A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A agonía dun réxime
A decisión do Xefe do Estado de dimitir, abdicación é un termo que reduce a importancia política do que foi: o luns foi como se dimitira Obama, Hollande ou Putin que é o que aconteceu, abre um novo período na loita da clase traballadora e os pobos do estado contra as políticas da Unión Europea e os gobernos, de impor os custes da crise sobre as costas da poboación traballadora; de procurar sair da crise destruindo as conquistas laborais e sociais destes anos.
O troco na xefatura do estado ten que ver, primeiro co desgaste de JC e do conxunto das institucións que constitúen un réxime político, o Xefe do Estado, o poder xudicial, os parlamentos, os partidos e sindicatos, os concellos. Qué institución do réxime do 78 non está en crise?. Tras o 15 M este desgaste foi a mais, sen descanso... Ademais, a loita social comezaba a ter bós resultados, Gamonal, Can Víes, os bombeiros de Galiza esta semana, etc. etc., os desafiuzamentos, os preferentistas, etc. Non todo eran derrotas, as loitas comezaban a dar vitorias. Iso tivo dúas datas definitivas, o éxito do 22 M e as eleccións do 25, non porque aparecera Podemos, iso é un síntoma nada máis; senon por que o PP e PSOE están en desguace, en Compostela (capital dunha Comunidade Histórica) non teñen concelleiros para o goberno municipal. Do PSOE para que falar, estase rompendo polas costuras.
Mas, eles saben que a crise non rematou -o FMI o día seguinte das eleccións xa o anunciou-, e para eso precisan dunha cara nova, non tan vista como JC. JC separase para manter o esquema do réxime do 78, e que entre un novo para aplicar eses planos anunciados polo  FMI, para garantir "a unidade da patria" (xa o dixo onte no seu "primeiro" discurso, cheo de caspa e lugares comúns do franquismo: "a historia milenaria da nación española", como se viñeramos xa de Atapuerca como "españois").
O problema é que Felipe non é o herdeiro de Franco, como xa dixo algún, non é nin militar, é un civil. O réxime de Franco tiña o exercito como columna vertebral, JC é o Xefe dos Exércitos -ai radica o seu poder, na cadea de mando é quen manda sobre as armas, que son as que deciden en caso de dubida-. Non se sabe como vai reaccionar a extrema direita franquista, ancorada no aparello do estado (xudicatura, exercito, garda civil, igrexa), pois o que é evidente é que Felipe é un gobernante mais feble que o seu pai. Mas a loita dirá se fortalecese ou non, se é capaz de se impor ao rexeitamento ou non. Non esta escrito en ningures que vai facer, como tampouco o contrario, como o gato ese da caixa, non sabemos se esta vivo ou morto ate que non abramos a caixa: ábramo-la, e vexamos!
Para Corrente Vermella hoxe a loita por un Referendo no que o pobo decida sobre o seu futuro ten que ir ligado directamente a esixencia dun ?Proceso Constituínte?, onde se garantan a derrogación de todas as medidas dos gobernos PPSOE contra a clase traballadora e os pobos: reformas laborais, reformas fiscais, etc., etc.
 
-         o non pago da débeda publica e a apertura das contas de todas as administracións publicas para o seu control pola poboación.
 
-         A adopción de medidas de reparto do traballo sen redución de salario, a suba do salario mínimo a 1000 euros e renacionalización de todos os servizos privatizados e nacionalización dos ?concertados? na sanidade, educación, etc.
 
-         A nacionalización da banca e das grandes empresas baixo control dos traballadores
 
-         A aprobación de planos de infraestruturas democraticamente decididas, ao servizo das necesidades sociais e non das grandes construtoras.
 
-         o respecto absoluto ao direito a decidir das nacións, polo dereito á autodeterminación. Amnistía total para todos os presos e presas políticas nas cadeas españolas.
 
-         a aprobación dunha lei ao aborto na Seguridade Social, libre e gratuíto para todas as mulleres
 
-         a ruptura do Tratado de Maastricht, e coa Unión Europea.
 
-         A loita pola Federación de Repúblicas Socialistas Ibéricas, no cadro dos Estados Unidos Socialistas de Europa.
 
-         Derrogación da actual Lei de Memoria Histórica, e anulación da lei de Amnistía / Punto Final e de todas as garantías dadas aos responsábeis dos crimes do franquismo: consideración como delito de lesa humanidade a apoloxía do franquismo.

Este é o camiño aberto, ten que continuar con mobilizacións unitarias na rua. Mas non fiamos nas medidas da democracia burguesa, por iso para CV a única garantía de avanzar neses obxectivos é a través da loita independente da Clase Traballadora, cos seus métodos, coa convocatoria dumha Folga Xeral Política que lle axude a se organizar contra os inimigos que vai encontrar no camiño do socialismo.

Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 06-06-2014 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0