A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Reconstruír Libia para os traballadores e as traballadoras, para o pobo
Coa entrada das milicias rebeldes en Trípoli ollamos como en poucos días as tropas de Gadafi non eran capaces de resistir a ofensiva popular. O pobo libio celebra a queda de Gadafi, entrando ao palacio presidencial e ás residencias dos fillos do ditador, que vivían no maior dos luxos, e axusticiando ás tropas mercenarias que seguían actuando de francotiradores contra a poboación e os rebeldes.

Quedan algunhas poboacións leais a Gadafi que negocian a súa rendición, pero o réxime ditatorial xa caeu porque o pobo libio conseguiu primeiro enfrontar e despois destruír as forzas armadas do ditador.

Este triunfo é parte das vitorias dos pobos de Oriente Medio e o Norte de África, como os de Tunes e Exipto. Con esta vitoria hai un novo impulso ao proceso revolucionario en toda a rexión: contra o resto de ditaduras proimperialistas que aínda non caeron (Marrocos, Alxeria, Siria, Iêmen,...); contra os actuais gobernos de Exipto e Tunes; e contra o enclave sionista: Israel.

Desgraciadamente un sector da esquerda opina que é unha derrota das masas o que un pobo derroque ao seu ditador, seguindo as opinións de Chávez e o Castro. Os que negaron o dereito ao pobo libio a loitar contra a ditadura agora néganlle tamén o seu dereito a celebrar a súa vitoria. Esta política dividiu á esquerda e esta permitindo ao imperialismo levantar as bandeiras das liberdades democráticas, que utiliza para poder intervir no proceso revolucionario da rexión, xerando confusión entre algúns sectores da poboación e debilitando a solidariedade internacional da clase traballadora e o pobo, que os libios e tamén o pobo sirio precisam mais que nunca.

A intervención imperialista, que comezou ao mes da guerra civil, tiña como obxectivo a saída negociada e que non fosen as masas as que derrotasen a Gadafi (que era o home do imperialismo no país). Cando viron que este xa non podía seguir sendo o seu axente, optaron por aparecer á beira dos rebeldes para tratar de canalizar o proceso revolucionario. Para iso contaron coa axuda do Consello Nacional de Transición (CNT) que aceptou a intervención imperialista pero sen o envío de tropas terrestres. EEUU até última hora seguiu negociando con Gadafi. Os documentos descubertos no palacio-bunker presidencial demostran ademais a colaboración que mantiñan os seus servizos secretos coa CIA e o británico MI 15. Agora piden reconciliación nacional.

Cando aínda non terminou a loita o imperialismo e o CNT quere desarmar ás milicias que derrubaron a ditadura. Esta é a exixencia do imperialismo, queren canto antes reconstruír o Estado, ou sexa, reconstruír as forzas armadas e policiais que obedezan cegamente ao goberno e acepten que continúe o saqueo imperialista do seu petróleo. Esa é a reconstrución que queren facer de Libia.

O CNT aínda non conseguiu desarmar ás milicias nin consegue impor a súa lei. O imperialismo ofreceuse a axudarlles enviando tropas terrestres, pero non conseguiu o permiso libio porque podería atoparse coa resistencia armada do pobo que deixou moi claro que non quere ocupación como no Afganistán e o Iraq. Con todo, se o goberno do Consello non consegue desarmar ás milicias é probable que os países imperialistas ténteno.

O CNT aínda antes de entrar a Trípoli viaxou inmediatamente a París e Italia para confirmarlles que manterán todos os contratos e acordos económicos que asinara Gadafi. Vimos como Berlusconi, o que até antonte consideraba-se amigo do ditador, saudaba cun efusivo apertón de mans ao enviado do CNT que garantiu que a petroleira italiana ENEL seguirá sendo das principais beneficiarias do cru libio. Incluso Rusia agora recoñece ao Consello aínda que a condición de manter tamén intactos os seus contratos petroleiros da época de Gadafi.

A reunión en París dos gobernos ?amigos de Líbia? o pasado 1 de Xuño reuniu a todos os países que queren asegurarse o seu parte do pastel, máis que os amigos merecen chamarse os ladróns de Libia. A prensa francesa publicou que Sarkozy chegara a un acordo co CNT, tras o seu recoñecemento oficial, para obter un 35% da explotación petroleira.

O pobo libio non debe ter ningunha confianza no Consello Nacional de Transición e o imperialismo que tratan de roubarlles as liberdades polas que loitaron. É o pobo libro quen, a través das súas organizacións e das milicias armadas, debe decidir o seu futuro. O petróleo ten que estar en mans libias para reconstruír o país ao servizo dos traballadores e o pobo, para ter traballo, educación e saúde, e deixar de ser entregado ás multinacionais, como facía Gadafi. Un camiño podería ser a convocatoria de forma inmediata dunha Asemblea Constituínte que poña en mans dos traballadores e o pobo o petróleo e o poder de decidir, no camiño dun socialismo de verdade, sen esperar aos prazos que o CNT e o imperialismo están a acordar para controlar a situación.

Exiximos do goberno Zapatero que retire inmediatamente as tropas que están ao servizo da intervención imperialista, a condonación da débeda externa e a inmediata ruptura de relacións diplomáticas cos gobernos ditatoriais da rexión, como o do Assad en Siria, que seguen masacrando á poboación.

Viva a vitoria do pobo libio

Fóra a OTAN e todo o imperialismo de Libia

O petróleo para os traballadores e o pobo libio, non para as multinacionais.

Polo triunfo do proceso revolucionario no medio Oriente e o Norte de África

Por un goberno dos traballadores e o pobo libio


7 de setembro de 2011
Comentarios (0) - Categoría: Internacional - Publicado o 11-09-2011 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0