A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ante o anuncio de ETA do ?cesamento definitivo da actividade armada?
O anuncio de ETA de ?cesamento definitivo da actividade armada? foi recibido como unha gran e esperanzadora noticia, aínda que fose desde ángulos totalmente opostos. Desde Corrente Vermella recibímolo como unha gran noticia que saudamos calurosamente.
Non faltan voces desde o Goberno, o PP e o seu coro mediático, que falan, como Zapatero, de que ?acabouse o terrorismo pero non a memória?, esixen ?que non haxa contrapartidas? e considran unha infamia falar de amnistía para os presos vascos.
Curiosa vara de medir a destes ?democratas? que se encheron a boca de ?reconciliación nacional?, de ?esquecemento do pasado? e de ?perdón e xenerosidade? cando na Transición acordaron deixar impunes aos ladróns, torturadores, militares, xuíces e responsables políticos da ditadura franquista, moitos dos cales seguiron en activo como ?demócratas de toda a vida?. Moitos destes ?democratas?, que 35 anos despois seguen considerando unha aberración falar de Memoria Historia, agora eríxense en defensores da ?memória?.
En realidade todo este coro histérico non ten outra pretensión que confundir o abandono das armas por parte de ETA co abandono polo pobo vasco das súas reivindicacións democráticas.
Por iso nosa alegría ten o signo oposto ao de todos estes fariseos. Porque a decisión de ETA vén cando decenas de miles de vascos seguen saíndo á rúa fortalecendo a loita obreira e popular polos dereitos sociais e democráticos e cando centenares de miles saímos á rúa en todo o Estado a enfrontarnos á guerra social que nos declararon banqueiros e gobernos e a gritar que ?non nos representan?.
O abandono da actividade armada abre o camiño para que no centro da loita política estea o que sempre debeu estar, a acción de masas e a loita unida dos traballadores e os pobos de todo o Estado español, porque este é o único camiño certo para lograr os dereitos nacionais de Euskal Herria e a liberdade dos presos.
Nestes momentos de ?transición? en Euskal Herria, convén non esquecer nin por un momento a historia da mal chamada Transición democrática foi rexeita pólos vascos (votaron a favor da actual constitucion só o 28%, sendo rexeitada da polo 70% restante), que burlou os dereitos nacionais e sociais, frustrou as ilusións da clase obreira e o pobo e instaurou o actual réxime monárquico bipartidista.
O coro de fariseos non vai escatimar esforzos para meter á esquerda abertzale no mesmo curro do réxime en que meteron ao PCE e aos dirixentes de CCOO e UXT. A loita lexítima e necesaria para obter a legalización e a presenza da esquerda abertzale no Parlamento será un paso progresivo para todos, se ese empeño vai vinculado á loita contra os plans de miseria dos banqueiros, os gobernos e a UE, á defensa do dereito de autodeterminación de Euskal Herría e á liberdade dos presos. Para esta batalla, a unidade de toda a clase traballadora e os pobos do Estado español fronte a este réxime ao que chaman democracia e non o é, constitúe a garantía para non repetir a triste experiencia da Transición.

Coordinadora Estatal de Corrente Vermella
21/Outubro/2011
Comentarios (1) - Categoría: Estado Español - Publicado o 24-10-2011 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Lo que tiene que pasar es que el anuncio sea de verdad y asi se a#blgtk08#cabe todo el terror que desprenden los comunicados de esta gente.
Comentario por Seguros (25-01-2012 16:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0