A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Centos de mineiros mortos en Turquía
Os patróns e o goberno son responsables deste masacre!

Desde Corrente Vermella solidarizámonos coas vítimas desta matanza contra os traballadores, e enviamos o noso máis sentido pésame aos seus familiares e amigos.

Reproducimos a nota do Movemento REDE, sección turca da LIT-IV Internacional.

"O 13 de maio Turquía enfrontouse cun gran masacre de mineiros. A mina da cidade mineira de Soma, no oeste do país, explotou. Centos de traballadores morreron, mentres escribimos este artigo, as autoridades falaban de 232 mortos e centos esperando a ser rescatados. De feito o número de mineiros mortos rolda os 600!

Os responsables deste masacre son evidentes. O partido islamita gobernante, AKP, privatizou as minas de acordo ás políticas neoliberais. Os patróns, que só pensan nos beneficios, non gastaron diñeiro en medidas de seguridade. A pesar de que se atoparon 58 medidas faltando en 10 inspeccións diferentes, o goberno non pechou a mina. O AKP rexeitou investigar a resolución que foi presentada no parlamento para investigar as deficiencias en Soma. O Ministro de Enerxía en persoa, Taner Yildiz, inaugurou a mina xunto aos seus donos e encomiou as súas medidas de prevención no seu discurso.

Despois ocorrer o masacre en Soma, o AKP está asustado pola rabia obreira e hai un cerco na área. Miles de policías e soldados foron despregados na zona. Os capitalistas turcos e o AKP afundiron a todo o país nunha situación de inseguridade laboral.

O principal eixo da nosa loita é unificar ás masas do levantamento de xuño cos traballadores mal pagos, flexibilizados e precarios, contra a subcontratación laboral.

O movemento RED declara que o partido de goberno e os patróns son responsables do masacre. Faremos todo o posible para que sexan encarcerados. Axiña que como o desastre ocorreu, chamamos a unha Folga Xeral na educación para protestar polo masacre da mina de Soma e para asegurar que os responsables sexan enviados a prisión. Boicots e protestas empezaron en moitas universidades. Os sindicatos burocráticos están a se esforzar para previr a folga xeral. Pero ninguén pode parar á xente pobre. En moitas cidades empezaron protestas. Os traballadores saben quen son responsables e están a saír á rúa.

Farémolos pagar polos nosos irmáns mineiros mortos

Folga xeral e boicots na educación!

Os membros do goberno e os patróns ao cárcere!

Barricada! Folga! Revolución!

Movemento RED
(seccion turca da LIT CI)

14 de maio
Comentarios (0) - Categoría: Internacional - Publicado o 14-05-2014 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0