A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
APOIAMOS AS FOLGAS DO 22-23 E 24 DE OUTUBRO |
|
As políticas de barbarie social que está aplicando o goberno de Rajoy e os das comunidades profundan mais a segregación social. Os novos ataques contra o ensino publico, suba das taxas na universidade, despido de miles de profesores/as, peche de centros e recortes salvaxes do gasto, endebedamento das familias e repago nos comedores, miles de alumnos/as que quedan fora do sistema educativo e a perspectiva de o pagamento na Formación Profesional son alguns dos "remedios" que prantexan.
A lei Wert, a LOMCE, é a máxima expresión da política de desmantelamento e privatización do ensino público co aumento do financiamento dos centros concertados, maioritariamente da Igrexa, dos colexios que separan por sexos, incrementando a opresión das mulleres, a marxinación do sectores máis pobres da sociedade, etc.
BOTAR OS GOBERNOS DO PP E A TROIKA!
Os orzamentos presentados por Rajoy e Feijoo son a continuación do carácter profundamente antisocial dos anteriores; escritos ao ditado de Merkel e a UE, están ao servizo de pagar aos banqueiros a débeda pública. Poren, non contentos con desmantelar a sanidade publica, as pensións, o emprego e os salarios, agora veñen pola educación coa lei Wert. O ataque é ao conxunto das conquistas sociais.
Toxo e Méndez demonstranse totalmente incapaces de loitar ata o final contra estas políticas porque son parte do problema, por exemplo como van a defender as nosas pensións se son accionistas, xunto á gran banca, nas principais xestoras de fondos privados de pensións. Este é o problema das cúpulas sindicais de CCOO e UXT, fan parte dun réxime que levounos a esta situación.
En canto a EU, que aparece aos ollos de moita xente como a oposición de esquerda estatal aos Gobernos segue subordinándose a CCOO, e en Andalucía gobernando co PSOE, o que leva-lle aplicar os recortes de Rajoy "por imperativo legal". Non é hora de romper amarras coa burocracia sindical e co PSOE e ocupar o lugar na loita por unificar a resposta social e botar aos Gobernos?
Neste camiño de confluír nas loitas contra as políticas da UE e os gobernos do PP, as forzas políticas e sociais da esquerda galega teñen que sumar esforzos; a loita polo direito a decidir como pobo, contra a recentralización do
estado impoñendo a ?españolización?, da que a Lei Wert (a LOMCE) é unha das suas columnas vertebrais, non é incompatible coa unidade na loita coa clase traballadora e os pobos do Estado Español; pola contra, fortalecese.
NON PAGAR A DÉBEDA PÚBLICA!
POR UN PLAN DE RESCATE DOS TRABALLADORES/AS
A primeira medida para garantir as necesidades sociais, sen a cal todo o que se diga é un conto, é a derrogación da reforma constitucional que obriga a pagar os xuros da débeda e deixar de pagala, e exisir unha auditoría pública/apertura das contas públicas que sirva para castigar aos responsables e beneficiarios deste espolio. O diñeiro público non debe ser para enriquecer aos bancos senón para atender as necesidades sociais.
Necesitamos un plan de rescate dos traballadores/as e do pobo que deteña e reverta o desmantelamento dos servizos públicos, que faga fronte ao paro, repartindo o emprego e despregando un gran plan de obras públicas ao servizo das necesidades sociais, que expropie á banca e que cobre os impostos aos ricos. Necesitamos apuntar cara a un goberno dos traballadores/as, apoiado na resistencia social e baixo control dos organismos de loita do movemento.
A nosa loita é a mesma que a do pobo traballador de Portugal, Grecia, Italia e o resto de Europa, porque dentro da UE e o euro non temos futuro. A UE non representa á Europa dos traballadores/as e os pobos, senón aos grandes banqueiros e multinacionais. É unha máquina de guerra para acabar coas conquistas sociais e saquear e someternos. Por iso, non queremos nin a UE, nin o euro, e loitamos por unha Europa socialista dos traballadores e dos pobos!
Esta convocatoria de mobilizacións ten que servirnos para facer confluír as loitas e construír xuntos unha resposta desde abaixo, que nos sirva para avanzar cara a unha mobilización xeral sostida no tempo, que pare a catástrofe social e bote abaixo aos Gobernos: Unificando as loitas é posible! |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|