A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O 22 todas/as á rúa: Fora os ataques á educación pública!
Por CR mocidade
O Goberno de Rajoy volveu a demostrar que é o goberno dos banqueiros, a que está disposto a todo por salvar os seus negocios millonarios e rescatalos co noso diñeiro cando sexa necesario. O caso de Bankia é a mellor imaxe: tras un recorte nos orzamentos xerais de 27.000 millóns e outro máis de 10.000 millóns a educación e sanidade en nome de pagar a débeda pública, non ten problema algún en darlle 10.000 millóns máis (á parte dos 33.000 millóns anteriores) a Bankia, aumentando a débeda pública.
Para a educación pública, estes recortes significan un ataque sen precedente, un avance salvaxe no desmantelamento do ensino público. Tal ataque necesita dunha resposta contundente, por iso é polo que o 22 de Maio convocouse unha xornada histórica: unha folga estatal de todo o sistema educativo.
Ensino non universitario: máis alumnos para menos profesores
Os recortes traen un drástico empeoramento do ensino. Aumentan até un 20% o número de alumnos por clase, mentres que as baixas de profesores de até 10 días non serán cubertas por interinos e ao profesorado auméntaselle o número de horas lectivas (a un mínimo de 20-25h). É dicir, cada vez haberá máis alumnos para menos profesores, precarizando o traballo dos docentes, aumentando o desemprego entre as súas filas e empeorando o ensino dos estudantes.
Ademais os centros xa non estarán obrigados a ofertar polo menos dous bacharelatos, polo que aumenta a dificultade para os estudantes ao haber menos centros, así como redúcese a oferta da FP e abandónase o financiamento público ás gardarías, o que dificulta aínda máis o compaxinar familia e traballo.
Ensino universitario: subida de taxas e menos bolsas, cara a unha maior elitización
O aumento de taxas, previsto na EU2015 pero adiantado polos recortes, significa o duplicar ou triplicar o que se pagaba o curso pasado, expondo incluso a liberalización de prezos para alumnos extracomunitarios. Este tasazo xunto ao recorte e endurecemento das bolsas (menos de 166 millóns de euros e a obrigatoriedade de aprobar entre o 85-100% dos créditos segundo a carreira), traen á universidade un grao de elitización até agora descoñecido, e a ?expulsión? dun gran número de estudantes que incapaces de custearse os estudos e sen bolsa, veranse obrigados a abandonar a universidade. Ademais, o recorte dos orzamentos xerais (un 62.5% para universidade) ameaza directamente a viabilidade de numerosas universidades e titulacións, mantén a onda de despedimentos nas mesmas, profunda a precarización do PDI e PAS e as privatizacións de servizos que estas ofertan.
Só hai un camiño: plan de loita de todos os sectores contra os plans de axuste
A folga educativa do 22 de Maio é o primeiro paso para frear a este Goberno. A unidade de todo o sector educativo, construír un movemento democrático, combativo capaz de unificar con outros sectores a loita é o camiño. Só a mobilización pode derrotalos e impor unha saída obreira e popular á crise, facendo que todos os fondos que se dedican ao rescate millonario dos bancos e ao pago dunha débeda pública ilexítima, destínense a un plan de rescate dos traballadores e o pobo, que é o único plan de rescate que necesitamos para ter educación e sanidade públicas, ter traballo e vivenda.
Fora os plans de axuste e a EU2015!
Plan de loita e continuidade até botar abaixo os plans!
Suspensión inmediata do pago da débeda pública e auditoría!
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 19-05-2012 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0