A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Tras o 24, Organicemos a Continuidade da Loita |
|
O 24 de outubro, último dos tres dias de folga na educación, ten que ser a traca final e o comezo das mobilizacións contra a Lei Wert, a LOMCE, e as tentativas do PP, tanto desde Madrid como desde a Xunta, de desmantalar todos os servizos públicos que costou ducias de anos conquistar.
Nin a seguridade social universal, xa desfeita, nin a educación gratuita (que pagamos cos impostos), nin os servizos sociais en xeral son un agasallo de ninguén nin existiron sempre; xeracións de xóvenes, de traballadores e traballadoras deixaron a sua pel nas ruas e nas loitas ao longo do tempo para ter o que agora estan a desmantelar.
Mas non queren empobrecernos por maldade persoal, senon porque desde o goberno do PSOE e despois co do PP, aprobaronse unhas medidas na Constitución que obrigan ás institucións e ao estado a pagar a débeda dos bancos e as grandes empresas, por riba de calquer outro gasto en educacion, saúde ou servizo social.
Mentras os bancos reciben o diñeiro da débeda que eles xeraron, as aseguradoras, as constructoras como OHL, ACS (Florentino Pérez), e demáis, fanse co negocio da saúde, e a Igrexa, os curas e bispos, co negocio da educación e os servizos sociais. Desmantelan o público para darllo aos seus amigos privados.
Frente a elo so colle umha saída, o da rebelión, o da loita e a mobilización na rúa. Pensan que o teñen todo ?atado e ben atado?, e teran razon mentras non se lles resposte, se lles paralice a economía e se lles desorganice a educación.
Faran o que lles deixemos facer; mais para iso é preciso non só saír á rúa a loitar, mas tamén organizarnos desde a base, ir aos institutos e facultades, facer asembleas onde debatamos as reivindicacións e aprobemos as medidas de loita para continuar.
Por iso, o 24 ten que ser o comezo da autoorganización da comunidade educativa, desde abaixo, desde os centros de estudo, con estudantes, profesores e pais e nais, para loitar ate conquerir a derrogación da LOMCE e a dimisión do ministro Wert. Unificando as loitas de todos os servizos públicos é posible facelo!A sua forza esta cando nos enfrentan illados individualmente; mais cando nun instituto, nunha facultade organizase unha asemblea, e coordinanse as diferentes asembleas, os directores, os delegados da Conselleria ou o Ministerio treman, asustanse da nosa forza. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|