A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

En Alcoa: Nin un só despido
Os "desacordos" entre a multinacional Alcoa e as multinacionais do sector eléctrico supoén unha pelexa pola factura eléctrica; coma sempre os que poden perder son os "convidados de pedra", os traballadores, que ven en perigo os seus postos de traballo pola cobiza da multinacional, que quere aforrar cartos a costa de toda a cidadanía e os eléctricos, que seguen coa súa especulación co prezo da electricidade.

Isto agravase nunha comunidade como a galega que é exportadora de enerxía, que pagamos igual que onde non se produce, subvencionado o prezo do transporte. O prezo da enerxía ten dúas partes, o de produción (as eléctricas) e o de distribución (REE); nós que somos excedentarios de enerxía, na Galiza, pagamos igual que os que están a 600 km e non producen. Os custes de distribución pagámolos nós no prezo.

O PP, coma sempre, ao servizo das eléctricas, importándolle un comino todo o demais -os postos de traballo-; porque Alcoa ten plantas onde producir fora da Galiza ou de Asturias. Asi que a estes, se se quedan cun prezo barato de electricidade, ben,e se teñen que irse, tamén ben; tanto lles ten, non se xogan nada.

Xa está ben que sexamos os traballadores e as traballadoras os que paguemos a crise que eles xeraron, os bancos, as eléctricas, as empresas en xeral. O capitalismo ten demonstrado o seu fracaso para ir mais aló dos beneficios a costa do que sexa, por iso as medidas que non rompan con ele só porán un parche, mas non resolverá o problema: A CRISE QUE A PAGUE QUEN A XEROU, O CAPITAL.

Isto significa, primeiro, nin un só despedimento en Alcoa, e segundo, a nacionalización de todas as empresas que tendo beneficios, só procuran aumentalos a costa de máis desemprego, emigración e empobrecemento social. Esta nacionalización podería resolver os conflitos xerados pola poxas de enerxía, pois o propietario de ambas as dúas empresas ou sectores estaría nas mesmas mans, o que baixo o control dos traballadores / as, permitiría garantir prezos xustos para manter a atividade industrial, e que deberíase estender á factura eléctrica que pagamos como "cidadáns" polo feito de planificar a economía, ao non estar sempre á espera da poxa de quenda coa especulación nos prezos que isto supón.

Os gobernos central e a Xunta son os voceiros das eléctricas, polo que por todos estes motivos teñen que irse, e seguindo a pancarta dos traballadores de Alcoa-A Coruña, "mellor goberno eu"; mellor gobernamosnos nós, os traballadores e as traballadoras que os representantes das multinacionais e os empresarios.

Neste sentido, parece-nos un bo camiño o chamado á unidade de todas as empresas afectadas, como SGL Carbon, Megasa, Ferroatlántica, etc., a unirse na loita contra as políticas desindustrializadoras dos gobernos e as multinacionais.

Corrente Vermella chama á participación na manifestación do venres 12, ás 19 na Palloza, en apoio aos traballadores de Alcoa.


Nin un só despido
Nacionalización baixo control dos traballadores
GOBERNOS DIMISIÓN

Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 11-12-2014 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0