A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
LUMES NUNCA MAIS |
|
Contra a incompetência. Contra a impunidade
Os lumes desatados nas Fragas do Eume, ultimo bosque atlântico de Europa, son un capitulo máis desa politica que mistura a incompetência e o desprezo pola riqueza do patrimônio natural e cultural galego que destila a Xunta do PP.
Hai dez anos o actual presidente da Xunta, Feijoo, facia parte dun goberno no que estaba o hoxe presidente do goberno Central, o ?señor de los hilillos? de plastilina, que cóa sua incompetência convertiron un accidente no mar nun atentado á riqueza pesqueira galega. Agora os mesmos protagonistas estan trás transformacion dun feito natural ?a seca- nun desastre para a natureza, e por extension, para a sociedade que son os lumes das Fragas do Eume.
Os lumes na Galiza son históricos e recurrentes, mas as políticas o servizo das multinacionais da madeira - galegas ou non galegas-, que levaron o monocultivo do chamado ?ouro verde?, o eucalipto, da especulacion co chan, agora freado pola crise econômica, e agora cos intereses mineiros que ameazan a zona do Eume, convirten un feito normal e ate certo punto natural, nun plaga constante.
Por moito que Feijoo diga, o problema non son os incendiários tolos, como se os galegos fosemos um pobo que cada veran sae os montes a queimalos, senon os interesse que agochanse trás eses incendiários. Desmontar as tramas que realmente interesalles a queima do monte é a tarefa, tramas moi imbricadas co partido actualmente no goberno.
Na vaga de lumes do 2007, trás a suba do Bipartido á Xunta, o PP encheuse a boca berrando contra eles, chamandolles incompetentes. Todo o mundo puído comprobar que os incêndios non foron froito duns tolos, senon dun plan preciso, com tácticas ?guerrilleiras? para desgastar a Xunta Bipartida.
O tremendo erro deles foi o non actuar com firmeza contra as tramas municipais que boicotearon, negando motobombas e acordos coa Xunta, a loita contra o lume. Non fixeron o que tiñan que facer, e o final fixeron un troco cosmético e algumha medida preventiva, como a limpeza o longo do ano dos montes.
Mas, o problema seguia vivo, e sem tocar. Os interesses econômicos que estan trás os incêndios, antes e despois do Bipartido, ficaron intactos: a loxica depredadora da natureza por parte das empresas e as multinacionais, non foi tocado, e mentras isto no se toque, o risco de atentados deste tipo seguiran ameazando.
Nestas condicions a chegada do PP á Xunta, e baixo a brutal politica de recortes nos gastos sociais, foi devastadora mesmo para os mínimos trocos introducidos pola Xunta Bipartida. Desmontou calquer atisbo de medida preventiva como a limpeza do monte, desarticulou as brigadas do SEAGA, non preparou ningumha medida diante dunha seca como a que estamos a sufrir.
Galiza vive as consecuencias de políticas econômicas feitas o servizo directo dos interesse do capital, nativo ou alleo, que non teñen nada que ver coa sua realidade, que a Xunta do PP véu a profundizar.
Na atual crise na Union Europea e no Estado Español, co PP á cabeza, reservase para Galiza un papel subsidiário. O futuro que teñen escrito para o pobo traballador galego basease nos dous eidos ?tradicionais?, a emigracion e a extraccion de matérias primas.
Neste futuro non collen nin Fragas do Eume, nin postos de traballo dignos, para eso esta a Reforma Laboral, nin servizos públicos e sociais de calidade. Esta é a realidade dumha politica de recortes que deixa o pobo galego sem riquezas naturais, sem servizos e sem traballo.
O Sr Feijoo, o ?señor dos hilillos? Rajoy son umha peste para Galiza, para o seu pobo traballador. Ate cando imos soportar a semellantes persoaxes. Non abondan os seus insultos constantes á intelixencia dos galegos e as galegas, para que comezemos a berrar de novo: LUMES NUNCA MÁIS, Fora a Xunta do PP, por incompetente e antigalega.
Trás a importante folga xeral do 29M contra a Reforma Laboral, agora toca sair á rua em defensa da riqueza natural e cultural da Galiza.
ACUDE ÁS CONCENTRACIÓNS
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|