Por Corrente Vermella
Cando a memoria e a loita contra a impunidade do franquismo e os seus continuadores segue estando no centro do escenario político, queremos desde estas páxinas lembrar e render tributo á nosa compañeira Yolanda Gonzalez, cando se cumpren 32 anos do seu asasinato.
Iolanda na lembranza
Iolanda nasceu en Bilbao, o 18 de Xaneiro de 1961. Cando foi asasinada acababa de cumprir 19 anos. Era filla de Lida e Eugenio, unha familia obreira, Eugenio era un traballador metalúrxico. Corrían os anos da transicion e Iolanda comezou de moi nova a súa actividade politica como militante das Mocidades Socialistas en Euskadi. Formou parte do sector que rompeu co PSOE e durante un breve período militou na LCR. En outubro de 1979 Iolanda formou parte do grupo que constituíu o Partido Socialista dos Traballadores (PST). Veu desde Euskadi a vivir a Madrid e loxicamente tiña que traballar para manterse. Iolanda traballaba como empregada do fogar mentres estudaba no Centro de Formacion Profesional de Vallecas. Era delegada da Coordinadora Estudantil de Madrid, sendo unha das máis destacadas dirixentes das mobilizacións de decembro de 1979 e xaneiro de 1980.
Cronoloxía do asasinato de Iolanda polos fascistas:
17 de novembro de 1979
Asembleas en 20 institutos de Madrid para apoiar a folga de profesores, discutir o Estatuto de Centros e elixir Coordinadora. Cinco días despues, hai xornada de loita estatal contra o Estatuto de Centros Docentes convocada polas Federacións de ensenanza de CCOO, USO, UCSTE.
1 ao 13 de decembro de 1979
O dia 1, a Coordinadora, que agrupaba a representantes electos de máis de 45 centros e da que era membro Iolanda, convoca á folga para os dias 5, 6 e 7 de decembro. Na primeira xornada mais de 80.000 estudantes e de 43 centros súmanse ao "paro activo". O 13 realízase unha manifestacion de mais de 100.000 estudantes contra a Lei de Autonomia Universitaria, o Estatuto de Centros Docentes e as medidas educativas do Goberno da Union de Centro Democratico que presidia Adolfo Suarez. Á tarde faise outra manifestacion na que confluian os estudantes cos obreiros que convocados por CCOO manifestábanse contra o Estatuto dos Traballadores, intervén a policia e son asasinados dous estudantes, Jose Luís Montanes Gil e Emilio Martinez. As manifestacións repítense o dia 31 de xaneiro.
1 de febreiro de 1980
As dez e media da noite, Iolanda Gonzalez é vista por ultima vez en Madrid tras unha reunion do PST.
2 de febreiro de 1980
Os compañeiros de piso de Iolanda chegan a casa pasada a media noite e atopan as luces acesas e as habitacións revoltas coma se fosen obxecto dun rexistro rápido. Tras unha infrutuosa busqueda de Iolanda por Hospitais, Direccion Xeral de Seguridade e comisarias deciden pór unha denuncia policial. Ás 8 da manana un veciño de San Martin de Valdeiglesias informa á Garda Civil que no kilometro 3 atópase un cadaver tirado na cuneta.
3 ao 5 de febreiro de 1980
Mentres chegan as condolencias de estudantes, organizacións de esquerda, sindicatos e prodúcense manifestacións multitudinarias de estudantes repudiando o asasinato de Iolanda, no Instituto onde estudaba vélanse os seus restos. O 5 de febreiro son os funerais e miles de jovenes acompañaron a Iolanda mentres á porta do Instituto cantábase a Internacional. Seguidamente falo Alfonso Araque, da Coordinadora de Estudantes: "Ao fascismo non se lle discute, combáteselle".
11 ao 21 de febreiro de 1980
É detido Emilio Hellín, propietario dunha Escola de electrónica na que se atoparon armas e explosivos asi como receptores de emisoras da policia e a garda civil. Xunto a Hellin é detido Ignacio Abad. Ambos teñen carnés acreditados de militantes da organización fascista Forza Nova. Hellín declara que o comunicado do Batallón Vasco Espanol foille ditado por Martinez Louza, ex garda civil, Xefe de Seguridade de Forza Nova e brazo dereito de Blas Piñar. Ponse ao descuberto o vinculo directo dos asasinos con Forza Nova. O dia 21 revélase a identidade doutros cómplices do asasinato como o irmán de Hellín, Juan Jose, membro da Garda Civil e o policia nacional Juan Rodas Crespo.
2 de marzo de 1980
Esclarécense os feitos do asasinato de Iolanda. O dia 1 de febreiro, Martinez Louza dá a orde de "Execucion". O comando fascista diríxese á casa de Iolanda e espera durante dúas horas a que esta chegue. Hellin e Abad soben e chaman á porta. Iolanda ábrelles e reacciona deseguido pero xa é tarde, pistola en man e ao berro de "vermella de merda, estais ensuciando Españaa!" Entran na casa e sácana encañonada. No medio de golpes e preguntas lévana nos arredores de Madrid. No kilometro 3 do desvio de San Martin de Valdeiglesias o coche detense. Hellin vólvese cara a Iolanda e dille: "Aqui acabar o paseo vermella de merda". Baixa do coche e cando non deu aínda dous pasos Hellin pégalle dous tiros. O asasino ordena baixar a Abad "rematala". O pistoleiro non se fai rogar, baixa e remátaa, o "tiro de graza" que culmina o "paseillo" fascista. Cúmprense 30 anos deste asasinato fascista con claras vinculacións cos aparellos do Estado. A Iolanda asasinárona por ser vasca, internacionalista, dirixente estudantil, muller e revolucionaria.
Cúmprense 32 anos do asasinato de Iolanda González. Naceu en Bilbo, era militante do PST e dirixente estudantil. Foi asasinada por fascistas con conexións policiais cando tiña 19 anos. |