A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DIANTE DO 10 DE MARZO, DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA
Corrente Vermella convoca á manifestación da CIG para o 10 de marzo, Dia da Clase Obreira Galega, en defensa dos convenios colectivos, contra a explotación e a pobreza, mas lamenta que de novo haxa convocatorias separadas das distintas organizacións sindicais.
Cando asistimos a umha das ofensivas mais duras das ultimas decadas contra os traballadores/as e os pobos, a través das politicas da Unión Europea, a Troika e os gobernos central e autonomico, que estan a destruir todos os nosos direitos con reformas laborais, reformas da constitución para garantir o pagamento da debeda e asi poder privatizar todos os servizos publicos e sociais ou as estafas como as preferentes ou hipotecas.
Nestas condicións faise precisa a unidade de toda a clase traballadora galega, española e europea, como anunciou a Folga Xeral do 14N; mas é preciso facelo baixo obxectivos claros que avancen na confluencia e a coordinación das loitas contra os despidos, polos convenios e as privatizacions: Fabrica de Armas, Alcoa, Chuac, convenios do comercio, limpeza, etc.
-contra a paralise dos convenios colectivos, derrogación inmediata da Reforma Laboral
-contra os EREs e os despedimentos, nin un só despido nin perda de posto de traballo via prexubilación, reducción da xornada se reduccion do salario e contrato de relevo.
-contra as privatizacións e o pago da debeda, renacionalización dos servizos privatizados e derrogación da Reforma constitucional do 2011 que obriga ao seu pagamento.

Esto supon poñer no centro a loita polo derrubamento dos gobernos do PP, a Xunta e o Central, afectados pola corrupción coma ninguen, e levar ás asembleas nos centros de traballo a proposta da convocatoria dumha Folga Xeral Politica que abra un proceso constituínte onde a clase traballadora e o pobo debatan umha saída obreira e popular á crise.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 09-03-2013 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0