A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

POLO DEREITO A DECIDIR

Nin prazos, nin supostos: Dereito ao aborto, sen restricións!

CONCENTRACIÓN O 27, ÁS 20 H, NO OBELISCO, NA CORUÑA


Parece que a historia repitese. Nestes días, trás a dimisión de JC, a consigna Polo Dereito a Decidir estivo nas rúas reivindicando que sexa a poboación quen decida sobre a forma de estado que queremos. Mais, de igual xeito que as forzas do réxime consideran á sociedade ?incapaz? de decidir cal é o seu futuro, que réximen quere, se monarquía o república, o PP e Gallardon consideran ás mulleres ?incapaces? de decidir sobre o seu corpo. De novo, nesta ?suposta? democracía, a ultima palabra está nas máns dumhas Cortes Xerais deslixitimadas que deciden por nós.
O réximen herdeiro do franquismo esta en crise, non so a monarquía mas tamén os dous partidos que son o seu apoio, PP-PSOE, alem das cúpulas dos sindicatos maioritarios e as institucións nas que se sustentan (poder xudicial,...). De feito, a votación do pasado mércores, onde as forzas políticas da burguesía española uníronse para garantir o relevo de Juan Carlos polo seu fillo, demostrou que o novo ?reinado? nace moi feble.
Pero o Goberno do PP non quere irse sen aprobar unha das súas promesas electorais, a mal chamada ?Lei para a protección da vida do concebido e dos dereitos da muller embarazada?. De novo estamos na rúa para rexeitar a eliminación da lei do goberno Zapatero, que a pesar de non se aplicar por igual nas distintas CCAA, mantendo nalgunhas delas os concertos coas clínicas privadas, é unha lei que permite as mulleres ter un dereito antes negado a decidir sobre a liberdade de ser nai.
Trás a reforma estan moitas razóns ideolóxicas, apoiadas no nacionalcatolismo da direita española, mas tamén poderosas razóns económicas. Todas elas para cumprir cos mandatos da UE, a reducción do déficit público que non é outra cousa que os recortes nos servizos públicos. Ao limitar ó máximo a carteira básica de servizos, en reproducción asistida, falta de financiación en métodos anticonceptivos, tamén recortan na interrupción voluntaria do embarazo.
A conclusión desta reaccionaria lei é que poráse en perigro a vida e a saúde das mulleres da clase traballadora con menos recursos como a dos seus fillos/as; mais non a daquelas que teñan diñeiro e podan abortar en clínicas privadas ou no extranxeiro.
Para Corrente Vermella a loita das mulleres polo dereito a decidir é un dereito democrático basico, como é o dereito a decidir que tipo de réximen queremos. Por elo consideramos que non son loitas separadas, se non que ten un fío conductor: botar abaixo a monarquía e este réximen corrupto e caciquil. Neste sentido é necesario avanzar na unidade na movilización de tódalas forzas políticas e sociais, na loita por un ?Proceso Constituínte? que garanta o deretio ao aborto libre e gratutito para todas as mulleres na Sanidade Pública e a derrogación todas as medidas dos gobernos PSOE-PP contra a clase traballadora e os pobos.

educacion sexual para previr, anticonceptivos para non abortar e aborto legal para non morrer!
aborto libre, seguro, gratuíto e sen obxección de conciencia na seguridade social!
fora a relixión das aulas, non máis subvencións á igrexa católica

Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 26-06-2014 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0