A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Diante das eleccións do 21: A cinco anos da crise abondan as saídas parciais
A Xunta do PP vem de convocar eleccións anticipadas para o 21 de outubro co obxetivo obvio que non manifesto, de procurar un aval electoral ás políticas de recortes que leva facendo desde há três anos e médio, ademais de evitar entrar nunha situación á andaluza, cumha inestabilidade institucional que poda retrasar o ?ansiado? resgate da economia española. Aval mais que imprescindible, pois o PP, com Rajoy á cabeza, tivo e tem que enfrentar a mobilización constante de todos os sectores da sociedade, folgas xerais, mobilizacions dos mais diversos sectores sociais, mesmo alguns que son a sua base social.

O PP sabe que a aparición pola sua direita da opción Mario Conde, que comeza a facer boas migas com sectores do PP de Ourense, mais a desercion de Rafa Cuiña, o fillo do ?delfin de Fraga?, xuntandose con sectores escindidos do BNG, pon os seus votos caros. Nestas condicións, o adianto unido á medida antidemocrática que é o tope do 5% para acceder o Parlamento, fai que procuren a utilidade do voto PP.

Alen diso, as eleccións collen a contra pé á esquerda e a direita ?liberal? (o PSOE), quen atravesa umha profunda crise de identidade desde a perda das eleccións da que dificilmente vai sair. O BNG, por moito que diga, sae dumha ruptura que lle resta apoios de persoeiros importantes na política galega, e ainda que queira esquecelo, está na memória que foi parte da Xunta Bipartida que dilapidou as esperanzas de moitos galegos e galegas.

Esquerda Unida e os ?irmandiños? sumidos nuns debates sobre a necesidade de presentar umha ?alternativa de esquerdas? ó PP, non perceben que polo calado da crise non collen saídas electorais, de mundanzas nunhas institucións feitas o servizo do capital. A presenza de IU na Xunta de Andalucia e a aplicacion de políticas de recortes demonstra os limites dos proxectos electoralistas, nin tan siquer de propostas reformistas, parciais.

A crise econômica é o fondo dos problemas
As discusións que atravesan todas as forzas sociais e políticas teñen como fondo o feito de que a resolucion da crise esta nun nível, que desde as institucions actuais é imposible levar adiante dun xeito favorable á clase traballadora e o pobo.

Como enfrentar a corrupción no Estado Español, sem pór no centro a institución fundamental do reximen, a monarquía. Como enfrentar as privatizacións sem poner en cuestión todo o edificio neoliberal da Union Europea construido desde o Tratado de Maastricht. Como enfrentar as reformas laborais, sen poñer em cuestión as relacions sociais entre traballadores/as e a patronal, única beneficiaria desas reformas. Como defender os direitos da Muller a decidir sobre o seu corpo, sem acabar de raiz cós privilexios da Igrexa. Como enfrentar a ?recentralizacion? do Estado e a opresión nacional da Galiza sem exixir os seus direitos políticos. Como resolver o problema da debeda, sem rexeitar o seu pagamento, nacionalizar a banca e exixir responsabilidades aos que nos levaron a ista situación. Como enfrentar a suba do IVE, sem establecer umha reforma fiscal progresiva, onde pague quen mais tem.

A poboación traballadora tem que escoitar falar claro, política e ideoloxicamente. A direita, a extrema direita, desde o TDT Party ate os Marios Condes non teñen reparos de falar de ideoloxia, de política, non teñen nengun problema a dicer, como fai un dos seus voceiros, que ?non temos direito a nada?. Ou como dixo ha un tempo Adolfo Dominguez, ?quen tem diñeiro tem direitos?. Mais claro a auga. Mentras, na esquerda há medo de falar de solucions sociais e políticas globais, xerais.

O gran acerto do 15M foi que afirmou claramente que ?o problema non son as persoas, é o sistema?. O sistema chamase capitalismo e umha forza de esquerdas que sexa digna dese nome tem que dicer que o seu programa é un programa de loita global contra o capitalismo, para que a crise a pague o capital, e pola transformación socialista da sociedade.

Mais do mesmo ou solucións para a sociedade
Ao chegar a umhas eleccións a clase traballadora, os oprimidos exixen solucións claras, e se ninguen fala delas, abstense - beneficiando á direita ?conservadora?-. Nas condicións actuais coa crise que nos atinxe non podem ser ?tiritas? á gangrena que desde o capital e os seus gobernos estase a introducir na sociedade. Grandes males, exixen grandes remédios.

Umha Xunta de Esquerdas, dos traballadores/as e o pobo, como primeira medida a adoptar é a derrogación de todas as leis de guerra social adoptadas polo PPSOE. Desde a Reforma Laboral ate a xubilación aos 67 anos, desde as privatizacións na saúde ou a educación, ate a venda das Caixas de Aforro. É o primeiro paso para avanzar nunha saída obreira e popular á crise, e se isto enfrenta-lle co goberno central, que exerza o direito á autodeterminacion.

Umha Xunta dos Traballadores/as e o pobo non pode resolver totalmente umha situación que excede com moito as fronteiras galegas, mesmo españolas, que ubicase na Union Europea, nas suas institucións e nas suas políticas. Esa Xunta tem que ser a vangarda da loita contra esta Unión Europea que côas suas políticas aumenta a explotación da clase traballadora, e impide o desenvolvimento do pobo traballador galego com medidas como o veto para a construcción de buques civis em Fene, ou cumhas políticas agrárias e gandeiras ao servizo da indústria multinacional da transformación ou as grandes cadeas de distribución.

Para avanzar nesse camiño é imprescindible que as loitas dos traballadores e as traballadoras vaian da mán da loita pólos direitos políticos e sociais da poboacion traballadora galega. A loita contra os resgates e os recortes é posible a partir da unidade da clase traballadora do Estado Español e europea, unidade que só se pode conseguir a partir do recoñecemento do direito á autodeterminación da Galiza.

Desde os gobernos, a Unión Europea, a extrema direita e sectores da esquerda, queren introducir a division na clase traballadora e os pobos, côa intención de que os alemáns, holandeses, franceses, etc., vexan como responsabéis dos seus recortes aos do traballadores/as ?sul? ou ?periféricos?, que eles pagan a sua ?vagância? e os seus ?excesos?.

Hai que afirmar que é a Troika, a Union Europea e os gobernos os que estan a facer pagar a crise a toda a clase traballadora europea, sexa da nacion que sexa, com políticas de recortes, axustes e modificación de condicións laborais. Por isso, para CV a loita contra as medidas do goberno de Rajoy fai parte da loita contra a Unión Europea, a sua constitución o Tratado de Maastricht, e pólos Estados Unidos Socialistas de Europa.

Para CV a construcción dumha alternativa que enfrente as políticas neoliberais e de recortes do Goberno Rajoy e da Xunta non colle nas estreitas normas institucionais, tem que basearse na maior unidade da mobilización da clase traballadora e pobo; para elo, consideramos necesario avanzar na realización dun Encontro Estatal, Democrático e de Base, onde se debatan as medidas de loita ate derrubar o goberno de Rajoy.

Calquer perspectiva que reduza a resposta social aos canles institucionais é un fraco favor á loita da clase traballadora e o pobo.



Contra o goberno do PP e a Union Europea

Goberne quen goberne, derrogacion de todas as medidas de guerra social do PPSOE

Plan de loita votado em asembleas de empresa, barrio, centro estudo... incluída a Folga Xeral

Unidade da clase traballadora europea contra a Union Europea e a Troika

POLOS ESTADOS UNIDOS SOCIALISTAS DE EUROPA



04 de setembro do 2012
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 06-09-2012 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0