A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

proibiron o referendo de autodeterminación en Catalunya
O Goberno e o Tribunal Constitucional proibiron o referendo de autodeterminación do 9 de Novembro en Cataluña

Pero como poden prohibilo cando o reclama o 80% dos cataláns, cando o apoia unha ampla maioría do Parlament de Cataluña, cando os concellos cataláns pronunciáronse en masa a favor, cando máis dun millón de persoas saíron á rúa o 11 de Setiembre a esixilo?


A prohibición é unha aberración antidemocrática!


Rajoy di que a Constitución non o permite e que aquí non hai máis democracia que a Constitución. Pero é democracia negar a voz a todo un pobo? Non votaron seica en Escocia cun apoio popular ao referendo bastante inferior?

A argumentación de Rajoy ten, ademais, moi pouca credibilidade xa que, cando lles interesou cambiar a Constitución, puxéronse rapidamente de acordo co PSOE e en só dúas semanas coaron o artigo 135, que fixa o pago da débeda pública aos banqueiros como "prioridade absoluta" do Estado.

E seguindo coa Constitución... non son puro papel mollado os artigos que proclaman o dereito ao traballo, á vivenda, a un salario digno, á negociación colectiva ou á protección da saúde?

Rajoy fala de democracia, pero cando preguntaron ao pobo se queremos monarquía ou república, se estamos de acordo coa reforma laboral ou a das pensións, coa privatización da sanidade ou co pago da débeda pública aos bancos.

A unidade non se pode impor á forza: só vale se é libremente consentida

Estes días vannos a machucar con que os cataláns queren amputar España e que o futuro de Cataluña "témolo que decidir entre todos o españois" Pero a un pobo non se lle pode imporlle a unidade á forza.

Esta é a postura dos banqueiros e grandes empresarios, pero non pode ser a dos traballadores e a xente do pobo, porque así só se xera división e odio entre os distintos pobos, dos que o único beneficiario é o inimigo común: os grandes capitalistas, o seu goberno e o réxime corrupto do 78, ese a o que lle chaman democracia.

Nós, como partido da clase traballadora que somos, non estamos pola división senón a favor da unión, pero dunha unión libre entre pobos libres. Precisamente por iso defendemos o dereito dos cataláns a decidir: porque queremos unha unión libre de Repúblicas ibéricas.

Chamamos a todas as forzas de esquerda e progresistas, a EU e a Podemos, a unir forzas en defensa do dereito democrático dos cataláns a celebrar o referendo.
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 02-10-2014 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0