CONTRA O MACHISMO E O CAPITALISMO
Non ao peche do COF do Ventorrillo
Hoxe hai un reforzamento da ideloxía máis reaccionaria por parte do goberno de Rajoy, co Gallardon plantexando unha nova lei do aborto que nos fai retroceder aos anos 90, o ministro Wert impoñendo a relixión nas aulas. A Xunta do PP adiantouse cando aprobou a lei de familia, prantexando como núcleo fundamental da sociedade á familia patriarcal. Co peche do Centro de Orientación Familiar é consecuente coa súa política, ir en contra da liberdade sexual das mulleres.
Esta ideoloxia esta ao servizo dunha doble moral, por un lado privatizan o servizo e por outro recortan os dereitos das mulleres a decidir sobre o seu propio corpo. Impedir o pecho do COF fai parte da loita contra as privatizacións e os recortes impusadas dende a UE e a Troika. O que significa a unidade con todos e todas aqueles que hoxe loitan contras estas medidas.
Neste momento histórico de convulsión social e crise dun réxime e uns gobernos máis que desacreditados, as mulleres traballadoras estamos a tomar o protagonismo nas loitas que se están sucedendo en todo o estado español. Estamos á cabeza nas mobilizacións que se opoñen aos recortes, ás privatizacións e ao desfalco dos dereitos máis básicos que con tanto esforzo a clase traballadora logrou conquistar.
Sorteando os obstáculos que a opresión e as barreiras do machismo imponnos, nós, as mulleres traballadoras, somos o referente nesta batalla contra un sistema que se alimenta das desigualdades para seguir enriquecendo a unha minoría corrupta.
As mulleres encabezamos as protestas
Na defensa polo dereito á vivenda, as mulleres están a atacar de cheo á base que sustenta ao capitalismo: a propiedade privada. No movemento contra os desafiuzamentos, como as corralas de veciñas en Andalucía, as mulleres dirixen a pelexa, e en cada ocupación das e os sen teito fan tambalear os cimentos deste sistema económico en decadencia.
En Madrid, as traballadoras da Sanidade Pública son tamén pezas chaves nas protestas e os peches en hospitais e centros de saúde, defendendo os miles de postos de traballo e o mantemento do dereito á sanidade, ameazados pola privatización e a especulación.
Do mesmo xeito, todo o Ensino Público segue en pé de guerra contra os recortes na educación. Desde as escolas infantís até a universidade, tanto profesoras como estudantes novas, as mulleres seguen resistindo á ofensiva do goberno de Rajoy e os seus secuaces nas distintas comunidades.
Un sistema e un réxime no que non hai saída para a muller traballadora
Estes son algúns das frontes nos que as mulleres, xunto cos homes da clase traballadora, están a resistir á guerra social iniciada por un goberno que segue aplicando plans de recortes, a pesar que se destapou o armazón da corrupción na que está asentado. Unha corrupción que salpica ás institucións do réxime: monarquía, Constitución, Xustiza,... demostrando que non hai saída a esta catástrofe social, na que as mulleres estamos a ser dobremente damnificadas, se non é fóra del.
Por iso, este 8 de Marzo, ten que recuperar a súa orixe, en defensa dos intereses das mulleres da clase traballadora. Non é posible manter os nosos dereitos neste sistema. Ningunha conquista é definitiva mentres siga existindo a explotación sobre a clase traballadora, que ademais recae con máis forza nos sectores oprimidos: mulleres, novas, inmigrantes,..., sobre os que o sistema capitalista impón a desigualdade, para dividirnos e debilitar a nosa loita común. Por iso os homes da clase traballadora teñen que sumarse tamén á loita contra a opresión das mulleres e en defensa da nosa emancipación, para golpear xuntos contra a opresión e a explotación capitalista.
A saída a esta crise non é outra que derrubar a estes gobernos e acabar con este réxime, nunha pelexa conxunta. Porque aínda que se convocasen outras eleccións, o goberno que entre como recambio do malparado Rajoy e PP, seguirá implantando as mesmas políticas ditadas pola Troika para rescatar a banqueiros/as e a empresarios/as, e non a traballadores/as e ao pobo.
A única solución é a saída obreira e popular a esta crise e para iso é necesario impulsar a unificación das protestas, de todos e todas as traballadoras en loita, coordinar os movementos populares, coordinadoras e organizacións mobilizadas para convocar unha Folga Xeral que consiga botarlles e que de paso ao verdadeiro programa de emerxencia que necesitamos para saír desde espolio á clase traballadora no seu conxunto.
Corrente Vermella chama á concentración polo mantemento do COF do Ventorrillo e o dereito a unha saúde sexual e reproductiva, o 8, no Obelisco ás 20h |