A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Contra os EREs e os Despidos, contra os Recortes e Axustes
UNIFICAR AS LOITAS
A sucesion de EREs e despidos que estanse a producir desde que comezou a crise chegou a umha cifra insoportable para a clase traballadora, 5 millons de parados; e non se pode permitir a destruccion de mais postos de traballo, mentras os bancos e os empresários seguen gañando diñeiro.
A patronal esta a utilizar estas cifras, é dicer, o medo o desemprego, para recortar os salários, as condicions de traballo, etc., e as direccions de CC OO e UXT estan a asumir a mesma loxica para negociar o innegociable, umha nova Reforma Laboral. ¿Cantas Reformas Laborais levan asinadas no nome do emprego? Cando o resultado é o de sempre: retroceso nos nosos direitos, mais precariedade, salários mais baixos, e igual desemprego.
Neste cadro o ERE de Alcoa, como a perda de postos de traballo no naval de Vigo e Navantia em Ferrol, no Banco Pastor e no NCG Banco, xuntase a destruccion de emprego na administracion, na educacion e na saúde, froito dos recortes e das privatizacions da Xunta nos servizos públicos. Por elo, é preciso rexeitar absolutamente á perda de postos de traballo em calquer sector ou empresa.
A aceptacion da via ?non traumática? das chamadas ?baixas incentivadas? son torpedos á liña de flotacion dos direitos de toda a clase traballadora, pois a debilita, e divide-a, introducindo o ?salvese quen poda? frente a os ataques unificados da patronal.
Os gobernos central e a Xunta, a Union Europea, estan decididos em facer que a crises sexa pagada polos traballadores e as traballadoras; resgataron bancos a esgallo (billons de euros costou), subvencionaron e subvencionan ás empresas para a contratacion precária, privatizan todos os servizos públicos, e ate o momento a nosa resposta foi a defensiva.
Mas isto tem que cambiar. Non se pode seguir no camiño do retroceso, a resposta da clase traballadora temola que dar á ofensiva, UNIFICANDO AS LOITAS DOS QUE HOXE LOITAN contra os EREs, os despedimento, buscando a unidade entres o activos e os parados, os precários e os indefinidos, que arrastren a todos aqueles sectores da poboacion traballadora golpeados pola crise (mariscadores, autônomos, xovenes licenciados, etc.), a partir de propostas que unifiquen a todos e todas baixo a exixencia dun traballo digno na nosa terra.
É preciso acordar un PLAN DE LOITA UNIFICADO, aprobado em Asembleas de traballadores e traballadoras ?non so de delegados/as-, e nos Barrios obreiros e populares, que enfrente as políticas dos gobernos feitas o dictado da Union Europea.
Esto supon outra saída á crise, unha saída o servizo das necesidades da clase traballadora e o pobo, que implica umha politica distinta á aplicada ate o de agora pólas direccions políticas e sindicais institucionais.
?A grandes males grandes remédios?. A estas alturas da crise non abondan as vellas saídas institucionais. A crise, o desemprego, etc. non son males bíblicos nin catástrofes naturais, senon que o responsable tem un nome moi preciso, o sistema capitalista, e uns beneficiários, os empresários e os banqueiros. A única saída é a de loitar claramente contra el
Contra o desemprego existen medidas alternativas:
1- Reduccion da xornada sem reduccion do salário: TRABALLAR MENOS PARA TRABALLAR TODOS
2- Frente as empresas com EREs ou que pechan, APERTURA DAS CONTAS DAS EMPRESAS e NACIONALIZACION baixo control da clase traballadora, das suas organizacions.
3- Frente ás privatizacions dos servizos públicos, CONTRATACION DO PERSOAL PRECISO PARA ACABAR COAS LISTAXES DE ESPERA NA SAÚDE E NA EDUCACION.
4- A economia esta o servizo do pago da debeda a bancos e especuladores, NON O PAGO DA DEBEDA
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 04-02-2012 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0