A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NON AVALES A FRAUDE: SE VOTAS, VOTA NULO
NON AVALES A FRAUDE
ELES XA VOTARON: GAÑA A BANCA
SE VOTAS, VOTA NULO

O pasado 15 de Outubro centenares de miles de persoas saímos á rúa a manifestar o noso rexeitamento aos mercados. A eses mercados que teñen nomes e apelidos: os capitalistas, os banqueiros, as multinacionais e institucions como a Union Europea, o Banco Central Europeo ou o FMI. E son os gobernos estatais e autonomicos os que executan esas politicas capitalistas quenes, para saír da súa crise, decidiron declararnos a guerra social.
Cando esplodiu abertamente a crise foron eses gobernos e esas institucions as que acudiron con axudas millonarias ao resgate dos banqueiros. As débedas privadas dos bancos multinacionais e especuladores eran resgatadas e convertidas así en debeda publica. Foron xerando umha enorme debeda publica que agora, din, temos que pagar entre todos/as e por iso ?temos que entender? que son necesarios os recortes sociais.
Na loxica destes dirixentes politicos e do seu Estado non hai recursos para xerar emprego, para ter educacion publica e de calidade, para asegurar que ningunha familia quede sen traballo ou sen subsidio, para que haxa vivendas para todos. Para iso non ha diñeiro, mas para seguir sen limite cos resgates millonarios aos banqueiros e especuladores, para iso si teñen e con xenerosidade!!.
Por iso non ha problema en recortarlle á educación publica en Madrid 80 000 millons de euros, o tempo que se lle dan 90 000 millons en forma de desgravacions fiscais, cesions de terreos ou edificios publicos.
Por iso non ha problema en reter 13 millons de euros da liquidación de impostor a 1022 concellos, deixandoos asi ao bordo da quebra e con miles de traballadores/as sen cobrar os seus salarios ou sen PER, e sen un pedazo de pan que levarse á boca, mentres aos delincuentes que estiveron o fronte das Caixas dánselles indenmizacions de 30 millons ou gastan 17 000 millons no seu salvamento.
O 15 de Outubro volveu ser un clamor que ?chamano democracia e non o é?, que ?non nos representan?, que a crise, a sua crise, paguena os capitalistas!, que non aceptamos pagar a sua debeda con mais parados, con mais desafiuzamentos, co recorte na educacion e a saúde publica. Que o que queremos para sair da crixe é un plan de resgate dos traballadores a as traballadoras, do pobo que contemple, entre outras medidas a reparticion do traballo, reducindo a xornada sen reducir o salario, o subsidio indefinido para os desempregados e a conxelacion imediata de todos os desafiuzamentos.
E dixémoslles que voltaremos saír á rúa a apoiar aos profesores/as, aos traballadores da saúde, traballando por unir todas as loitas e preparar así as condicions para unha folga xeral, porque ese é o unico camiño para enfrentar esta guerra social e impor un cambio favorable á clase traballadora e o pobo.
Pero eles pretenden eludir a presion e as demandas sociais coas eleccions xerais, convertendoas nun ?referendo? que lexitime a representacion dos que veñen cunhas enormes tesoiras a seguir gobernando para os banqueiros e poder dicer o dia 21 de novembro que a loita na rúa, as demandas do 15M, xa non teñen sentido por que ?o pobo decidiu?.
E saben que a unica maneira de lograr tal ?lexitimidade? é facendo aparecer como eleccions libres e democráticas o que non é outra cousa que umha enorme fraude.
É umha fraude porque mediante un ?golpe institucional?, umha reforma neoliberal da Constitucion, o PPSOE impuxo que goberne quen goberne a ?prioridade absoluta do estado? é pagar a debeda. Garantiron asi que veña o que veña, neste rexime bipartidista, virá coas enormes tesoiras a profundar a guerra social contra a clase traballadora e o pobo.
É un xogo amañado onde o resultado coñecese de anteman: gaña a banca. É un xogo amañado porque se a sua lei electoral garantialles o bipartidismo, agora, con nocturnidade e alevosia, o PPSOE modificou a lei electoral para blindar ainda mais o bipartidismo.
Desde a esquerda durante moitos anos e agora desde o 15M, viñemos denunciando que a lei electoral é antidemocrática. Coa chamada Lei D?Hont negase o principio basico dumha persoa un voto. O estabelecemento dun minimo do 3% para optar á reparticion de escanos castiga ás grandes cidades e centros industriais en beneficio das pequenas provincias e areas rurais, onde a reaccion e a direita teñen a sua base social, de tal xeito que un deputado vale 77 mil votos en Salamanca, 20 mil en Ceuta e mais de 130 mil en Madrid ou Barcelona. Onde queda umha persoa un voto?
A sua lei electoral fai imposible a competencia en igualdade das diferentes candidaturas e deixa fora a miles de mozos e mozas que hoxe son parte destacada da loita na rúa, que con 16 anos si teñen idade para soportar o desemprego e a falta de futuro ou para traballar en precario, mas non para poder decidir. A sua lei electoral deixa fora a miles de traballadores/as inmigrantes, a quen se lles exixe todas as obrigas mas negaselles o direito o voto.
As eleccions estan amañadas para preservar o bipartidismo, con algumha outra formacion que decore un parlamento fraudulento, e todo esta ben atado por umha Constitucion que obriga a aplicar plans de axuste ao servizo dos banqueiros.
Non somos abstencionista, nin defensores do voto nulo por principio, pero, cando un movimento masivo na rúa esta a cuestionar este rexime e esta falsa democracia, participar no 20N é lexitimar a fraude.
Quen vimos enfrontando a este goberno e ao rexime monarquico bipartidista, quen exiximos un referendo fronte ao ?golpe institucional? do PPSOE, quen reclamamos que se cambie a lei electoral, temos que denunciar que as eleccions do 20N son umha fraude antidemocrática na que non ha que participar. O camiño segue a estar na rúa, apoiando as loitas dos profesores a as profesoras, da sanidade, combatendo os axustes e preparando a folga xeral.
Por iso a loita non debe parar e desde os barrios, nas empresas e desde as asembleas do 15M, temos que facer a nosa propia ?campaña electoral?, unha auténtica contra campaña de rexeitamento desta fraude, expondo que non se participe dele que quen queira votar, vote nulo. Temos que lograr que o dia 21, gañe quen gañe, e saque os deputados que saque, podamos dicer que a loita segue na rua porque ?non nos representan?.
Non imos aceptar recortes e axustes contra os traballadores/as e os pobo. A crise que a paguen os capitalistas!.

Un chamado á esquerda: non avales co teu voto a fraude destas eleccions!
Todos sabemos de antemán que o 20N, lonxe de apuntar cara unha mudanza favorable á clase traballadora e o pobo, vai xusto o oposto: gañe quen gañe vai perder o pobo, haberá mais recortes, mais paro e mais medidas a favor dos capitalistas.
Quen sexa o vencedor, como ocurreu en Grecia e en Portugal, dira que esta ?lexitimado polo pobo? e descargará con mais contundencia o peso da crise do sistema sobre as nosas costas, acentuando a guerra social. Pero a resposta a esta guerra social da Troika (UE, BCE, FMI), os capitalistas e os seus gobernos só se vai a dar no marco da loita e a auto organizacion dos de abaixo.
Cando varios centos de miles de persoas saímos á rua berrando ?chamano democracia e non o é? e ?esta debeda no a pagamos?; cando aprobaron umha reforma da lei lectoral que blinda o bipartidismo, e cando fixeron unha Reforma Constitucional expres, ás costas do pobo, para eleva a ?lei suprema? que o pago da debeda aos bancos é a ?prioridade absoluta?, pensamos que participar destas eleccions é avalar este circo cuxo unico proposito é lexitimar as suas medidas e fortalecer este sistema tramposo.
Nestas circunstancias, neste momento, o que de verdade pode cuestionar a forza e a lexitimidade do proximo goberno é un voto masivo nulo.

Por umha saída social, obreira e popular, á crise: organizate e loita
O pobo traballador esta en loita contra contra os recortes implementados polos gobernos, mas estas loitas estan illadas umhas doutra, desde a educacion ate a sanidade, desde as loitas contra os EREs e na defensa do emprego ate as loitas populares en defensa dos servizos sociais, sen unha perspectiva de conxunto que enfrente os verdadeiros responsables da crise e dos recortes, os banqueiros, os capitalistas e os seus gobernos.
Os peches de empresas, os EREs e as privatizacions do servizos publicos e sociais teñen igual obxectivo: mellorar os beneficios empresariais a costa do emprego e os servizos. A fraude electoral esta, de ultimas, o servizo deste obxectivo.
Por iso, para CV é lamentable que forzas que se din de esquerdas, como o BNG ou EU, prioricen a sua participacion nesta ?farsa? frente á loita da clase traballadora e os pobos. Por moitos deputados que saquen, a sua presenza nas institucions non garanten a conquista das demandas sociais, como xa se ten demonstrado co paso do BNG pola Xunta Bipartida, que decepcionou a amplas capas da poboacion.
De feito, nos seus programas xa teñen rebaixado as suas exixencias para ter cabida na ?farsa?. Frente a gravidade da crise non abondan propostas sen coraxe como a de propór a formacion dunha Banca publica á beira e sen tocar á rapiñenta banca privada. En realidade, en ambos os dous casos son programas que non rompen co sistema en crise, senon que tentan combatir o cancro con aspirinas.
Dende CV decimos que existe umha saída da crise desde a perspectiva da maioria da sociedade, da clase obreira e pobo, que pasa pola adopcion de medidas radicais contra este sistema en crise, como o non pago da debeda, a nacionalizacion sen indemnizacion da banca e das empresas estratexicas, umha saída socialista e obreira á crise.
Dende CV decimos que esta saída da crise so vira da mobilizacion e auto organizacion dos de abaixo, os traballadores e as traballadoras nas empresas construindo o sindicalismo de clase e combativo, a cidadanía nos barrios e nas asembleas do 15M, os estudantes nos centros de ensino.
Somos os de abaixo os que temos decidir como, cando e donde queremos investir e producir, porque diñeiro si o ha, na Igrexa, na Monarquia, nos resgates ao bancos e grandes empresarios, nas SICAV. Saquemolo de onde esta. Neste camiño é preciso rexeitar esta fraude, e fagas o que fagas o 20N.


organiza-te e loita

Galiza, Novembro do 2911
Comentarios (3) - Categoría: Estado Español - Publicado o 12-11-2011 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 La verdad que los sindicatos ultimamente no estan ahciendo #blgtk08#mucho por los trabajdores y claro, luego pasa lo que pasa.
Comentario por Seguro (25-01-2012 16:42)
2 on somos abstencionista, nin defensores do voto nulo por principio, pero, cando un movimento masivo n#blgtk08#a rúa esta a cuestionar este rexime e esta falsa democracia, participar no 20N é lexitimar a fraude.
Comentario por iniciar sesion (09-07-2012 15:47)
3 Dende CV decimos que existe umha saída da crise desde a perspectiva da maioria da sociedade, da clase obreira e pobo, que pasa pola adopcion de medidas radicais contr#blgtk08#a este sistema en crise, como o non pago da debeda, a nacionalizacion sen indemnizacion da banca e das empresas estratexicas, umha saída socialista e obreira á crise.
Comentario por lineas 900 (31-10-2012 00:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0