A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
manifestacións contra a criminalización da loita dos traballadores e traballadoras |
|
Corrente Vermella chama a participar nas manifestacións convocadas por CIG, CCOO e UXT contra a criminalización da loita dos traballadores e traballadoras. Na Coruña a manifestación saíra da Casa do Mar, o luns 30, ás 20 H.
As políticas dos gobernos para sacar ao sistema da crise supoñen un ataque constante aos direitos da clase traballadora: reformas laborais que lle dan todo o poder aos empresarios, pactos de conxelación salarial que reducen o poder adsquistivo, modificacións na legislación sobre os EREs, os recortes no seguro de desemprego, etc., só teñen un obxetivo, aumentar os beneficios empresariais
Tras as eleccións europeas desde o FMI e a UE, exixen máis sacrificios e novas reformas laborais. Isto supon umha escalada nas medidas represivas contra os traballadores e as traballadoras, desde os despedimentos de comités e activistas sindicais ate as detencións e penas de carcel, "exemplarizantes", como os casos de Vigo e Pontevedra, ou as ducias de compañeiras en compañeiros de todo o Estado que estan na mesma situación.
Para impoñer esas políticas contra os interese da clase traballadora e dos oprimidos, queren mudar desde o codigo penal, onde queren introducir medidas penais contra os piquetes ?baixo o eufemismo de ?interrupcion grave da actividade? dumha empresa- ate o establecemento nos feitos de estados de excepción, con fixeron o día 19 na coroacion do novo rei, cando en Madrid foros prohibidos todos os direitos de asociación, manifestación e liberdade de expresión.
A clase traballadora ten que respostar á ofensiva antidemocrática dos gobernos e o réxime do 78, se non quere verse atada de pés e mans nas súas loitas, voltando a métodos represivos do franquismo: multas, despidos e prisión, como xa acontece.
Para CV a loita contra a represión da loita obreira e popular pasa por saber que o inimigo é un réxime herdeiro do franquismo, que só tendo como eixo a loita pola ruptura democrática poderáse abrir un Proceso constituínte que derrogue todas as medidas de Reformas Laborais, Pactos de Conxelacion Salarial, etc., que reparta o traballo sen reducción de salarios, que estableza a xubilación aos 60 anos ou aumente SMI a 1200 euros.
CV apoia a exisencia do indulto aos compañeiros e compañeiras ameazados de prisión; mas pola cantidade de casos e os que desgraciadamente están por vir, porque indulto non anula a sentencia, senon que é un recoñecemento de ter cometido un delito, CV considera que os traballadores e as traballadoras, os sectores sociais agredidos e reprimidos (activistas das PAH, independentistas, etc.), teñen que loitar po umha AMNISTÍA TOTAL, que anule todos os casos, e pola derrogación das medidas e leis represivas aprobadas estos anos, desde a Lei de Partidos ate as restriccións o direito de folga como os servizos mínimos.
A loita polos direitos democráticos da poboacion axudan á clase traballadora a tér mais garantías na sua organización para se defender das politicas dos capitalistas e os seus gobernos.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|