A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O 25 DE XULLO CONTRA A UE E A TROIKA
Corrente Vermella chama a participar nas mobilizacións do vindeiro 25 de Xullo con nós, trás a faixa da Plataforma por Unha Auditoria Cidada da Debeda, que baixo o lema ?Que se lixe a Troika, non debemos non pagamos?, concentrarase ás 12 h na Alameda de Compostela.

Para CV a poboación traballadora galega, como a europea e española, están sufrindo dunha maneira brutal as consecuencias da crise do capitalismo a través das políticas dos gobernos, de Unión Europea e a Troika.

Co obxectivo de recuperar os beneficios dos empresarios e banqueiros, coa finalidade de enriquecelos mais aínda, apróbanse reformas laborais, reformas constitucionais para garantir o pago da débeda, desmantelan e privatizan servizos públicos; todo isto feito por uns gobernos que non deixan de roubar a man cheas.

Para garantir a victoria da clase traballadora e os pobos fronte aos gobernos, a Xunta e o Central, e a UE é preciso avanzar na coordinación dos organismos que hoxe loitan contra os recortes, a austeridade e a reforma laboral; en fin, por umha fronte única social que desenvolva a mobilización social sostida no tempo, no camiño da Folga Xeral Política, ate derrubar os gobernos de Rajoy e Feijoo.

O 25 de Xullo ten que ser umha xornada de loita de todo o pobo traballador, no camiño da derrubada dos gobernos do PP e a apertura dun proceso constituínte que garanta umha saída obreira e popular á crise.



Esperámosvos desde as 11h no noso posto de venta de libros na Alameda
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 21-07-2013 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0