A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
ALTO Á REPRESIÓN CONTRA O MOVEMENTO 15M! |
|
Comunicado de Corrente Vermella ante as detencións polo bloqueo ao Parlament de Catalunya:
Os Mossos d'Esquadra comezaron este luns 3 de outubro a deter ás 22 persoas identificadas nas accións de bloqueo do Parlament do pasado 15 de xuño. A basta escusa do Conseller Puig para as detencións é que se lles tiña que comunicar a citación do xuíz Eloy de Velasco para que fosen declarar á Audiencia Nacional este xoves.
As 22 persoas están acusadas de ?delito contra altos organismos do Estado?, castigado nada menos que con penas de 3 a 5 anos.
Estamos ante unha operación represiva de envergadura na que están confabulados o Govern de Artur Mas, a Audiencia Nacional (esa institución herdeira do Tribunal de Orde Pública franquista) e o Goberno Zapatero, a través da Fiscalía Xeral de Catalunya.
É un claro intento de criminalización do movemento 15M e, en particular, da acción masiva e lexítima que o movemento puxo en pé o 15 de xuño para impedir que o Parlament, burlándose descaradamente da vontade popular, aprobase uns recortes salvaxes contra a sanidade e a educación públicas. A proba do apoio popular, da lexitimidade da acción e do propio movemento 15M, foi a manifestación multitudinaria do 19J, catro días despois dos incidentes, que constituíu unha resposta contundente á histérica campaña de criminalización que entón puxeron en marcha.
Chamamos a participar en todas as mobilizacións de protesta contra as detencións e pola liberdade inmediata e sen cargos de todos os detidos e detidas. Esiximos a dimisión do Conseller Puig.
Non é momento de amedrentarse e botarse atrás senón, o invés, de facer que se arrepintan da súa actuación. Para conseguilo, temos que facer como o 19J e converter a manifestación do próximo 15-Ou nunha resposta multitudinaria á represión, nun rexeitamento masivo a esta que ?chámanlle democracia e non o é? e nun repudio multitudinario aos recortes salvaxes que estamos a sufrir para exclusivo beneficio dos banqueiros.
Alto á represión contra o movemento 15M!
4 de outubro de 2011 |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|