A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NA DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

O RE PAGO MATA
Os gobernos do PP, o central e a Xunta, están a aprobar unhas medidas de re pago en productos farmacéuticos para enfermos crónicos, de traslado a centros de saúde non urxentes, etc., que supoen un ataque á liña de flotación de direitos sociais acadados pola clase traballadora e o pobo, tras moitos anos de loita.  Destrúen o principio de universalidade e a equidade na atención sanitaria, desmantelan a educación publica, os servizos sociais e de dependencia, recortan mais se colle o transporte ferroviario, reducen os salarios dos funcionarios/as e coa reforma laboral machacan os direitos dos asalariados/as?. Mentras, a banca sube os seus beneficios un 80%, e os ricos fanse mais ricos, estos son os unicos beneficiarios das politicas dos gobernos.
Para conseguilo modifican as leis que queiran, como fixeron coa Constitución, nun proceso que veu desde a UE e a Trokia. Entre o PSOE e o PP reformaron para garantir o pago dos xuros da debeda á banca, ?prioritarios? frente calquer outro gasto do estado, garantindo que os bancos reciben este ano ademáis do resgate que lles deron xa, 36 mil millóns de euros, umha cantidade superior ás prestacións por desemprego; e mentras aumentan os gastos para pagar os xuros un 17%, conxelan as pensions.
Aos gobernos do PP non lles importa o ben estar e a vida da poboación traballadora, fan politicas para que os bancos, grandes empresarios e capitalistas melloren os seus beneficios. Son insultantemente prepotentes cos de abaixo, mentras rinde pleitesia cos mais poderosos; ver a Rajoy e o goberno humillado diante de Obama, e nin tan siquer atreverse a criticar as escoitas ilegais dos USA mentras insultan aos parados, aos traballadores/as da publica e da privada,? é indignante.
Neste sentido vai a reforma sanitaria, convertida nun luxo para os ricos. Para elo contan coa lei 15/1997, aprobada co apoio do PSOE, na que abren as portas da xestión privada da atención sanitaria, admitindo a subcontratación de servizos, derivacións de enfermos á privada, etc. Queren desmantelar o publico e obrigar á poboación a suscribir seguros privados na sanidade, nas pensións e na dependencia o para a educación; por onde sae o estado entra a privada.
Mas unha empresa privada, como as aseguradoras e as constructoras implicadas na xestión de hospitais (POVISA), non son servizos publicos, son negocios cuxo obxectivo é o beneficio e para conseguilo non dubidan en aplicar as reformas laborais, precarizando o emprego, facendo que traballadores/as de menor cualifiación fagan traballos cualificados, aproveitando as derivacións a centros privados empurrados polos recortes na publica, etc.
Non contentos con estas medidas, tamen queren destruir as conquistas dos traballadores da sanidade publica, implantando criterios de ?productividade? ligado aos salarios. Qué criminal pode pensar que a curación dumha enfirmedade ten prazos prefixados? Canto tempo leva curar umha persoa? Acaso umha persoa é umha maquina?
Se os recortes, e as privatizacions que delos derivanse, veñen da debeda e do seu pagamento aos que a xeraron, imponse como primeira medida o seu non pagamento, como non é a nosa debeda, NON DEBEMOS NON PAGAMOS, e que o diñeiro vaia ás necesidades sociais.
Mas isto non abonda, as leis e reformas constitucionais aprobadas polo PPSOE xustifican as medidas adoptadas, e hipotecan a calquer goberno que poda sustituilos, por elo imponse a esixencia de DERROGACIÓN DA REFORMA CONSTITUCIONAL, DA LEI 15/1997 E DE TODA A LEXISLACIÓN CONTRA A CLASE TRABALLADORA E O POBO, da aprobada por ZP ou polo PP, e a RE NACIONALIZACIÓN DO SISTEMA SANITARIO BAIXO CONTROL DOS TRABALLADORES/AS DA SAÚDE E USUARIOS, autoorganizados en asembleas.
O pobo traballador galego, polas suas condicions de dispersión e pensions baixas, é doblemente golpeado polas medidas de Rajoy; apoiamos as propostas das organizacións agrupadas baixo o lema ?O Copago Mata?, de esixir á Feijoo a non aplicación na Galiza das medidas do goberno central. Mas nos engadimoslle, QUE SE VAIAN, o PP, Rajoy e Feijoo fan parte do problema, non da solución.
Non fiamos nas saídas institucionais, atadas á Unión  Europea e un rexime politico berce de corrupción, chamamos á poboacion traballadora a se organizar en asembleas populares abertas por barrio, vila e aldea, e coordinar cos traballadores/as da sanidade e o resto dos sectores publicos a loita contra as privatizacións.
 
Chamamos ao conxunto da poboación traballadora a participar nas mobilizacions convocadas polo concello de Riotorto e 150 organizacións políticas, sociais e sindicáis, para os vindeiros 8 e 17 de novembro, baixo o lema ?O Copago Mata?.NA DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 08-11-2013 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0