fillos/as. Garantía e ampliación das licenzas de maternidade/paternidade e dereitos de lactación!
-Investimento público para crear emprego para mulleres, sobre todo novas, con menores a cargo ou vítimas de violencia machista, con subsidios mentres se lles proporciona.
-Medidas para combater a violencia de todo tipo contra as mulleres. Recursos e medios para atender e protexer de forma inmediata a mulleres vítimas de violencia e os seus fillos/as!


Corrente Vermella é unha organización que pelexa por construír un mundo novo onde a economía estea ao servizo da maioría e non do privilexio duns poucos/as, e polos dereitos das mulleres como parte do seu programa. Facemos un chamamento a todas as mulleres traballadoras a vir connosco e nós a Corrente Vermella. Unha organización que desde unha alternativa clasista, socialista e internacionalista, pretende acabar coas bases materiais da explotación e a opresión que sufrimos a diario.
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 03-03-2015 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0