A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
NA DEFENSA DOS DEREITOS SEXUAIS E REPRODUCTIVOS DAS MULLERES |
|
aborto libre, gratuito na sanidade pública e sen obxeción de conciencia
A decisión do Ministro é para nós un retroceso de anos nos dereitos democráticos cara á despenalización do aborto de 1985, cando foi despenalizado en tres supostos mentras no resto estaba penado.
Atualmente a lei de prazos é equiparable ao resto de Europa, na que as mulleres poden abortar ata as 14 semanas sen dar explicacións; entre as 14 e 22 por ?grave risco para a vida ou a saúde de nai ou do feto; a partir das 22 por ?anomalías fetales incompatibles coa vida....., ou cando se detecte no feto unha enfermidade extremadamente grave incurable..?. Na atual contra reforma, estes prazos eliminanse e volvese aos supostos previos ó 2010, que eran: violación, malformación do feto (que agora tamen se quere quitar) ou risco para a nai.
Se a istas modificacións legais sumámoslle a política dos gobernos e a UE de recortes e privatización dos servizos públicos para o pago da débeda os bancos, e que as grandes empresas capitalistas fan negocio, temos un cóctel molotov que explota sobre as mulleres da clase traballadora. As mulleres sen recursos porán en perigro as súas vidas en condicións insalubres e sen ningún tipo de garantía, mentres as ricas poderan optar por pagar o que faga falta en clínicas privadas, extranxeiras ou non, para poder ter acceso a un aborto seguro.
Por iso a reivindicación democrática polo dereito ao aborto legal, libre e gratuíto, na sanidade pública e sen obxección de conciencia, debe e ten que ser parte das reivindicacións de toda a clase traballadora na loita para derrubar a este goberno e este réxime corruptos.
As nosas vidas non son moeda de cambio para seguir pagando esta débeda que non é nosa.
Educación Sexual para Decidir
Anticonceptivos para Non Abortar
Aborto Legal para Non Morrer
acude á manifestación o sabado 28, ás 17.30 na Estacion de Tren de Compostela |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|