A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

EXIPTO: Por un Consello Revolucionario para dirixir a revolución
Al Ichtiraquiun Al Tawriun (Os Socialistas Revolucionarios) - Exipto

A revolución, que non gañou aínda e non ten aínda o poder, non a representa ningún goberno baixo as ordes dos militares. Con todo, represéntaa un Consello revolucionario para dirixir a revolución. Este Consello elíxeno os revolucionarios das prazas, con normas diferentes das normas actuais dos Ministros.
Ahmed O Said Sorour morreu na rúa da Asemblea Popular esta mañá. Atropelado polos coches da Seguridade Central que ían desmantelar a concentración dos revolucionarios ante o Consello de Ministros, para evitar a entrada do Ganzouri, Presidente do novo goberno das Forzas Armadas. Ganzouri ten prohibido viaxar, por unha decisión da Procuradoría Xeral en xuño deste ano, está acusado en máis dun caso de corrupción e saqueo das riquezas do país para beneficio de empresarios exipcios e árabes.
Así comezou o novo-vello goberno as funcións do poder... co asasinato de Ahmed Sorour, quen foi asediado pola Seguridade Central na rua fronte ao Consello dos Ministros e despois rodeado pola Policía Militar no hospital Al Monira. Máis tarde, mesmo despois da súa morte, un equipo da Policía Militar e da Seguridade Central dirixíronse á morgue, con falsas testemuñas, para declarar que a súa morte foi de forma natural.
Hai cincuenta e tres mártires, até o momento, e prevese que sexan moitos máis polos que están hospitalizados en situación crítica. É a guerra declarada pola Xunta Militar contra os revolucionarios das prazas e en contra dos pobres que perdan as súas vidas, tíranse os seus corpos no lixo e aínda algunhas organizacións falan da "necesidade de participar nas eleccións".
Un portavoz da Xunta militar non se avergoña de declarar que o Consello cancelará as eleccións se o número supera os 200 mortos! Este é o prezo da cadeira de brazos no Parlamento das Forzas Armadas. Unhas Forzas Armadas que seguen albiscando no horizonte os seus poderes, prerrogativas e oportunidades de negocio e máis diñeiro nos seus petos e no dos ricos do país.
Hai unha gran diferenza entre a participación en xeral na batalla electoral, a pesar da nosa conciencia de que a vitoria da revolución non será nunca no Parlamento, co fin de estar no lado das masas, que teñen a esperanza no Parlamento como unha saída... e participar nas actuais eleccións, cando o sangue dos mártires, corre de mans do propio Consello militar, que é quen supervisa e dirixe estas eleccións. Despois dunha longa loita entre eles sobre o laicismo, o estado civil e o teocrático, as forzas do islam político e as forzas liberais puxéronse de acordo en participar nas eleccións. A revolución puxéronlles nunha mesma gabia despois de que fosen inimigos e agora enfrontan xuntos o ruído dos revolucionarios e a súa insistencia esta vez en lograr a vitoria.
Hoxe, as masas están nas Prazas, no Cairo, Alexandría, Ismailia, Suez, Mahalla, e Asuán . Loitan valentemente polo seu soño de viver e lograr a liberdade e a xustiza social. E onde van estar as masas imos estar nós. Entre as súas filas, pelexando e loitando polas demandas da revolución, que non se van a lograr baixo o mando militar. Realizar as eleccións hoxe en día ou participar nelas é situarse á altura da delincuencia e a traizón do sangue dos mártires.
A Xunta debe deixar xa o mando e agora mesmo. Con todo, a Xunta Militar fala a linguaxe da guerra, utiliza termos como Fronte de Mohamed Mahmoud, e adiantar as liñas, e fala sobre a trégua, conscientemente ou non de que declararan a guerra, non no sentido metafórico, senón o sentido literal, contra as masas concentradas nas Prazas. E se a Xunta declarou a guerra, entón non hai maneira de que nosa vista limítase a un goberno nacional, sabemos que nunca será un goberno revolucionario, se está a esperar a bendición dos militares. Sabemos que calquera goberno baixo o mando dos militares será un instrumento de beleza para ocultar a fealdade do réxime.
Onte, puxéronse varios nomes para formar o núcleo do goberno nacional desde a praza de Tahrir. E xusto cando se fixaron os nomes algúns dos revolucionarios entraron en dúbida, por temor da represión da Xunta ou polo medo da posibilidade de perder a oportunidade de participar no poder no caso de que a Xunta decida decorar o seu goberno do Ganzouri con eles. Algúns deses nomes propostos na Praza Tahrir acordaron reunirse coa Xunta e non deben por tanto representar aos revolucionarios.
A revolución, que non gañou aínda e non ten aínda o poder, non a representa ningún goberno baixo as ordes dos militares. Con todo, represéntaa un Consello revolucionario para dirixir a revolución. Este Consello elíxeno os revolucionarios das prazas, con normas diferentes das normas actuais dos Ministros. As normas dos representantes dos revolucionarios non son pola súa situación internacional, nin polas súas cualificaciones e riquezas, nin polas boas relacións con algúns dos símbolos do poder. As normas dos representantes dos revolucionarios son quen están loitado nas prazas, enfrontáronse ás balas e a morte, e pasaron as noites vixiando as prazas. Son os que recolleron os gases lacrimóxenos coas súas mans para lanzalos contra as forzas militares e da policía que utilizaron todo o disponible, mesmo as prohibidas a nivel internacional para dispersar aos manifestantes e derrotar a revolución. O Consello da Dirección da Revolución, non debe carecer dos representantes das vítimas e as familias dos mártires de Maspero e novembro.
Un consello militar de 19 militares iniciou a guerra contra os revolucionarios nas prazas. Nós temos que enfrontar a iso con un Consello Revolucionario de 19 revolucionarios.
A nosa revolución necesita un Consello da Revolución, que lidere a actual situación nunha batalla revolucionaria e clara contra a Xunta militar.
Non ás eleccións celebradas sobre os restos dos mártires. Non aos gobernos baixo o mando dos militares.
Gloria aos mártires e ao triunfo da revolución. O poder e a riqueza para o pobo.
Pola revolución até a vitoria

Exipto, 27 Novembro 2011
Tradución ao español Marcel Hatim
Comentarios (0) - Categoría: Internacional - Publicado o 29-11-2011 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal