A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Este 8 de Marzo: Polos nosos direitos, abaixo o goberno do pau e a tesoira!
Desde o inicio da crise, nós, as mulleres da clase traballadora, seguimos soportando cada vez con máis intensidade os golpes secos da política de recortes económicos e sociais do goberno de Rajoy, cuxo principal baluarte é a UE e a Troika.

As mulleres da clase traballadora estamos a resistir o ataque ao sector público; tanto como traballadoras (onde somos maioría), como principais afectadas pola sobrecarga de responsabilidades que está supondo o peche de gardarías públicas, centros de atención a maiores ou dependentes, etc... Ademais, cobramos as pensións máis baixas (case un 33% menos que os homes) e a nosa prestación por desemprego é menor en cantidade e en duración respecto dos homes, consecuencia da desigualdade nas condicións salariais. Segundo datos da propia Comisión Europea, a diferenza media de ingresos por hora das traballadoras e traballadores no estado español é do 17,8%. Isto supón que unha muller ten que traballar 84 días máis ao ano para gañar o mesmo salario que un home.

Para manter os beneficios deste inxusto sistema e os seus corruptos gobernos, comezaron recortandonos dereitos laborais para pagar unha débeda que crearan eles mesmos e manter ao capital financeiro, único beneficiario deste roubo a man armada á poboación traballadora. Á reforma laboral, os EREs, e ERTEs, acompañáronlle os axustes na educación, na sanidade, a lei de dependencia,.. Cunha man na tesoira e coa outra asinando a privatización dos servizos públicos. Este foi, e segue sendo, o plan de ?rescate? á banca e as multinacionais, imposto desde a Unión Europea e executado polo goberno de Rajoy, cuxo resultado foi desemprego e miseria.

O goberno dos recortes e a represión tamén nos quere sumisas

Pero isto só foi o principio no que respecta ás medidas de axuste contra as mulleres da clase traballadora. Porque para garantir a continuidade do saqueo ás nosas condicións sociais e económicas, os gobernos deste sistema decadente necesitan aplicar á vez recortes nas liberdades. E iso é o que fixo o goberno de Rajoy.

Comezou coa Lei Mordaza para silenciar a protesta social e continuar aplicando os plans de guerra contra a poboación traballadora. E agora, con Gallardón á cabeza e apoiado pola igrexa católica, está a seguir coa reforma da Lei de Aborto. Un proxecto de lei que arremete contra a liberdade das mulleres a decidir sobre as súas vidas e os seus corpos, eliminando un dereito democrático conseguido tras moitos anos de loita. O goberno dos recortes e da represión, o que só goberna para os banqueiros e as multinacionais, o lacaio da UE e a Troika, tamén nos quere sumisas.

Por iso, este 8 de Marzo, Día Internacional das mulleres traballadoras, sóbrannos razóns para mobilizarnos. Sóbrannos razóns para dicir basta! Debemos continuar a nosa pelexa iniciada coas mobilizacións que en febreiro protagonizamos miles de persoas en todo o estado, para reivindicar o noso dereito ao aborto libre e gratuíto. É preciso que continuemos a nosa loita até botar abaixo esta lei. E sobre todo porque á tesoira e ao pau só hai un modo de combatelo, e ese é na rúa! Coa unidade de toda a clase obreira e de todos os sectores que están en loita!

Este 8 de Marzo saímos á rúa para esixir:

Aborto libre, gratuito e sen obxección de conciencia na Seguridade Social! Fora a lei Gallardón!

Educación sexual para previr, anticonceptivos para non abortar e aborto legal para non morrer!

Fora a lei Wert e a relixión das aulas! Non máis subvencións á igrexa católica!

Non máis violencia contra as mulleres! Recursos e medios suficientes para as mulleres agredidas!

A igual traballo, igual salario!

Paralización inmediata e derrogación dos decretos de recortes e privatización. Restitución dos dereitos arrebatados e retorno ao Estado dos servizos públicos privatizados.

Nin EREs nin ERTEs! Derrogación da reforma laboral.

Suspensión inmediata do pago da Débeda aos banqueiros e auditoría pública.

Non máis desafiuzamentos, dación en pago e aluguer social. Vivenda para as e os sen teito! Por un parque público de aluguer social.

Estatalización sen indemnización do sistema financeiro, para pór o crédito e a riqueza social baixo control e ao servizo da maioría.

Non ao pago da Débeda. Non á UE nin ao euro.

E O 22M TODAS E TODOS A MADRID!

A nosa única saída é a unidade para loitar. As Marchas da Dignidade convocadas para o próximo 22 de marzo son outra gran oportunidade para dar impulso ao combate contra a Lei Gallardón, o paro, unificar as loitas actuais (Pan Rico, Coca-Cola, UPS, Parados, desafiuzamentos...) e organizar a pelexa para tirar ao goberno Rajoy coa Folga Xeral. Non podemos nin debemos esperar até o 2015. Corrente Vermella participaremos co sindicalismo alternativo reivindicando a necesidade de botar abaixo ao Goberno e a Troika, repartir o traballo, suspender o pago da Débeda pública aos banqueiros, romper coa UE e traballar para organizar a Folga Xeral con eses obxectivos.

www..corrienteroja.net

correntevermhella@gmail.com


Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 05-03-2014 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0