Nas últimas semanas tivo gran repercusión na prensa internacional a infomación de que o partido Podemos no estado español e a coalición Syriza en Grecia poderían gaña-las eleccións e por esta vía chegar ó goberno. A noticia acentúa o carácter de ?estrelas? que estas correntes políticas teñen na actualidade dentro da esquerda mundial. Especialmente no caso de Podemos, que xa no seu momento acadou moi axiña as 100000 afiliacións e 900000 seguidores en Facebook.
Moit@s obreir@s e sectores populares españoles e do resto do mundo ven con gran simpatía a esta organización. O impacto é tan grande que aínda organizacións ou militantes que se reivindican da ?esquerda revolucionaria? comparten esta actitude. Esta simpatía pódese explicar pola imaxe que Podemos se outorga de se-lo ?novo contra o vello? e máis en concreto de se-los ?herdeiros dos indignados?, do chamado Movemento 15M, o gran proceso de movilizacións populares que no 2011 e 2012 sacudíu ó estado español e foi coñecido no mundo enteiro.
Mais é así? Podemos é realmente o herdeiro político do 15M? Nós cremos que non. Aínda que a base social é moi similar en ámbolos dous casos, o dos indignados foi un proceso moi progresivo en conxunto, namentres Podemos é un fenómeno regresivo que busca ?mata-lo significado? do 15M.
Indignados: un proceso moi progresivo
Dicimos que o dos indignados foi un proceso moi progresivo de conxunto por varias razóns. Primeiro: baseouse na movilización de masas e este foi o centro da súa acción. Segundo: ergueu un xusto programa de reivindicacións populares. Terceiro: aínda que confuso, significou unha forte denuncia do réxime monárquico que domina ó estado español e as ligazóns deste réxime (e as súas principais forzas políticas, PP e PSOE) co poder económico. Nos feitos, chocaba coa institucionalidade burguesa.
Un compoñente era moi contradictorio. Por un lado era moi positiva a súa reivindicación da democracia de masas frente ós aparatos verticalistas e burocráticos, como os sindicatos UGT e CCOO, ou as organizacións políticas que se proclaman de ?esquerda? coma PSOE e IU. Estas organizacións, en conxunto, foron cómplices do poder político e económico dende a caída do franquismo no 76, axudárono a levar a cabo os seus feroces plans de axuste e impediron a reacción obreira e popular maior. Fronte iso, as reivindicacións da loita e da democracia de masas resultaba un sopro de aire fresco.
Mais ó mesmo tempo esta xusta reivindicación viña acompañada da falsa ilusión de que basta radicaliza-la democracia a través de asembleas populares para enfronta-lo poder e muda-las cousas.
Finalmente tiña un aspecto totalmente negativo: por mesturar ós aparatos sindicais coa clase obreira en xeral, negábase a incorporar ós traballadores organizados (forza social central, pese a quen pese, dunha verdaeira loita contra o poder político e económico da burguesía), e reivindicaba a construcción dun movemento colectivo integrado somentes por ?cidadáns individuais? e non por sectores sociais.
Esta visión expresouse negativamente durante a ?marcha negra? de xullo de 2012, cando diversas organizacións chamaron a apoiar ós mineiros de Asturias (herdeiros da mellor tradición de loita obreira do país) que marchaban cara Madrid en defensa das súas fontes de traballo. As asembleas máis importantes de ?indignados? votaron contra dese apoio, con argumentos ?ecoloxistas? contra do uso do carbón coma combustible. Pola contra, as asembleas dos bairros máis obreiros respaldárona es sumáronse á ?marcha negra? coa consigna ?Madrid obreiro apoia ós mineiros?.
¿Fenómeno progresivo ou regresivo?
Aínda que teñan unha base social similar, Podemos é o contrario ós ?indignados?. É un partido que busca domeña-lo descontento desta base social e esterilizala dentro das institucións burguesas.
Podemos ?mata? os aspectos máis positivos dos ?indignados? como a súa proposta de movilización e loita de masas, e o seu programa de reivindicacións, para transformala nunha proposta de ?democratizar? as institucións imperialistas.
Ó mesmo tempo apóiase na ilusión de ?radicaliza-la democracia? e propón que esta radicalización pode darse pola vía morta das eleccións burguesas. Finalmente potencia máis aspectos negativos do 15M como a reivindicación do ?cidadán individual? contra a clase obreira coma forza organizada. Para a visión ideolóxica de Podemos, existe unha contradicción entre ?a xente? (agrupación positiva dos individuos) e ?a casta? (os políticos corruptos). A batalla dase entre estes sectores de definición totalmente ambigua, e non entre clases e sectores sociais (proletariado e burguesía).
Por iso dicimos que a proposta de Podemos é regresiva e non reformista progresiva, como moitos afirman. Non é herdeira dos ?indignados? senón a liquidación do significado deste movemento. É preciso diferencia-la radicalización que expresa o crecemento do apoio electoral a Podemos (fenómeno progresivo) e a política totalmente negativa deste partido de esterilizar esa radicalización e asimila-la ó sistema.
O apoio dos grandes medios de prensa
A situación española (profunda crise económica, rabudos plans de axuste, crise do PSOE e outros aparatos da esquerda tradicional) dan o marco para que medre a influencia electoral de Podemos. Pero este proceso está lonxe de ser puro e independente. Nesa medra, Podemos contou co apoio de grandes multimedios da prensa burguesa.
Os máis relevantes son o grupo Mediapro, nado coma productora de películas moi exitosas coma ?Los lunes al sol? e ?Vicky Cristina Barcelona?. Hoxe está asociado á multinacional de publicidade británica WPP, e é o principal accionista da canle televisiva La Sexta e productor de moitos programas para outras canles.
Outro apoio importante é o grupo Multiprensa y Mas, co consorcio noruegués Schibsted coma accionista maioritario, propietario de moitos diarios (de pago ou de balde), Tvs, radios, etc. en varios países do mundo. No estado español edita o xornal de balde ?20 Minutos?, o máis lido do país (2.911.000) que ten a maiores unha edición online moi visitada.
Un tercer grupo de medios é Display Connector, e o seu accionista maioritario é o catalán Toni Casis. Esta empresa xestionou máis de 100 xornais no mundo. Entre eles: The Independent (Reino Unido), La Stampa (Italia), Clarín (Arxentina), El Comercio (Perú), O Estado de São Paulo (Brasil), La Gazzeta dello Sport (Italia), Metro International e Público (España), Daily Mirror (Reino Unido), etc. No estado español, xestiona a maiores o xornal dixital de acceso gratuíto Público.es, con case 7.600.000 vistas mensuais.
Para terminar este punto, digamos que este partido dispón do apoio de Hispan TV, edición española da canle televisiva pública iraní. Pablo Iglesias conta cun programa nesa canle (Fort Apache).
Eliminando a democracia interna
Por outra banda a dirección de Podemos, liderada por Pablo Iglesias (PI), está a liquida-la democracia interna no partido. Así denuncia un artigo publicado na páxina de Izquierda Anticapitalista (integrante da organización internacional coñecida como Secretariado Unificado de la IV Internacional ? SU), que foi impulsora de Podemos dende a súa fundación.
O artigo (escrito por un militante de Madrid traballador da saúde) informa de que ?PI designou personalmente ós 62 membros que hoxe forman o CC e ós 10 da Comisión de Garantías? e que tamén se está a elixir a dedo ós secretarios xerais rexionais e diversas candidaturas. Engade que ?as verdadeiras decisións tómanse arriba e se executan abaixo?, e que esa falta de democracia exprésase ?nun programa en proceso de adaptación á loxica dos mercados ('realista e pragmático', segundo PI)?3.
¿O programa de Podemos é ?reformista? ou proimperialista?
Un elemento central para defini-lo carácter dunha organización política é analisa-lo seu programa. É dicir aquelas medidas que propón aplicar no caso de chegar ó goberno. Nisto, seguimo-lo criterio de León Trotsky, quen afirmaba que ?un partido é, en primeiro lugar, o seu programa?.
Unha análise do programa de Podemos amósanos que, lonxe de ser ?reformista progresivo? é, en realidade, profundamente proimperialista. O punto 1.3 titúlase ?Conversión do BCE nunha institución democrática para o desenrolo económico dos países?. No punto 1.4 (?Impulso da participación?) proponse a ?creación dun Comisariado de Participación na Comisión Europea, proposto e elixido polo Parlamento Europeo...?. No punto 5.1 (Derogación do Tratado de Lisboa) proponse a ?refundación das institucións da UE?1.
Noutras palabras, a política de Podemos é ?democratiza-la UE? e ó BCE. É preciso lembrar que a UE, as súas institucións e o BCE son parte central da estructura política e financieira montada polos países imperialistas de Europa (con Alemania á cabeza) que teñen por obxectivo atacr de conxunto as conquistas dos traballadores e as masas europeas, e explotar ós países integrantes máis febles.
Hai que engadir que a UE e o BCE, xunto co FMI, forman a ?troika? que impón e controla os duros plans de axuste en España e Grecia. A Podemos somentes lle falta pedi-la ?democratización? do FMI para que o seu programa colla orde en torno a unha ?troika democratizada?. Non hai posibilidade ningunha de ?democratizar? ou ?reformar? estas ferramentas imperialistas. Son e serán sempre armas contra dos traballadores e as masas.
Non é casual que o Financial Times (voceiro da burguesía imperialista financieira da Gran Bretaña) fixera louvanza da proposta de Podemos no artigo ?A esquerda radical ten razón sobre a débeda europea?, no cal sinala que o programa de Podemos semella ?un enfoque coherente para xestiona-lo risco económico posterior á crise?2. Acaso alguen pensa que esta vella e experimentada burguesía imperialista é ?inxenua? ou ?está enganada?? Ou que o que é bó para ?eles? pode ser favorable ós traballadores e ás masas españolas?
As propostas actuais de Syriza teñen un contido similar: negociar (no marco da UE e sen romper con ella) unha reestructuración da débeda grega e a aplicación de plans de exuste ?menos brutais?.
En momentos nos cales as masas españolas e gregas loitan con dureza contra os plans impostos pola ?troika? e, cada vez máis, chegan á conclusión de que se debe rachar coa UE, Podemos e Syriza veñen dende a ?esquerda? a tentar salvar ás institucións imperialistas e crea-la ilusión reaccionaria de que poden ser ?democratizadas?.
Esta lamentable política de organizacións que se califican de ?esquerda? termina levando auga ó muíño da estrema dereita e ata de organizacións fascistas europeas (coma Aurora Dourada en Grecia, a Fronte Nacional francesa e o UKIP británico) que toman a bandeira da ruptura coa UE para gañar peso de masas.
Por outra banda, no caso de Podemos, o seu carácter proimperialista exprésase tamén coa súa postura ante a loita do pobo catalán. Como sinalou Corriente Roja do Estado español, fronte das grandes movilizacións de masas e o recente plebiscito en Cataluña este partido que en abstracto defendía o dereito de autodeterminación levantou a posición de defende-la ?unidade de España? ó igual que PP e PSOE.
Aínda peor: afirmou que calquera definición sobre Cataluña debería de darse dentro das ?institucións democráticas españolas?. É dicir, por dentro do podre e opresor réxime monárquico herdado do franquismo.
Noutras palabras, a lóxica de Podemos é que existe o ?dereito abstracto de autodeterminación?... pero, se se quere aplicar, coma no caso do pobo catalán, Podemos está en contra.
Outras presencias e omisións nas propostas de Podemos
Fronte á débeda española coa UE e os bancos estranxeiros, a consigna de ?indignados? era ?Non debemos, non pagamos!?. Podemos coezou cunha proposta progresiva: auditoría da débeda, moratoria do seu pagamento namentres se facía esa revisión, e non pagamento da débeda ilexítima.
Logo a dirección elixida a dedo por Pablo Iglesias virou claramente á dereita e a súa proposta actual é, básicamente, renegocia-la débeda e seguir a pagala. Iso sí, ?democratizando? ó BCE.
Outro problema gravísimo do pobo español é o daquelas familias que xa non poden seguir a paga-las hipotecas das súas vivendas. Hay máis de 140 desaloxamentos diarios por este motivo e, para agrava-la situación, a lexislación española determina que esa familia debe seguir a paga-la débeda aínda que perdera a vivenda. As reivindicacións do movemento que loita contra esta realidade son: débeda cero se se perde a vivenda e aluguer social (a precios asequibles) para quen non teña vivenda. A proposta de Podemos limítase a propoñe-la ?renegociación? da débeda cos bancos.
Finalmente, é imposible sabe-lo que opina Podemos acerca de temas tan importantes coma o salario mínimo (hoxe de 640 euros, moi por baixo das necesidades dunha familia) ou das pensións (xubilacións) aínda máis baixas. Aínda que a prensa preguntoulles reiteradamente qué valores propoñen nestes puntos, a resposta foi a calada, e coma dí o refrán, ?quen cala, outorga?.
1.http://podemos.info/wordpress/wpcontent/uploads/2014/05/Programa-Podemos.pdf
2.http://www.elmundo.es/espana/2014/11/24/54732110ca47410f1b8b4579.html
3.http://www.anticapitalistas.org/spip.php?article30170 |