A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Abaixo os recortes de Rajoy! |
|
O Goberno de Rajoy comezou batendo marcas: 6 días tardou en romper as súas promesas! Quen afirmase que ?subir impostos é un disparate estratosférico? resolveu acometer o maior recorte da historia da Facenda española, 8.900 millóns de euros dunha plumada, e a segunda maior subida de impostos tras a que impuxo Zapatero cando suprimiu os 400 euros e subiu o IVE, unha subida de impostos que recae nos seus dúas terceiras partes sobre os asalariados/as.
Tras consultar previamente a Merkel e ao BCE, Rajoy emprendeu un primeiro recorte que, como aclarou a vicepresidenta Sáenz de Santamaría, é só ?o inicio do inicio?. As medidas do goberno supoñen, en primeiro lugar, unha baixada xeral dos salarios. A ?conxelación? dos soldos dos empregados públicos e o aumento da xornada laboral até as 37,5 horas semanais, cando o IPC subiu no 2011 un 2,9%, supoñen de feito unha baixada salarial por partida dobre. A iso hai que sumar o seu segundo incumprimento, ?manter o poder adquisitivo dos pensionistas?. A ?suba? dun 1% das pensións supón a rebaixa das mesmas nun 1,9%, sen contar as derivadas do aumento da retención do IRPF.
A conxelación do salario mínimo, medida inédita nos últimos 45 anos, é de feito unha baixada salarial nun xa de seu lamentable SMI que queda moi lonxe da media europea e da promesa de Zapatero de que alcanzaría os 800 euros en 2012.
Engádase a todo iso a non renovación da renda de emancipación (210 euros) e a suspensión da incorporación de novas categorías de beneficiarios da Lei de Dependencia.
A baixada xeral de salarios dos empregados públicos marca a tendencia para a negociación colectiva no sector privado. E non escapa deste recorte salarial a subida de prezos en produtos básicos como o transporte público, o gas natural ou as hipotecas.
Os recortes anuncian máis desemprego e profunda a recesión económicaA decisión de conxelar a oferta de emprego público e de non cubrir as baixas que se vaian producindo seguirá aumentando o número de desempregados, tanto polos postos de traballo que non se crearán, como polos despedimentos de persoal contratado e interino que non verán renovados os seus contratos, ao que hai que engadir o anuncio dunha nova e urxente reforma laboral destinada a flexibilizar o mercado de traballo.
Menos poder adquisitivo dos salarios, máis desemprego e máis recortes ao investimento público son unha ecuación cuxo resultado non é outro que profundar a recesión económica.
Uns recortes ao servizo dos banqueiros e os ricos
O argumento esgrimido polo novo goberno é que se viron ?sorprendidos? por un déficit que chegará ao peche do 2011 ao 8% en lugar do 6% previsto. Ese desfasamento explícase, din, polo feito de que o déficit das Comunidades autónomas era superior ao que se coñecía. E iso din un Presidente cuxo partido goberna na case totalidade das Comunidades Autónomas!
As medidas do recorte contrastan coa xenerosidade cara ás grandes fortunas, as multinacionais e os bancos. As empresas que cotizan no IBEX 35, e que non verán aumentado nin un só euro os seus impostos, obtiveron o ano pasado un beneficio declarado de 50.000 millóns de euros, máis de tres veces a cifra dos recortes aprobados por Rajoy. Contrastan tamén coa xenerosidade cara ás 3.174 Sociedades de Investimento (SICAV) que, cun patrimonio de 26.172 millóns no segundo trimestre do 2011, cotizan un 1% dos seus beneficios e que, xestionadas polos grandes bancos, dan refuxio aos Amancio Ortega, as Koplowitz e compañía.
Contrastan, así mesmo, coa ausencia completa de medidas fronte á fraude fiscal das grandes fortunas que, segundo os técnicos da Axencia Tributaria, elévase a 60.000 millóns de euros, perto do dobre de todo o recorte anunciado até a data por Rajoy para o 2012.
Un recorte ao ditado da Merkel e o BCE
Rajoy esixiu unha e outra vez que o goberno Zapatero fixese pública a carta que recibiu de Jean Claude Trichet, presidente do BCE, e Miguel Anxo Fernández Ordoñez, gobernador do Banco de España, en que lle esixían medidas concretas fronte á crise da débeda. Rajoy denunciaba que ?Europa ponlle os deberes ao goberno?, ?quero saber se lla remitiron e cal é o seu contido. Quero que mo responda?, exixía un Rajoy exultante ante o Congreso dos Deputados lembrando que ?esta cámara representa a soberanía nacional?. Agora a carta converteuse de feito na súa folla de ruta.
O que Trichet e Fernández Ordoñez exixían do Goberno eran, entre outras, medidas de ?axuste orzamentario e econômico? que se traducían en materia laboral en ?unha desvalorización competitiva dos salários? e ?accións contra o desemprego xuvenil? que incluísen unha nova categoría de traballadores con soldos inferiores ao SMI.
Rajoy no seu primeiro paquetazo dá cumprida resposta ás exixencias da banca e a ?Unión Europea?.
?É só o inicio do inicio?
Para lograr reducir o déficit ao 4,4% no 2012 o goberno comprometeuse a estes primeiros recortes e a seguir tomando medidas ata que alcance os 36.000 millóns de euros. A curto prazo acometerá a nova reforma laboral que reclaman as multinacionais e a patronal, así como a restructuración financeira (discútese se se fará a través dun ?banco malo? que absorba os ?activos tóxicos? do tixolo) para cubrir con diñeiro público as perdas dos bancos coa especulación, uns 300.000 millóns de euros de débeda inmobiliaria.
Ademais deberá proseguir o plan que profunde a privatización da sanidade, a educación, o transporte público..., para ?reducir o gasto social? e abrir as portas aos sectores do capital que buscan ?investir?.
Todo pola débeda! é o berro de guerra social que este goberno, como o anterior, fixo seu. Todos os recortes que sexan necesarios para pagar os 100 millóns de euros diarios de intereses que consome unha débeda que, pola arte do birlibirloque, converten en pública os banqueiros e as multinacionais.
Por iso o primeiro goberno de Rajoy é un traxe feito a medida de banqueiros e multinacionais: daí a designación de Luís de Guindos como Ministro de Economía, un "Ex xefe de Lehman Brothers para gobernar a Economía española" como titulou Financial Times.
A oposición hai que facela desde a rúa
Fronte a un goberno de guerra social como este, a ?oposición? institucional mostra a súa versión máis lamentable. A actitude dos dirixentes de CCOO e UXT, nin o denuncian, nin comezan a preparar a resposta contundente que lle pare os pés. Pola contra, Toxo saíu da entrevista con Rajoy falando de ?boas vibracións? e chamando a un gran ?pacto polo emprego? mentres proseguen a ?negociación? dunha reforma laboral que non preanuncia máis que un novo recorte de dereitos.
O PSOE e Rubalcaba adícanse sobre todo a chamar ao PP a negociar pactos. Non en balde PP e PSOE son obedientes vasallos de Merkel e Sarkozy, ao servizo do capital financeiro.
Esquerda Unida, que aparece practicamente como única oposición, proclama unha ?oposición responsable e construtiva? e quixo aparecer como portavoz da burocracia sindical de CCOO e UXT, chamando a ?negociar un novo modelo produtivo?. Do mesmo xeito, non cuestionou o pago da débeda pública a bancos e especuladores, nin a UE, nin atacado os fundamentos dun sistema que nos leva á catástrofe.
A única oposición real que este goberno está a ter é, unha vez máis, a dos traballadores/as que proseguiron coas súas loitas, así sexan sectoriais e dispersas. As manifestacións de empregados públicos en numerosos Concellos e Comunidades autónomas así como do profesorado son o camiño a xeneralizar e unificar no próximo período.
NON PAGAR A DÉBEDA E PARAR AS TESOIRAS DE RAJOY
Non se pode dar tregua a Rajoy, non se pode aceptar o retroceso histórico que queren impor. A burocracia sindical, como CCOO e UXT, deberían (hai tempo) estar a organizar a loita e non pactando con banqueiros, empresarios e gobernos.
Son esas loitas sectoriais en marcha as que se poden e deben converter en exemplo para todos, apoialas e rodealas de solidariedade e ir creando así as condicións dunha resposta xeral de toda a clase obreira e a mocidade. Nese empeño de alentar as loitas, unificalas e preparar unha resposta xeral debe envorcarse o sindicalismo de clase alternativo e o movemento 15M e ese é o camiño que hai que esixir a todos os que como EU ou Amaiur decláranse oposición a este goberno.
É hora de organizar a loita contra os plans de Rajoy e compañía. É hora de defender o non pago da débeda aos banqueiros e facer unha campaña para derrotalos e impor un plan de rescate dos traballadores e o pobo.
Editorial do número de xaneiro de Páxina Vermella, publicación mensual de Corrente Vermella
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|