Corrente Vermella apoia a manifestación convocada para hoxe 29D, ás 20 horas, na Pza Maria Pita pola Asociación Sen Papeis da Coruña, rexeitando o acoso policial ao que os traballadores e traballadoras imigrantes estan a ser sometidos.
A crise vem a diparar toas as alarmas contra o crecemento exponencial do racismo e xenofobia na procura de desviar a atención da poboación das verdadeiras causas do empobrecemento do conxunto da soiedade e da clase traballadora en concreto.
Ocultan que a crise esta xerada pola especulación inmobiliaria e financeira, e o apoio descarado ás grandes áreas comerciais frente o pequeño comercio, e non polos traballadores e traballadoras imigrantes.
O desmantelamento do estado de ?Ben Estar? para privatizar a sanidade e a educación, xunto cós recortes nos servizos sociais, estan a xerar unha situación de inestabilidade e crispación social para a que os poderosos estan a buscar ?chivos expiatorios?, e atopannos nos sectores da sociedade marxinalizados pola lexislación e as institucións.
Estas medidas estan deixando despedimentos masivos ata alcanzar a cifra de 5 millóns de parados e 240 mil na Galiza, despedimentos feitos pola patronal para presionar cara unha nova reforma labolar que abarate, máis o despido.
Os traballadores e traballadoras imigrantes son postos na marxinalidade por unha lexislación represiva, baseada na Lei de Extranxeria e todas as limitacións posteriores á legalización da súa situación (traballa o ?arraigo?, ás regularizacións, etc). Esta lexislación introduce outra división na clase traballadora entre nativos/legais e extranxeiros/ilegais, que se ven a sumar ás mais visibéis como a existente entre fixos e precarios, xóvenes e vellos, mulleres e homes.
Sobre esta base, a presión sobre os traballadores e traballadoras imigrantes da Coruña atopa un verdadeiro caldo de cultivo; unha presión como a que se concretou nos pasados dias coa agresión impune a unha persoa na Rua Real.
Para CV os traballadores e traballadoras imigrantes son parte inseparabel da clase traballadora galega e española. Aquí, nas piores condición laborais coñecidas, traballan e pagan os seus impostos, e por elo ?papeis para todos? é o primeiro paso no camiño de exixencia da derogación da Lei de Extranxeria, que os iguale en dereitos a sus compañeiros e compañeiras de clase.
Para Corrente Vermella a defensa de todos os dereitos políticos, sociais e laborais dos traballadores e traballadoras imigrantes é unha tarefa que teñen que asumir todas as organización políticas, sociais e, especialmente sindicais. Non se pode admitir que por motivos corporativos ou calquer outro non se poñan á cabeza na defensa das suas reivindicacións.
Por último, faise imprescindible exixir a depuración de todos os corpos de ?seguridade? do Estado de todos os membros nomeadamente racistas e xenófobos.
Galiza, 28 de decembro do 2011 |