A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DECLARACION DA CORRENTE VERMELLA: FORA RAJOY
NON AS MEDIDAS DE RAJOY!
TRAS A MARCHA MINEIRA, É NECESÁRIA OUTRA FOLGA XERAL XA!


A xornada do 11 de xullo concentrou en Madrid dous feitos fundamentais que marcan a lume a situación política e colócannos nunha nova conxuntura. O primeiro é a Marcha Negra mineira, que culminaba, cun apoio social impresionante, en manifestacións multitudinarias que gritaban “Madrid obreiro apoia aos mineiros” e enfrontáronse a unha dura represión policial. O outro feito era o discurso de Rajoy, o lacaio da Merkel, da UE e do FMI, anunciando no Congreso dos Deputados un novo e brutal plan de axuste (65.000 millóns de euros en dous anos), fixado pola UE a cambio de salvar á banca española (ou mellor dito, de salvar aos seus acredores, os bancos alemáns, franceses e outros).

Un plan de axuste salvaxe e un país intervido a prol da banca
Mentres os mineiros e o pobo traballador de Madrid manifestábanse, Rajoy anunciaba as novas e salvaxes medidas de guerra social, o maior plan de axuste coñecido até a data: subida xeneralizada do IVE e outros impostos indirectos, eliminación da paga de Nadal e outras agresións aos salarios e ao emprego público, recortes da prestación e do subsidio de desemprego, outro machadazo á lei de dependencia, novo axuste ás Comunidades Autónomas, rebaixa das cotizacións patronais á Seguridade Social...
As medidas de Rajoy foron ditadas pola UE e correspóndense cun estado intervido, aínda que non sexa formalmente pola Troika (a UE, o BCE e o FMI), que convertería aos ministros en meros recadeiros. Pero a toma de control do sistema bancario español por parte do BCE (ou, o que vén ser o mesmo, o Bundesbank alemán) e as medidas de axuste de Rajoy, en nada se diferencian das medidas que a Troika foi impondo en Portugal ou en Grecia estes dous últimos anos. En verdade, para os traballadores e o pobo non hai diferenza entre unha intervención ou outra da Troika.
As medidas son a contrapartida ao rescate bancario e teñen como obxectivo asegurar que a banca europea cobre as súas débedas da banca española e que tanto os banqueiros europeos como españois cobren do Estado a Débeda pública que teñen nas súas carteiras e da que eles son os principais responsables. O pago desta Débeda pública ilexítima foi convertido polo PP e o PSOE en “prioridade absoluta” na reforma exprés da Constitución do verán pasado.

Metéronnos nunha espiral á grega
Todo o mundo sabe que as medidas aprobadas, co estado en plena recesión, vai significar un gravísimo retroceso da economía, que vai levar aos 6 millóns de parados en poucos meses, que fan inviable o reducir o déficit e que van aumentar aínda máis unha Débeda imposible de pagar.
Os “mercados” (ou sexa, os grandes bancos e fondos especulativos, e o propio BCE, alentado polo goberno alemán) xa deixaron claro, aos dous días do anuncio de Rajoy, que non van afrouxar na “curmá de risco” e que non se conforman. O presidente do Bundesbank (o banco central alemán) tampouco necesitou máis tempo para chamar publicamente ao goberno español a pedir a intervención formal da economía española e a entregar, para todos os efectos, o mando á Troika.
Rajoy quere atrasar este escenario á nosa conta e ten practicamente preparada a seguinte volta de porca, brutal, que consistirá nun tallo salvaxe ás pensións e ao seguro de desemprego, e mesmo na redución dunha semana as vacacións anuais (unha especie de “agasallo persoal” a Merkel).
Este é o destino que nos preparan: un retroceso de 50 anos en dereitos e nivel de vida, o empobrecimiento xeral, a miseria para millóns e a conversión do estado español nunha especie de semicolonia de novo cuño. Un destino do que son cómplices necesarios -e beneficiarios- a gran banca e a gran empresa española e o seu goberno, que só aspiran a que lles deixen continuar rapiñando aquí e en Latinoamérica.

Un goberno monicreque, desacreditado e illado. Fóra Rajoy e a Troika
O tremendo apoio popular aos mineiros contribuíu a minar aínda máis a perda de credibilidade de Rajoy e a afundir a súa lexitimidade só 6 meses de asumir o cargo. Provocou mesmo crise no propio PP entre os seus representantes nas comarcas mineiras. As novas medidas de choque xéranlle enfrontamentos na súa cúpula, entre o goberno central e os gobernos autonómicos que controla. Todo iso, polo demais, non é senón reflexo de como se rompe a base social de pequenos e medianos empresarios e autónomos que lle deron apoio electoral e que agora ven condenados á ruína.
O apoio vergoñento de personaxes como Duran i Lleida, en nome da dereita catalá de CiU, lonxe de reforzar ao Goberno, debilita á Generalitat dun Artur Mas que se vangloria de seren o alumno avantaxado de Merkel e o campión dos recortes.
Tampouco fortalece a Rajoy a complicidade vergoñenta de Rubalcaba en nome do PSOE, que chama a unha “oposición responsable” e pide a Rajoy un “pacto de unidade nacional” para aplicar as medidas ditadas pola UE. Esta actitude do PSOE desacredítao aínda máis ante o pobo traballador e deixa en evidencia a un partido amigo dos banqueiros, parte orgánica deste réxime corrompido e corresponsable da actual situación.

Xa Basta! Fora Rajoy e a Troika!
Tras a Marcha Negra, Organizar a Folga Xeral! Unir mineiros, empregados públicos e todas as loitas, xa!
A heroica loita mineira, cos mineiros e as súas mulleres á fronte, coa folga indefinida, cos peches nos pozos, coa resistencia nas concas, coa Marcha Negra e o seu impresionante recibimento en Madrid, converteuse en exemplo e referencia central da clase traballadora de todo o Estado, ao berro “a loita do mineiro, orgullo do obreiro”.
A Marcha Negra avivou a indignación popular diante dun goberno que non vacila en condenar á morte a comarcas enteiras para contentar á UE e favorecer o negocio das grandes empresas eléctricas, dominadas pola banca e os fondos de investimento estranxeiros. O goberno, incumprindo o pacto asinado, recortou a subvención ao carbón en 200 millóns, mentres regala unha cantidade superior ás construtoras das autoestradas radiais de Madrid para que non perdan diñeiro. Ou mentres enterra, só en Bankia, 23.500 millóns para “socializar” as perdas. “Non falta diñeiro, sobran ladróns!”
O fito da Marcha Negra e a resposta ás brutais medidas do Goberno esíxenos dar un novo paso adiante: mantendo viva a solidariedade cos mineiros e rodeando de solidariedade todas as loitas, en especial a dos empregados públicos, salvaxemente atacados polo Goberno, hai que traballar con decisión para organizar unha próxima folga xeral que nos permita responder xuntos, desde os pozos mineiros, os establecementos públicos, as fábricas, as universidades e institutos, as barriadas e os pobos, aos plans de guerra social do Goberno e da Troika.
Hai que manter viva a solidariedade cos mineiros para esixir o inmediato sobresemento de todos os cargos ás decenas de mineiros que foron detidos estas semanas e están baixo proceso xudicial, para que o Goberno cumpra o asinado e para dar unha saída duradeira e estable que garanta o futuro, mediante a nacionalización de toda a minería do carbón baixo control dos traballadores.

Hai que unificar as loitas en curso

Hai que esixir a todos os sindicatos, e en primeiro lugar aos que teñen maior responsabilidade, CCOO-UXT, que se poñan á tarefa de organizar unitariamente a folga xeral para derrotar Rajoy. Hai que dicir a Toxo e Méndez que non poden manter esa política miserable de contemporización co Goberno e de illamento das loitas entre si.
Unha folga xeral que non pode ser unha mera folga de protesta sen continuidade e que debe estar controlada democraticamente pola base, en asembleas xerais que decidan as reivindicacións, a súa duración e o curso da loita. Unha folga xeral que inclúa entre as súas esixencias as reivindicacións mineiras, o freo á represión policial, a retirada dos ataques aos empregados públicos e aos parados e de todo o paquetazo de Rajoy, a derrogación da reforma laboral e das pensións, nin un euro á banca, a suspensión inmediata do pago da débeda pública aos banqueiros e especuladores, fóra o goberno Rajoy e a troika.
Pero mentres esiximos non debemos quedarnos paralizados. Pola contra, hai que ir levantando paralelamente à alternativa á burocracia sindical de CCOO-UXT, como nos ensinaron os compañeiros de HQPLP de Madrid, ao participar unitariamente de todas as manifestacións convocadas para recibir aos mineiros e ao mesmo tempo organizar en fronte único con moitas asembleas de 15M e centros sociais ocupados unha manifestación que reuniu 25 mil acodes, onde se puido ouvir a voz dos mineiros e non soamente da burocracia sindical, avanzando na construción dunha fronte única entre os que queren loitar e derrotar a este goberno e os seus plans de guerra social contra nós.
Hai que traballar para conformar nas manifestacións do 19 de Xullo un bloque alternativo de clase á burocracia de CCOO-UXT.
É fundamental unha fronte única entre todo sindicalismo Alternativo e tamén os Movementos Sociais que poida ser unha alternativa á burocracia sindical para unificar as loitas de verdade, con democracia e determinación, para poder vencer e derrotar o goberno.

Necesitamos romper coa UE do capital e dun plan de Rescate dos traballadores
O camiño para derrotar ao Goberno é o da loita e o de expor un plan de Rescate dos traballadores e o pobo. Por iso non estamos de acordo con EU, que subordina a súa resposta á burocracia de CCOO-UXT e que non tivo escrúpulos en aliarse co PSOE no goberno andaluz para aplicar “por imperativo legal” os plans de Rajoy contra o pobo traballador. A sua gran “esperanza” fronte a Rajoy é que o PP perda as próximas eleccións. Pero as eleccións non só quedan demasiado lonxe, senón que o seu soño dun máis que improbable goberno PSOE-EU tampouco arranxaría nada, porque xamais rompería coa Troika e, como agora en Andalucía, non tería máis opción que continuar cos plans de empobrecimiento do pobo.
En realidade, non hai ningunha saída para a clase traballadora dentro do euro e da UE. Fan umha chantaxe dicindo que fora do euro espéranos o inferno. Pero cada día que permanecemos no euro os sufrimentos acrecéntanse, nunha espiral sen fin que nos leva á catástrofe. Por iso, canto antes vaiámonos, mellor. Só fora do euro e da UE dos banqueiros, imos construír unha sociedade sobre bases novas e loitar cos nosos irmáns europeos para levantar unha Europa dos Traballadores e os Pobos.

Comité Executivo de CORRENTE VERMELLA
15-07-2012
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 16-07-2012 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal