A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS DIREITOS QUE NON SE DEFENDEN DIA A DIA PERDÉNSE
O que parecía o ministro de ?centro? no goberno do PP ponse á ?vangarda? nos recortes dos dereitos das mulleres; á privatización das vodas e os divorcios -ante notario, previo pago-, súmalle o control ao dereito das mulleres novas a dispor do seu propio corpo. Pero Gallardón non é máis que a punta de lanza dun ataque máis profundo das políticas do Goberno de Rajoy.

Se partindo do nivel que partimos, onde as mulleres traballadoras teñen inferiores salarios e peores condicións xerais, con dobre carga de traballo, como afectará a nova contra reforma laboral, as privatizacións dos servizos públicos,... aos seus dereitos.

A política do PP, cunha carga ideolóxica claramente reaccionaria en defensa da familia patriarcal, ataca ás mulleres traballadoras en todos seus frentes, e en concreto ás mulleres inmigrantes, que son as máis vulnerables aos efectos dos plans de austeridade, pois son victimas dunha política xenófoba e racista.

Retroceso nos dereitos da muller

A contra reforma da Lei Orgánica, de Saúde Sexual e Reprodutiva e de Interrupción Voluntaria do Embarazo que pretende levar a cabo o ministro Gallardon, suporá eliminar as 14 semanas, período no que as mulleres podían interromper o seu embarazo sen alegar causa algunha, e volver ao texto de 1985, pero reformulando o terceiro suposto para proteger ao non nacido-grave perigo para a saúde física ou psíquica da nai-; doutra banda, non se permitirá ás mozas de 16 e 17 anos que poidan interromper o embarazo sen autorización paterna.

A obxección de conciencia do persoal sanitario ha provocado unha implantación desigual da lei, hai CC AA onde non existen clínicas que realizan IVE(Interrupción Voluntaria do Embarazo); hai outros casos, como Madrid, Castela-A Mancha, Araron, Galicia, Murcia e País Valencia, que acumulan falta de pagamentos ás clínicas privadas por parte dos seus gobernos por un importe de case 5 millóns de euros.

O dereito á IVE retrocederá vinte anos, deixará de ser universal e gratuíta, o que unido aos prezos dos anticonceptivos e o control sobre a ?pílula do día despois?, suporá un aumento dos embarazos non desexados e na practíca a volta aos abortos clandestinos, co que isto leva.

Este retroceso no dereito ao aborto únese á eliminación da educación afectivo sexual nos curriculums do ensino primario e secundario, o acceso a métodos anticonceptivos, á formación con perspectiva de xero e accións formativas de sensibilización dirixidas principalmente á mocidade e colectivos con necesidades especiais. Con estas ?receitas? fan caso á Igrexa, a muller non ten sexualidade e só esta para a procreación. Non retrocedemos anos, senón séculos.

Perdida de dereitos sociais e privatizacións

Rajoy xunto ao seu equipo de goberno expón que hai que ser ?valente? á hora de tomar medidas económicas para reducir a débeda e o déficit público. Todo iso á conta da eliminación ou empeoramento da Sanidade, a Educación, os Servizos Sociais, etc. Para aplicar estas medidas, ten a escusa perfecta, estamos en crise e hai que recortar gastos, naqueles servizos que son ?gratuítos?.

Pero o verdadeiro obxectivo destes recortes é claramente económico, privatizar o privatizable e rendible, introducir empresas que substitúan ao Estado e as CC AA na súa obrigación da prestación destes servizos que xa pagamos a maioría da poboación traballadora cos nosos impostos. Desta forma os ricos poderán permitirse estes servizos e a clase traballadora perderá estes dereitos que tanto custo conquistar, ademais de seguir pagando impostos á conta de nada.

A crise esta cumprindo un papel desde os seus inicios importante, reforzando as ideoloxías que conducen ao sometemento das maiorías da poboación, e que justifican os recortes porque son necesarios, porque non sabemos ?utilizalos? e non poden dar perdidas. Para conseguir todo isto, teñen que reforzar o papel da familia patriarcal onde a muller ocupa a situación de coidadora e reprodutora. Desta maneira o Estado e as CCAA afórranse millóns de euros cos traballos que gratuitamente realizan as mulleres e as familias no seu conxunto.

De volta ao fogar

A destrución de postos de traballo sistemática no Estado Español ten dous aspectos, un especifico, como muller traballadora, para garantir unha ?reserva? de traballos gratuítos que permita o desenvolvemento de toda a política de privatizacións, dúas, máis xeral, para impor a aceptación da perda de salario e destruír os dereitos do conxunto da clase traballadora.

O aumento do paro ten, por iso, un efecto devastador sobre os dereitos das mulleres, pois supón impolas un claro retroceso na súa autonomía, devolvéndoas á dependencia económica e a volta ao fogar.

Por isto, as contra reformas laborais, que só aumentan a precarización, os pactos de contención salarial, a aceptación sen rechistar de EREs e os despedimentos colectivos, e toda a política de conciliación que levan adiante as direccións sindicais de CCOO e UXT, afectan dunha maneira moi especial ás mulleres traballadoras.

Defendamos os nosos dereitos

As políticas do PP teñen que ser rexeitadas rotundamente, na rúa e en todos os foros, porque o seu obxectivo é a destrución dos dereitos laborais, as privatizacións dos servizos públicos e impor ás mulleres a volta a épocas pasadas onde a seu entorno era o fogar.

Este 8 de marzo prodúcese a un ano da irrupción das revolucións árabes, e en concreto, hai que sinalar ás mulleres exipcias, que por millóns saíron á rúa en loita pola democracia, pondo en cuestión unha sociedade profundamente machista.

Non só foi no mundo árabe, senón noutros lugares do mundo, desde a EE UU até Europa, as mulleres saíron á loita en defensa dos seus dereitos e contra as consecuencias de que a crise do capitalismo a pague a clase traballadora.

Nun momento de profundo cambio político e social, temos que reconstruír un movemento clasista de mulleres, onde se defenda o dereito a decidir sobre o noso corpo, unha coeducacion laica, publica e gratuíta; onde a sanidade non sexa un privilexio para os ricos, senón universal e con perspectiva de xénero, que incorpore os dereitos das traballadoras inmigrantes ao seu programa.

Un movemento que teña como punto de partida a muller traballadora para loitar porque a igualdade non só sexa formal, senón real
Comentarios (0) - Categoría: Muller - Publicado o 16-02-2012 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0