A crise econômica que esta a levar por diante o Estado do Bem Estar, tamen bate sobre os direitos políticos e culturais da poboacion. As políticas de axuste e recortes, como non podia ser menos afectan ao que o PP sempre considerou absolutamente prescindible, a normalizacion do galego.
O PP, herdeiro directo do franquismo, considera un atraso o idioma que daquela dician falaban os da aldeã; e inventaronse que o galego é um idioma imposto pólos nacionalistas. ¡Como se na Galiza de sempre falarase español ate que nos últimos anos impuxeron o galego! Se desde os anos 70 ate o de agora, baixo o chamado ?bilingüismo harmônico? de Fraga, a poboacion falante do galego retrocedeu do 70 ao 50% actual, qué idioma é o que se impon?.
A Xunta do PP coa suas medidas lexislativas e administrativas como a disolucion das equipas de normalizacion ou a derogacion da obriga do 50% nas clases em galego, procura reducir o uso do galego á vida familiar, como se fosemos ?imigrantes na nosa terra?. Cando un sae a outro pais, na actividade publica, xudicial, econômica ou social usa o idioma dese pais, e na sua vida familiar fala na sua própria. Na Galiza a realidade é o invés, o español é idioma dominante, e o galego o familiar, como se fose un estranxeiro.
Neste cadro, co desmantelamento dos poucos avances dados polo Bipartido como os mencionados, a Xunta do PP quere romper a continuidade xeracional, afastando o seu uso da xuventude, sendo conscente de que isto é a morte do idioma. O galego no morre de morte natural, senon asesenado, é un verdadeiro linguicidio.
É umha politica conscente dos mesmos que privatizan os servizos publcios, aproban reformas laborais e recortan direitos, e entre eles restrinxindo o uso e aprendizase do idioma, a servizo dos mesmos obxectivos, o diñeiro que aforran nas campañas de normalizacion van, como todos os recortes a resgatar bancos, pagar a debeda ou incrementar os benefícios empresariais.
A ?recentralizacion? do Estado, mesmo ameazando a existência das CC AA, vai da man da centralizacion e acumulacion do capital expresase no caso galego, por exemplo, na prohibicion da Union Europea e o goberno central de construccion de buques civis em Ferrol, ao servizo dos estaleiros europeos, ou no desmantelamento das caixas de aforro para a sua venda o capital español (BSCH). O idioma que queren impor é no que se fan os negócios no Estado Español, o castelan.
A vella estrucutra centralista do Estado Español reservou, e reserva á poboacion tralladora galega á emigracion constante e a exportacion de matérias primas para as multinacionais (os eólicas em mans alleas, o leite, a produccion electrica, etc.). Alem mais, agora cando fan obras faraônicas como AVE, que conectaran a Galiza com Madrid em menos tempo que entre as cidades e as vilas galega onde non existe umha rede de trens de proximidades, o único que pretenden e fortalecer esta relacion de dependência.
Por todo isto, o galego como idioma non lles interesa para nada, e a sua desaparicion é parte desta condena á emigracion sistemática. Para avanzar no camiño da sua normalizacion como a lingoa de todos os galegos, é preciso ligala á loita pólos direitos políticos, e no concreto á conquista do direito á autodeterminacion..
A poboacion traballadora, as suas formas de organizacion como os sindicatos, os movimentos sociais e o 15M teñen que ?indignarse? diante da profunda inxustiza que é impedir que un pobo fale o seu próprio idioma. A defensa a expresarnos no idioma orixinario da Galiza tem que xerar a mesma indignacion que o desmantelamento de todos os direitos sociais e individuais, pois é un deles.
Acude á manifestacion o 17 de maio, convocada pola Plataforma Queremos Galego, ás 12, na Alameda de Compostela. |