A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A vivenda é um direito non um negocio |
|
Ao calor do 15M a loita contra umha das lacras da crise econômica, os desafiuzamentos de xente traballadora das suas vivendas, colleu umha gran importância social e política; e non é para menos, a defensa do seu direito a resolver á debeda co banco coa entrega do piso hipotecado- a dacion em pago- é dun mínimo de xustiza.
Ainda si, a dacion em pago é un direito individual que non resolve o problema das famílias traballadoras que xá pagaron, e perden a vivenda. Por isso, non se pode admitir que por umhas trampas contratuales e de tasacion, o banco quede co diñeiro pago e a vivenda, e tense que arbitrar medidas legais que eviten esse roubo descarado.
Mas tudo isso non resolve o problema de fondo, o da vivenda de millóns de persoas, que pola precariedade no emprego, os baixos salários e as malas condicións de traballo non teñen acceso a ela. Un problema social que atinge dun xeito especial á xuventude, a mais golpeada pola precariedade e o desemprego.
A dacion em pago é un direito individual, o direito á vivenda é un direito colectivo convertido em negocio pólos sucesivos gobernos, ao servizo dos intereses da gran banca, como se pode comprobar cós atrancos postos desde as administracións aos cooperativistas do Parque Ofimático, que tendo a vivenda a médio pagar, non podem comezar a sua construcción e a sua ocupación.
Se antes da crise conseguiron impor, com enganos e trampas contractuales, a hipoteca de millóns de traballadores e traballadoras, alimentando umha burbulla especulativa ao redor dise direito, agora a banca ten nas suas mans com mais de un millón de pisos valeiros, sem posibilidade da sua venda. Mentras, a vivenda segue a ser um luxo ao que non podem chegar moitos e moitas persoas.
Este é o verdadeiro problema social: a vivenda esta convertida desde há anos nun negocio, no negocio de amplos sectores da economia. E a sua resolución há que enfrentala diste xeito, exixindo dos gobernos, primero, o garantir o acceso da poboación traballadora a umha vivenda digna, e segundo, que o seu prezo non supoña a súa hipoteca por anos.
Para elo temos que exixir a apertura e nacionalizacion de todos os pisos valeiros nas mans dos bancos, baixo control das organizacions obreiras e populares e a sua posta em aluguer a baixos prezos.
A burbulla inmobiliaria que levou á economia española a débâcle, no cadro da crise econômica mundial, basease numha Lei do Chan aprobada polo PP e mantida polo PSOE, que convirte todo o térreo em urbanizable. A derogacion da Lei do Chan, a sua remunicipalizacion e a elaboracion dun plan de construccion de infraestructuras de transporte, ensino ou saúde, enfrenta a concepcion da vivenda como un negocio, alen de permitir a criacion de miles de postos de traballo.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|