A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Comunicado da Corrente Vermella sobre Siria
Por moito que os USA e os seus aliados recúen temporalmente nos seus planes de agresión a Siria, e mesmo cheguen a acordos con Rusia, o certo é que as ameazas imperialistas mantense, por iso temos que seguir alerta diante do que poda suceder nos vindeiros meses. O conflicto ten unhas fortes raíces sociais internas de Siria e no mundo árabe, poñendo sobre a mesa moitas das contradiccións internacionais.

Neste sentido, parécenos un erro a división na resposta a umha agresión que pon o mundo ao bordo da catástrofe, numha zona un conflito histórico, a ocupación israelí de Palestina que non ten outra solución ca victoria do pobo palestiniano, e atravesado por uns levantamentos populares que xa derrubaron aliados do imperialismo como Mubarack, Ben Ali ou Gadaffi.


Por todo elo, Corrente Vermella manifesta


1.- Rexeitamos toda intervención imperialista contra calquera pobo, porque nunca o imperialismo, teña a bandeira que teña, favorece as loitas polas liberdades. Os seus interese son sempre aumentar o saqueo dos recursos naturais dos pobos e a explotación da clase traballadora.

Por este motivo rexeitamos o anunciado, e adiado polo momento, ataque dos EE UU e seus aliados contra Siria. Este ataque non ten a menor intención de favorecer a loita do pobo sirio pola xustiza social, a democracia e as libertades democráticas.


2.- Siria concentra hoxe todas as contradiccións entre as potencias imperialistas, os países ?emerxentes? e potencias rexionais como Turquia ou Arabia Saudí, que están á procura dun reacomodo da zona para os seus interese.

O que move a todos eles sen distinción son as multinacionais do gas e o petróleo, garantías para os gasoductos financiados por capital chino-iraní, e de fondo o control do Mediterraneo Oriental cumha umha demonstración de forza por parte dos EE UU e aliados frente os chamados ?emerxentes?, nomeadamente Rusia.


3.- Tanto o imperialismo como Rusia teñen claro que non pode ser o derrubamento do réxime de Al Asad, abrindo unha situación descontrolada no polvorín que é Oriente Proximo, e menos que menos que se produza a mans da mobilizacion popular.

Por iso, tanto Obama como Putin colleron a ?idea? de Kerry do ?control do armamento químico do rexime? como a moeda de negociación que todos precisaban para evitar o confronto militar, para procurar umha saída que desactive o levantamento popular.


4.- O imperialismo, aprendendo das leccións da situación xerada tras a guerra de Iraq, o obxectivo real do ataque era (e é, se prodúcese) o desgastar o réxime para negociar umha saída que manteña as institucións fundamentais, sen Al Asad, como fixeron en Exipto e Tunez, mas non poideron facer en Libia.

Para CV non se poden formular saídas ?políticas? e ?negociadas? cun rexime que leva 150 mil mortos en dous anos de levantamento popular e guerra civil. É confundir á poboacion chamar a confiar na ONU, un organismo o servizo das grandes potencias cuxo papel desaparece cada vez que xurde un conflito de gran magnitude, para soluciona-lo, esa é tarefa do pobo autoorganizado.


5.- Mas non só o imperialismo e as ?emerxentes?, senon umha multitude de forzas son hostís e conspiran contra a revolución siria e árabe en xeral. Polos mais diversos motivos, forzas islamistas e mesmo mercenarios actúan nun e noutro bando co unico obxectivo de facer descarrilar o levantamento popular.


6.- Corrente Vermella esta coa poboación traballadora Siria que se levantou contra o réxime de Al Asad e coas organizacións da oposición de esquerdas que teñen manifestado o seu rexeitamento á intervención imperialista. Por iso, denunciamos por reaccionarias ás direccións do campo rebelde, como as cupulas do Exercito Sirio Libre e o Consello Nacional Sirio que chaman á intervención imperialista. Iso é abrir-lle as portas á contrarrevolución.


7.- Esiximos do goberno español que non permita o uso das bases militares para agresión o pobo sirio, a retirada inmediata das tropas do Libano e a ruptura de todas as relacions co rexime Sirio.


8.- A única saída que ten o conflito é a loita obreira e popular, abrindo incondicionalmente os arsenais á poboación traballadora, ate a expulsión do réxime capitalista e neoliberal de Al Asad, e co rexeitamento rotundo á intervención imperialista, avanzar cara que os proprios sirios e sirias, xunto cos pobos irmans árabes, constrúan umha Federación de Republicas Socialistas Árabes.


9.- Chamamos a todas as forzas políticas, sociais e sindicais, que se din de esquerdas e democráticas, a rexeitar toda intervención imperialista, veña de onde veña, e a apoiar ao pobo sirio e árabe nas súas loitas polas liberdades, a xustiza social e a paz.


Galiza, a 14 de setembro de 2013
Comentarios (0) - Categoría: Internacional - Publicado o 15-09-2013 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0