A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

25 NOVEMBRO 2013: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA ÁS MULLERES
BASTA DE VIOLENCIA MACHISTA, DESPROTECCIÓN E RECORTES

Cúmprense dez anos desde que no Estado Español empezásense a contabilizar as mortes por violencia machista. Oficialmente 700 mulleres foron asasinadas desde entón. Segundo o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), máis de 600.000 mulleres sofren malos tratos anualmente, aínda que menos da cuarta parte decídase a contalo. Polo menos 840.000 menores padéceno, e neste ano cinco morreron e 37 quedaron orfos/as.

No 2004 púxose en marcha a Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero. O número de mulleres mortas até agora non baixou das 50 vítimas anuais, mentres que os orzamentos para aplicar a llei, que sempre foron escasos, empezaron a recortarse de forma imparable a partir do 2011.

Diminúen os recursos e crece a indefensión das mulleres
O goberno xa anunciou que nos Orzamentos Xerais do Estado do 2014 a partida destinada ás medidas contidas na Estratexia: ?Actuacións para a prevención integral da violencia de xénero? baixa respecto de 2013 un 1,5% máis. Un 22,5 % respecto de 2008.

Isto supón o peche de casas de acollida e puntos de encontro familiares, diminución e deterioración da atención psicolóxica, a case desaparición das campañas de sensibilización social e a redución do 70% da Renda Activa de Inserción, o recurso económico máis utilizado polas mulleres vítimas de violencia machista.

Por outra banda, a Lei de Bases de Réxime Local suprime o Articulo 28, quitándolle aos municipios a competencia ou actividade en políticas de igualdade e de atención e asistencia a mulleres vítimas de violencia de xénero. Isto suporá o peche de moitos centros municipais de información á muller, sobre todo, no ámbito rural.

En relación ás políticas de igualdade, non específicas de violencia de xénero, o programa 232B ?Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes? dótase nos orzamentos do ano 2014 con 19 millóns de euros, o 0,005% do total, e tras baixar en 2013 un 24%, acumula respecto de 2008 un recorte do 56%.

En canto ás Comunidades Autónomas, a maioría delas están a aplicar igualmente recortes nesta materia. Lonxe de romper coa política de recortes do goberno central, todas, e non só as gobernadas polo PP, claudican con eles para axustarse ao déficit público, priorizando o pago da débeda creada cos bancos.

Cando os recortes sociais custan vidas
Se todos estes recortes limitan as opcións das mulleres para saír da violencia, a isto hai que sumar o impacto que supón para as mulleres traballadoras o aumento do desemprego e a precariedade laboral, e o recorte que os gobernos veñen realizando noutras políticas sociais como: axudas ao desemprego, educación, sanidade, e no coidado e atención de persoas maiores, menores e dependentes.

Como exemplo, cando dous terzos das persoas dependentes e o 97% das súas coidadoras somos mulleres, a partida para Dependencia en 2014, recórtase o 46,7%.

Os recortes supoñen ademais unha constante destrución e precarización de emprego público, maioritariamente ocupado por mulleres.

A falta de recursos económicos e a sobrecarga de traballo doméstico e de coidados impiden que moitas mulleres poidan escaparse da espiral da violencia machista. Por iso, aínda que os expertos afirmen que non hai un perfil único de muller maltratada, e nesta sociedade patriarcal e machista calquera muller pode ser vítima da violencia machista, son as mulleres da clase traballadora, especialmente novas e/ou inmigrantes e/ou desempregadas as que engrosan a lista de mulleres asasinadas. A maioría delas sen denuncia previa.

Non é esaxerado dicir que algunhas mulleres están a pagar a crise capitalista coas súas vidas.

Contra a violencia machista, a loita é o único camiño
Este goberno hipócrita é o primeiro inimigo das mulleres traballadoras, mentres que as anima a denunciar, desmantela o sistema de protección social e aplica medidas económicas que nos condenan ao paro, a precariedade, a pobreza e a exclusión social. Isto tamén é violencia cara ás mulleres!

Este 25N, Día internacional contra a Violencia de Xénero, Corrente Vermella súmase ás voces que reclaman máis diñeiro para prevención e sensibilización social e para atención e asistencia inmediata ás vítimas da violencia machista. Pero tamén, como sabemos que isto non é suficiente, esiximos igualmente que o diñeiro que se usa para o pago da débeda pública (90% do PIB), utilícese para crear emprego e aumentar a atención de menores, persoas maiores, enfermas ou dependentes. Esiximos que se cren vivendas sociais en réxime de aluguer social cos miles de vivendas baleiras en mans de bancos e inmobiliarias, a disposición das familias máis necesitadas, entre elas mulleres vítimas de violencia machista con menores ao seu cargo.

Non é posible acabar coa violencia machista e a desigualdade dentro do sistema capitalista. Porque o capitalismo é un sistema que para explotar aínda máis se apoia tamén na desigualdade e a opresión. Todas as conquistas e avances en igualdade que conseguimos as mulleres baixo o capitalismo, están continuamente ameazados, especialmente en tempos de crises. Porque cada vez que a burguesía necesita saír da súa propia quebra, utiliza a opresión contra as mulleres e outros grupos sociais para dividir á clase traballadora e explotar máis a l@s máis oprimidos dentro desta. Utiliza a ideoloxía machista para justificar a volta das mulleres ao fogar, para que sexan estas quen carguen con todo o peso das tarefas domésticas e de coidados, desviando así o diñeiro público que o Estado se aforra cara aos petos dos empresarios. Mentres exista o capitalismo, non importa se algunhas mulleres conseguen cotas de poder dentro deste, seguirá existindo a opresión.

Para nós, a loita contra o machismo e a explotación van xuntas. Este 25 N, todas e todos saímos á rúa para esixir:

- Recursos e medios suficientes para as mulleres agredidas (centros de acollida, puntos de información, asistencia psicolóxica, etc.)

- Garantía por parte do Estado dun emprego para as mulleres maltratadas e subsidio de desemprego mentres se lles proporciona.

- Espazos gratuítos nos medios de comunicación para a difusión dunha cultura contra a violencia cara ás mulleres e os sectores máis oprimidos. Fóra xuíces machistas do aparello xudicial.

- Educación sexual e de igualdade de xénero no ensino obrigatorio. Fora a relixión das aulas! Non máis subvencións para a igrexa católica.

- Non á reforma laboral, que trae maior precariedade laboral e permite un goteo continuo de ERES fraudulentos, facéndonos máis vulnerables ante os malos tratos machistas.

- Non ao recorte do gasto público. Gardarías públicas!

- Non aos recortes na lei de dependencia que nos responsabiliza do coidado de anciáns e persoas con discapacidade.

- Educación, sanidade, transporte e servizos públicos de calidade. Non ás privatizacións!

- Por un parque público de vivendas en aluguer social cos miles de vivendas baleiras en mans de bancos e inmobiliarias, ao alcance das familias máis necesitadas, priorizando aquelas que teñen menores a cargo.

- Fora Rajoy e a Troika! Romper coa UE do capital e co euro.

- Non ao pago da débeda e auditoría pública. Prisión e confiscación dos bens de especuladores e corruptos.

Por un goberno dos traballadores/as apoiado na súa loita e organizacións de base. Por unha Europa dos/as traballadoras e os pobos.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 24-11-2013 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0