A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Na defensa da sanidade publica |
|
CONTRA AS POLITICAS DA UE E A XUNTA
Tras o éxito das mobilizacións do pasado ano contra a privatización da sanidade publica, convócanse de novo manifestacións para o dia 26 de Marzo en toda Galiza, como parte dun proceso de mobilizacións e asembleas feitas nesta semana. A pesares do rexeitamento social manifestado o longo destos anos ás politicas privatizadoras do PP éste non deixa de seguir co seu plan, sen grandes anuncios como fixeran en Madrid e que levou á victoria da ?mare branca?, conseguindo a paralizacion das vendas dos hospitais.
A Xunta, con igual obxectivo que os seus ?compañeiros? do resto do estado ten escollido o camiño mais longo que evita o choque frontal cos traballadores e as traballadoras, e a sociedade; así, a sua política é privatizar pouco a pouco, servizo a servizo, departamento a departamento.... de tal xeito que cando estea todo prácticamente privatizado, só restara darlle o remate final.
A Xunta, neste sentido e para conseguilo, apoiase nunha estructura paralela de sanidade privada concertada, que ten no Hospital POVISA, ?suposto? hospital publico de referencia en Vigo, a sua maior expresión; mas non a unica... Na Coruña, paralelamente o Chuac e os hospitais do Sergas, existe umha forte estructura de hospitais privados como o Quiron, o San Rafael ou o recementemente vendido á unha empresa madrileña, HM, o Modelo. Esta estrutura paralela privada actúa como un elemento de división dos traballadores e traballadoras da sanidade, e de competencia -como recoñeceu o xerente do Modelo- frente a sanidade publica, que debilita as mobilizacións dos traballadores e as traballadoras da publica.
A defensa da sanidade publica pasa pola denuncia de que umha parte importante da atencion sanitaria XA ESTA PRIVATIZADA con estes hospitais. Os traballadores / as da sanidade publica teñen que contar cos seus compañeiros/as da privada, porque utilizan a estes como man de obra barata para garantir a asistencia sanitaria, e lucrar a grandes grupos empresariais. Son loitas inseparabéis, a unidade dos traballadores / as de Povisa ? suposto hospital ?publico? de referencia en Vigo-, en loita contra os despidos; a mais que posible perda de direitos (dos poucos que teñen no Modelo) pola venda a HM, na procura do ?turismo sanitario?, coas loitas dos da pública é imprescindible, se quere enfrentar as politicas de recortes e privatizacións da Xunta.
Alem do mais, as condicions de traballo e salarial da privada son o espello onde se teñen que mirar os da publica se imponse a privatización; por un interés de non retrocer, é imprescindible o apoio mutuo nas loitas por melloras e contra as privatizacions, mas temos que ser claros: a igualdade entre publica e privada só podera acadarse coa NACIONALIZACIÓN DE TODOS OS SERVIZOS SANITARIOS. Por iso, as organizacións sindicais, os comités e as seccions sindicais da sanidade publica e privada teñen que avanzar xeitos de coordinar e unificar as loitas contra o inimigo comun, a Xunta e as grandes empresas da saúde, beneficiarias directas das politicas privatizadoras.
Porque esta non é umha mera loita sindical, é umha loita politica, contra as politicas da Unión Europea e dos gobernos, do central e a Xunta, e así ten que ser enfrentada: o capital para saír da crise precisa mercantilizar, para sacar beneficio privado, todos os servizos publicos, e os gobernos de todas as cores adoptan as medidas que precisen. Por iso, para poder derrotar estas políticas ha que unir a poboación tras os traballadores e traballadoras da sanidade, publica ou privada; hai que chegar os barrios, aos centros de estudo -onde tamen enfrentan umha política privatizadora cos mesmos obxectivos-, etc., para construir un potente movimento que derrote á Xunta do PP.
Neste sentido, as AVV teñen moito que dicer nun terreo que afecta, principalmente á clase traballadora, aos sectores máis pobres da sociedade, que se ven marxinados do acceso a unha sanidade publica e de calidade. As A VV, os grupos veciñais teñen que se implicar a fondo na defensa da sanidade publica e de calidade, levando aos barrios a autoorganización na defensa dos Centros de Saúde, que non sexan valeirados de servizos para centralizar nos hospitais, coa conseguinte perda de calidade do servizo, ....
Corrente Vermella apoia a manifestación do 26 en toda Galiza, mas considera que só se se avanza na unidade nas loitas con obxetivo claros e precisos, podermos gañar: xa esta ben de mobilizacións para protestar, hai que loitar para gañar, a través de planes de mobilización votados en asembleas abertas de centros de traballo, de barrios, etc.. ate conquerir os obxectivos. A situación non deixa umha outra alternativa, pois a crise empurra o capital e os seus gobernos a roubar o que pagamos todos e todas.
Publico é servizo, Privado é beneficio
UNIDADE DE TODOS E TODAS |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|