A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fronte á Monarquía: ASEMBLEA CONSTITUÍNTE! |
|
Chamamos a participar na Manifestación Unitaria do dia 19 X, ás 20h, na Casa do Mar da Coruña, baixo o lema: "Galiza pola Republica, polo Direito a Decidir".
A votación do pasado mércores, onde as forzas políticas da burguesía española uníronse para garantir o relevo de Juan Carlos polo seu fillo, demostrou que o novo ?reinado? nace moi feble. Non conta co apoio dos caciques bascos nin cataláns que votaron abstención, nin das forzas da esquerda, nacionalistas ou non, que votaron masivamente NON. A primeira Transición que puxo a Juan Carlos no trono, pola contra, fora apoiada prácticamente por tódalas forzas políticas e sindicais, co PCE e CCOO de garantes pola esquerda, agás as forzas independentistas galegas e bascas, e o trotskismo; únicas forzas estatais que chamaron a votar NON no referendo do 78.
Por qué abdica Juan Carlos no seu fillo? Obviamente para aparentar un cambio sen mudar nada. A crise e a corrupción xeralizada fan que a natureza daquela primeira Transición quede ó descuberto, e a burguesía detecta que o pobo xa ve ó estado español como o que é: o administrador dos intereses dos de sempre. Eses intereses están agora enlazados cos do capital europeo e mundial, que reclaman novos recortes (ó día seguinte ás eleccións europeas o FMI esixía novos sacrificios: non temen absolutamente nada do ascenso desa esquerda prosistema parlamentaria). Ante a nova agresión contra o pobo que están a maquinar, é precisa unha cara nova para aglutinar forzas que estabilicen o país e garanticen que o capital poda seguir esquilmando a pracer.
O problema é que non o teñen nada fácil. Como vemos as principais institucións están desacreditadas, e os que representan aquela primeira Transición perderon todo o seu prestixio. A Coroa como símbolo de falsa unidade pode mudar o seu representante de forma relativamente fácil con Leis Orgánicas e o ?Hola!?. Pero poden o PP, o PSOE, CCOO e UXT, a patronal da CEOE,? protagonizar unha segunda Transición? Sen dúbida aparecerán moitos novos ?falsos profetas da esquerda? que estarán no seu momento encantados de pactar coa burguesía para garanti-la continuidade do tinglado. Pero o certo é que o réxime está entrando claramente nun proceso de agonía.
Ademáis, tras 35 anos de ?autonomía? as necesidades das nacións como Galiza frente a opresión estatal xa non poden ser desviadas de novo cun ?café para todos? que evite o a cuestión do direito a decidir. Qué lle debe o pobo traballador galego ao Estado Español, se non é marxinación, emigración, chapapote e baixos salarios? Trala proclamación haberá moitas manobras e ameazas veladas, mais é difícil que estabilicen a situación e pechen a crise: teñen pouca marxe de manobra para facer concesións coma no 78.
Estamos nun momento histórico para dar ?xaque mate ao rei?. O día do anuncio da abdicación, saíron á rúa espontáneamente miles de persoas na Galiza e en todo o Estado baixo os lemas ?República!? e ?Referendo XA!?. Nos días seguintes houbo centos de mobilizacións ó longo de todo o estado e mesmo fora, mais baixo unha profunda división, sobre todo nas nacións. Para Corrente Vermella é preciso avanzar na unidade na movilización de tódalas forzas políticas, sindicais e sociais co obxectivo de que se recoñeza o dereito a levar a cabo un referendo sobre a forma de estado, e que por suposto se exercite ese dereito para acadar unha ruptura democrática co réxime do 78. Mais non esquezamos que para acadalo temos que expulsar tamen ó goberno de Rajoy e rachar co bipartidismo monárquico: os gobernos da Monarquía, sexan PP, sexan PSOE, sexan partidos que os apoian cando convén, son os principais sustentadores deste réxime.
En Corrente Vermella opinamos que hoxe a loita por un Referendo vinculante no que o pobo decida sobre o seu futuro ten que ir ligado directamente a organización dun ?Proceso Constituínte?, onde se garantan a derrogación de tódalas medidas dos gobernos PSOE e PP contra a clase traballadora e os pobos:
non pago nin cobro da débeda pública e apertura das contas das administracións para o seu control pola poboación.
adopción de medidas de reparto de traballo sen reducción de salarios, a suba do salario mínimo a 1000 euros, a renacionalización dos servizos privatizados e a nacionalización dos ?concertados? na saúde, no ensino, na dependencia...
nacionalización da banca e as grandes empresas baixo control das súas traballadoras e traballadores.
aprobación de planos de infraestruturas democráticamente decididas, ao servizo das necesidades sociais e non dos intereses de bancos e grandes constructoras.
polo direito á autodeterminación que inclúe o direito á independencia. Amnistía total para os presos e presas políticas nas cadeas españolas
aprobación dunha lei ao aborto na Seguridade Social, libre e gratuito para todas.
ruptura do Tratado de Maastricht e coa Unión Europea.
loita pola Federación de Republicas Socialistas Ibéricas, no cadro dos Estados Unidos Socialistas de Europa.
Ruptura democrática co réxime do 78, coa derrogación da Lei da Memoria Histórica, da Lei de Amnistía / Punto Final e de tódalas garantías dadas ás personas culpables dos crimes do franquismo: consideración da súa apoloxia como delito de lesa humanidade
Este é o camiño aberto. Mas non fiamos nas ridículas medidas da democracia burguesa, que se reducen a absurdas votacións periódicas baixo leis electorais tramposas. Por iso para Corrente Vermella a única garantía da conquista do anterior é a través da loita independente da clase traballadora, a través da convocatoria dunha Folga Xeral Política prohibida expresamente na actual constitución, que nos axude á xente traballadora a nos organizar nos centros de traballo, de estudo, nos barrios e pobos, no camiño da loita polo socialismo.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|