A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
NINGUN DESPIDO EN ATENTO |
|
De novo, após varios anos, Atento volve a facer un despido colectivo de 112 traballadores/as, que chegará ate os 142. Se hai uns anos vivemos na cidade outro despido colectivo, nese momento de 197 persoas, co obxectivo da deslocalización, agora a empresa alega ?umha baixada no volume de chamadas?, namentras desde os traballadores/as afirmase que non é certo.
Esta claro que a mobilización desenvolvida ate o de agora consiguir que a empresa retirara os despedimentos, mas para abrir a via negociadora, para implicar aos dirixentes sindicais na destrucción de postos de traballo como esta a acontecer en moitas outras ocasions (Fabrica de Armas, Iberia, etc.). A empresa evita o choque directo mas non renuncia o seu obxectivo.
Argumente o que queira a empresa, o certo é que se Atento, como Darty/San Luis, Sykes, Unisono, a Axencia de Viaxes El Corte Inglés, NH Hotéis, Fábrica de Armas,? poden despedir é grazas as sucesivas reformas laborais, primeiro de ZP e sobre todo a mais recente do PP, que da todo o poder ao empresario para decidir o que el queira.
Hai cinco anos a mobilización desenvolvida polas traballadoras de Atento orientouse a chamar á unidade de todos os que daquela loitaban, e asi acadaron a solidariedade dos traballadores/as de La Toja, despedidos daquela, dos bombeiros e policias locais de A Coruña, numha manifestación que foi umha demostración de forza da clase obreira. O resultado foi que, a pesares de se manter os despedimentos, a empresa tivo que recuar nos seus planes de deslocalización e tivo que indemnizar ás despedidas cumhas cantidades ben superiores ás iniciais.
Hoxe, nun momento no que a crise atinxe a todos os sectores da clase traballadora e do pobo, golpeados polos despidos masivos, polos recortes de salarios, pola perda de direitos laborais e sociais, polas privatizacións e as estafas bancarias, fai mais necesaria que nunca a unidade frente os planes dos empresarios e os seus gobernos.
Non podemos esparar absolutamente nada dos gobernos, nin da Xunta nin do Central, coas suas medidas como a Reforma Laboral son o problema, as suas politicas permiten a ?desfachatez? coa que actua a patronal.
Frente a esta situación non collen loitas rutinarias e ailladas unhas de outras; a defensa de todos os postos de traballo, non só de Atento, mas tamen frear os peches de empresas, os EREs e reducción de salarios, que se ven coa paralización da negociación colectiva (comercio vario, limpeza, etc.) fai necesaria a convocatoria de fortes mobilizacións unitarias da clase obreira que non paren ate acadar a derrogación da Reforma Laboral.
Todas as organizacións sindicais, sociais e politicas teñen que acordar unha frente comun, unha Plataforma Social e convocar umha manifestación Frente aos despidos e os peches de empresa.
Pola derrogación inmediata da Reforma Laboral
Unidade e loita
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|