A reforma da lei de aborto impulsada polo ministro Gallardón non vai ser aprobada, segundo anunciaron fontes do goberno do PP, ?por falta de consenso interno?.
Dende que o anteproxecto desta reforma foi presentado, provocou rexeitamento social crecente, e foi causa de numerosas movilizacións. As máis numerosas en febreiro, demostraron que a defensa dos dereitos democráticos das mulleres non é somentes unha reivindicación das organizacións feministas, senón que forman parte da pelexa que a clase obreira no seu conxunto estamos a dar contra o goberno do pau e da tesoura.
O goberno, cada vez mais deslexitimado, tenlle máis medo a enfrontarse coa contestación social se continúa adiante coa reforma, que a incumplir a promesa electoral que fixo aos sectores máis reaccionarios do PP e a igrexa. Aínda que non o digan, a decisión do executivo de aparcar ?definitivamente? este proxecto de lei é un resultado directo das movilzacións que se deron para seu rexeitamento.
Nesta reforma cuestiónase a capacidade e o dereito a decidir das mulleres e que pon en perigo a saúde e a vida destas, especialmente das mais pobres ou en situación de precariedade como é caso das mulleres novas, ou inmigrantes en situación administrativa irregular. Por iso, botala abaixo é un triunfo conseguido grazas á loita na rúa e unha victoria para tódalas mulleres, que temos que celebrar.
28 de Setembro: ?Día de acción global por un aborto legal, seguro e gratuito?
O vindeiro 28 de Setembro, a Plataforma Estatal na Defensa dos Dereitos Sexuais e Reproductivos que aglutina a 270 asociacións chama a movilizarse mediante concentracións en distintas ciudades pola retirada da polémica reforma. Estas movilizacións enmárcanse dentro do ?Día de acción global por un aborto legal, seguro e gratuito?, instituido polas organizacións feministas Latinoamericanas e do Caribe, dende o ano 1990.
Dende Corrente Vermella apoiamos esta convocatoria internacional, e chamamos a tódalas organización políticas e sindicais da clase obreira a sumarse a ésta para conformar un bloque unitario, de clase e combativo nas movilizacións previstas. Porque sabemos que igual que acontece aquí coa violencia machista, son as mulleres traballadoras con menos recursos as que engrosan as listas de mulleres mortas por abortos clandestinos nos países con lexislacións máis restrictivas.
Este 28 de Setembro temos que redobra-la loita e sair á rúa para festexa-la retirada desta regresiva reforma, pero tamén para esixi-la dimisión de Gallardón e do propio Goberno. Un goberno corrupto, machista e patriarcal, que é o verdadeiro impulsor desta reforma. E despois do 28S, continuar coa loita, pois a lei actual non garantiza noso dereito ao aborto.
¡FÓRA A REFORMA DE GALLARDÓN: MINISTRO DIMISIÓN!
¡FÓRA O ABORTO DO CÓDIGO PENAL!
¡FÓRA A RELIXIÓN DAS AULAS! ¡POR UNHA VERDADEIRA EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL NA EDUCACIÓN PÚBLICA!
¡ACCESO A MÉTODOS ANTICONCEPTIVOS SEGUROS, NA SANIDADE PÚBLICA!
¡NON MÁIS RECORTES: CENTROS DE ATENCIÓN INTEGRAL AS MULLES EN CADA CONCELLO!
¡ABORTO LIBRE, PÚBLICO, GRATUITO E SEN OBXECCIÓN DE CONCIENCIA!
|