A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

COMUNICADO DA CORRENTE VERMELLA
Diante da detencion de militantes independentistas galegos


1.- CV non comparte os obxectivos politicos perseguidos polos detidos, mas nun cadro de profunda crise economica e politica a sociedade non pode ficar calada diante das detencions,.
Con máis do 17 % da poboacion galega no desemprego, con ?indixentes? mortos de frio na Coruña por carecer de vivenda digna, con ataques constantes contra os servizos publicos da sociedade, os mesmos que son responsabéis do empobrecemento do conxunto da sociedade construen esta campaña ?antiterrorista?,
Ate onde sabemos, non so ningun responsable da crise foi detido, senon que recentemente veñen de indultar un alto executivo do Banco Santander.

2.- Os mesmos que apoiaron os golpes de estado ?blandos? que desde a Union Europea deron en Grecia e Italia para impor os planes de ?resgate?, facendo dimitir a Papandreu e Berlusconi para poer no seu lugar primeiros ministros non escollidos por ninguen. Os mesmos que cando se anunciou o referendo grego para decidir sobre os planes fameadores da Union Europea, chamaron ?incendiario? ao Papandreu,
Estos son os que enchen as bocas falando de democracia, mentras supostos corruptos como o xenro do monarca, pasean polas rúas libremente.

3.- Agora, cando o ?novo goberno? do Estado Español, aprestase a lanzar unha andanada brutal contra os direitos sociais, é que ?xurde? esta compaña contra o ?terrorismo? galego, desviando a atencion das medidas que estan a aplicar e as que veñen.
A sanidade publica esta en risco de seren destruida, a educacion publica; os servizos sociais entregados ás fundacions e organismos filantropicos privados, os direitos da xuventude traballadora definitivamente liquidadas con contratos con salarios por baixo o minimo interprofesional e sen direito o desemprego. Esto é o que agochan tras a campaña.

4.- A campaña contra a ?terrorismo? na Galiza esconde umha verdadeira ameaza ás liberdades democráticas do movimento popular que non vai parar nos supostos ?terroristas?.
Alen mais, saltandose a presuncion de inocencia que din defender, os detidos xa estan condenados polos medios de comunicación, coa utilizacion Inquisitorial de termos como ?terrorismo? ou ?violentos?, ou leis como a de Partidos que actúan como unha verdadeira espada de Damocles sobre as organizacions populares e sociais.

5.- A defensa das liberdades democráticas, do direito á reunion e asociacion, dos pobos a súa libre audeterminacion, e a derogacion de leis como a de Partidos que impiden o seu desenvolvimento, son fundamentais para a clase traballadora e as clases populares, para a sua organización, por iso non poden asistir pasivas ás ameazas contra elas, mas ten que facelo contando so coas suas forzas, coa sua mobilizacion.
É responsabilidade de todas as organizacions politicas, sociais e sindicais democráticas asumir a incondicional defensa das liberdades, admitir calquer concesion e recortes nelas é umha ferramenta contra a loita popular. Por todo elo, a partir da aplicación do principio democrático da presuncion de inocencia dos detidos, é imprescidible a sua liberacion inmediata.

6.- CV considera que a loita contra os gobernos dos banqueiros e os empresarios ten que levala adiante o conxunto da clase traballadora, das clases populares, a través da mobilizacion social e xeral, e a partir da súa propria organización, da toma democrática das decisions en asembleas populares.

8 de decembro de 2011

Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 08-12-2011 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0