A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

14N FOLGA XERAL: UNIR OS TRABALLADORES/AS EUROPEOS
Abaixo os plans de recortes sociais da UE!
Non ao saqueo dos traballadores e o pobo !
Fora a Troika e os seus gobernos !
Esta débeda non é nosa !


O 14 de Novembro os traballadores/as de Portugal, Grecia, Italia e do Estado Español estaremos, por primeira vez na historia, ante unha folga xeral que abarcará varios países europeos. A unidade na loita e nas demandas dos traballadores/as europeos é unha necesidade imperiosa.
Mentres a UE e cada un dos gobernos actúan coas mesmas medidas e cun plan internacional ditado polas necesidades dos bancos, a unidade internacional da loita dos traballadores faise máis que necesaria para derrotalos.
En todos os países os plans de axuste deixan un saldo claro: a débeda pública aumentou, o déficit non diminúe, o desemprego disparouse e a crise segue profundándose. Pero a política dos gobernos segue sendo a mesma: facer que os traballadores/as paguemos a crise con recortes nos orzamentos e recortes nos salarios.
Esta folga levará a cabo cando os Parlamentos de Portugal, España e Grecia aprobarán orzamentos para o ano de 2013 que profundan de forma vergoñosa as esixencias da Comisión Europea (CE), o Banco Central Europeo (BCE) e o FMI, a chamada Troika: máis recortes na sanidade, educación, prestacións sociais, investimentos.... En Grecia ademais dun novo e brutal recorte de 13 mil millóns de euros no Orzamento, a Troika esixe unha nova reforma laboral que diminúa os custos dos despedimentos. En Italia os recortes no Orzamento tamén van acompañados de reformas que retiran conquistas históricas dos traballadores/as.
Todos os gobernos anuncian... máis do mesmo! A profundización da catástrofe social e económica resultado dunha política ao servizo dos banqueiros. E a continuidade da rapina dos nosos países para encher os petos dos bancos e fondos de investimento de Alemaña, Francia e Estados Unidos.
O Movemento Alternativa Socialista en Portugal, Corrente Vermella no Estado Español e o Partido de Alternativa Comunista, en Italia, seccións da Liga Internacional dos Traballadores (LIT), estaremos na liña de fronte na preparación da folga, ombreiro con ombreiro cos e as activistas do movemento sindical e da mocidade.
Á vez que alertamos a todos os activistas que debemos preparar a folga desde a base e facer votar nas asembleas e organismos, os obxectivos precisos da nosa loita así como a continuidade da mobilización a escala internacional.
As masivas mobilizacións do 15S en Portugal contra as medidas do goberno Pasos Coelho, déronse a pesar da CGTP. No Estado Español, as manifestacións multitudinarias do 19J, a folga xeral no País Vasco o pasado 26 de setembro, o 25S que cercou o Congreso e as incontables mobilizacións e folgas veñen reclamando unha e outra vez esa convocatoria. Só a negativa da burocracia sindical da CES -Central Europea de Sindicatos- postergou esta necesidade imperioso e no caso de Italia convocan unha folga soamente de 4 horas.
A unidade da clase traballadora en loita é a arma para derrotar a política da UE e dos gobernos dos banqueiros, pero para iso a Xornada Internacional de folgas e mobilizacións do 14N non pode parar aí. A votación dos Orzamentos da troika en Grecia, Portugal e no Estado Español esixe a continuidade da loita para impedir os recortes nos Orzamentos.

Necesitamos ter obxectivos claros para a Folga Xeral e un programa
A folga precisa ser o primeiro paso dun plan de loitas que teña continuidade até derrotar os plans de austeridade da Troika.
As manifestacións masivas ocorridas durante este mes de Setembro dixeron ao unísono ?Basta!?. E por primeira vez no transcorrer desta crise obrigaron a un goberno, o de Portugal, a recuar na medida que transfería directamente diñeiro da Seguridade Social para bancos e grandes empresas: unha importante vitoria da mobilización contra un goberno ao servizo dos banqueiros.
Por iso, nas asembleas, nas manifestacións e coordinacións de loita, debemos defender que a folga non sexa unha mera protesta. Deber ser moito máis que iso, unha arma poderosa nas mans dos traballadores/as e dos pobos. Desde os centros de traballo, de estudo e vivenda, debemos organizar unha forte folga xeral o 14N. Á vez que esiximos manter a unidade dos traballadores portugueses, gregos, italianos e do Estado Español tras o 14N, é necesario un Encontro Internacional que defina os próximos pasos da loita para varrer os recortes e revogar todas as medidas de ataques aos dereitos dos traballadores.
Desde abaixo, nas asembleas e mobilizacións debemos esixir unha pauta mínima de reivindicacións:
a) Fin dos recortes e derrogación das reformas laborais e as pensións
b) Contra o pago da Débeda aos banqueiros e auditoria pública da Débeda.


Recortar si... a austeridade!
É necesario un plan de rescate dos traballadores
Vivindo do sangue e suor de millóns de traballadores/as, os banqueiros e grandes empresarios alimentan as súas fortunas á conta dos salarios, e do orzamento público. E se todos os traballadores/as saben que foron gobernados por verdadeiros criminais, tamén deben saber que é criminal a débeda que alimenta o lucro de bancos crebados mentres millóns de traballadores son lanzados ao desemprego.
A loita contra o pago desta débeda que non é nosa e a derrogación de todas as leis que retiraron conquistas históricas dos traballadores, son as medidas fundamentais de rescate dos traballadores e o pobo.
Por iso o xa Basta! que se ouve nas rúas contra os recortes, debe agora estenderse aos gobernos dos banqueiros e da Troika. Fora os gobernos que rescatan aos banqueiros!
Un ínfimo puñado de capitalistas e banqueiros, menos do 1% da poboación, están a gobernar contra a maioría, espoliando aos traballadores e ao pobo e provocando un empobrecemento catastrófico en beneficio dos seus lucros astronómicos. Para aplicar un plan de rescate dos traballadores necesitamos a unidade dos traballadores e dos pobos de Europa dicindo Non á Unión europea do capital, en defensa dunha Europa Socialista dos Traballadores e dos Pobos.
É hora de construír organizacións que defendan sen vacilación que a crise quen debe pagala son os capitalistas e que os traballadores europeos debemos unirnos nunha loita contra a Europa do capital.
Neste proxecto estamos empeñados as seccións da LITci.
Viva a loita internacional dos traballadores/as!

Corrente Vermella (Corriente Roja, Estado Español)
www.corrienteroja.net/
Movimento Alternativa Socialista (MAS, Portugal)
www.mas.org.pt/
Partito di Alternativa Comunista (PdAC, Italia)
www.partitodialternativacomunista.org/

Secretariado Europeo da Liga Internacional dos Traballadores (LIT.CI)
www.litci.org
Comentarios (0) - Categoría: Internacional - Publicado o 10-11-2012 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0