A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

0 29 M, FOLGA XERAL
Umha Folga Xeral contra a Reforma e os Recortes
Un Plan para enfrentar o goberno do PP


O PP chegou o goberno para rematar o traballo comezado polo PSOE, integrar o Estado Español nos novos plans da Union Europea, baixo as directrices de Merkel e Sarkozi, com umhas políticas semellantas ás aplicadas em Grecia, Irlanda, Italia ou Portugal.
?Austeridade? no gasto publico para avanzar nas privatizacions dos servizos públicos, ?recortes? nos servizos sociais e pensions para pagar a debeda aos bancos e ?reforma? de todas as relacions laborais para mellorar os benefícios empresariais. Todas estas medidas procuran trasvasar as rendas do traballo ás rendas do capital, enriquecendo aos de sempre, banqueiros e empresários.
Coa Reforma Laboral o PP abre un camiño moito mais profundo, pois a sua aplicacion leva a un retroceso de cen anos para os 17 millons de asalariados/as do Estado Español, o liquidar a conquista básica da clase traballadora, o direito á defensa colectiva dos seus direitos. Com ela, os traballadores/as fican indefensos ante o poder do empresário.
Como xa declarou Rajoy, que frente a aplicacion destas medidas non lle importa manter ?a paz social?, xa preparan un novo ataque co aval da Union Europea, os Orzamentos Estatais. É a declaracion de ?guerra social total? contra a clase traballadora e o pobo.
Por todo elo, estas politica son innegociables, a única alternativa posible é coa mobilización frear en seco o PP, impondo a derrogacion da Reforma Laboral e o reparto do traballo sen reducción salarial, a prohibición por lei de calquer privatización de servizos públicos, o non pago da debeda, a expropiación e nacionalización da banca, etc.
A mobilización sirve,? se ten continuidade e obxectivos claros. A sucesión de ataques coordinados desde Bruxelas, e aplicados en todos os estados europeos, impoen a elaboración dun Plan Unificado de Loitas votado en Asembleas de Centro de Traballo, Estudo e Barrios que de continuidade á folga do 29, e avance cara a unidade da clase traballadora, coa convocatoria de dunha Folga Xeral Europea
O obxectivo desta mobilización sostida no tempo non pode ser outra que botar abaixo os planes da Union Europea de empobrecimento social, de destrucción de conquistas laborais e desmantelamento do Estado do Bem estar, no beneficio dos bancos e as grandes empresas, que de conxunto aplicanse em todos os estados europeos.
Mas a profundidade da crisis do sistema capitalista, incapaz mesmo com estas medidas de ?guerra social? de sair dela - ameazan xa com outra recesion-, pon á clase traballadora e os pobos na obriga de levantar unha alternativa social ao empobrecimento que significa a pervivencia do capitalismo.
O seu fracaso é un feito trás 5 anos de crise, porque o capitalismo é sinônimo de crise. O Mercado é o seu deus, que tem o seu servizo as vidas da poboacion, pola contra a alternativa social, o socialismo, é romper côas leis do mercado e significa racionalizar, planificar o desenvolvimento o servizo das necesidades democraticamente decididas pola sociedade, non pola cobiza dumha minoria.
Esto é o que significa socialismo, mas non van regalar nada nin van renunciar os seus privilexios sem que a mobilizacion social o impoña. A Folga Xeral do 29 M, como a do 22 en Portugal, as gregas e as mais que previsibles no resto de Europea non podem ficar em fogos de artificios, sino teñen que ser o comezo desa mobilizacion social, sostida no tempo, que derrote o capital e os seus gobernos.
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 26-03-2012 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0