Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UN RECORDO
Alguen emigrante, fixo un video que colgou en youtube, que seguro que vos gusta.
Unha muller que marchou, que cantou en lingua galega; que forma parte das nosas vidas, polas súas cancions. Que nos ten acompañado en festas, verbenas, excursions a distintas xeneracions
( avóas, nais, fillas e incluso netas,cantarón e cantaran as cancions que ela fixo coñecidas).

Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 24-09-2010 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
CIMO 24/09
Asesor/a de produtos financeiros - Carballiño (O) - Nº Oferta 976634
Aseguradora de ámbito nacional selecciona persoal entre 23 e 45 anos para asesoramento e venda de produtos financeiros, executando un plan
de comercio encamiñado a xestionar unha oficina comercial. Necesario carné B, formación a cargo da empresa.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 24-09-2010 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
COMPETENCIAS CLAVE
CartelA Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) vai a levar a cabo un Programa Formativo-Preparatorio para a obtención de Competencias Clave de nivel 2

O Programa se desenvolvera en Carballiño entre os días 1 de outubro e 9 de decembro.

Dada a loita que a Federación ven mantendo na busca da Inclusión social de todos os sectores desfavorecidos, xurde a iniciativa para lograr unha mellor cualificación profesional de mulleres,homes, persoas en situación de inmigrantes......
A formación ven motivada polos requisitos formativos necesarios para a obtención de COMPETENCIAS CLAVE. As devanditas son precisas para obter os novos certificados de profesionalidade, con eles se demostra que se posúe os coñecementos para a obtención dos mesmos.
Para a obtención dos certificados de profesionalidade e preciso estar en posesión do Titulo da ESO para os certificados de Nivel 2, do Titulo de Bachiller para os certificados de nivel 3, ou ben pasar polas probas anteriormente exposta correspondentes a cada certificado o que se quere acceder.
Neste caso o programa formativo vai adaptado os contidos de nivel 2 nas competencias clave de:
Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemática e Tecnoloxía.
O programa forma parte do II Plan de Inclusión Social e está subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 23-09-2010 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
CIMO 21/09
Empregado/a do fogar - Carballiño (O) - Nº Oferta 976593
Precisase persoal entre 20 e 55 anos para realizar tarefas de limpeza, cociña e pasalo ferro. Necesaria residencia na zona de O Carballiño e
experiencia acreditada no posto. Ofrecen traballo en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30 horas.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 21-09-2010 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
DEBEMOS COMEZAR
Para toda/os as/os que gustades da lectura, o video de youtube, que nos recorda que debemos comenzar a andaina do novo curso. Dende FEMURO queremos animarvos cun outono cheo de vos libros e mellores letras.
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 21-09-2010 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
UN DEFENSOR DO RURAL
Seguro que a moitas/os vos sona a himno. Un home que defendeu o rural.

target=_blank class=tEnlac>LABORDETA
Comentarios (0) - Categoría: OUTROS - Publicado o 20-09-2010 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO FORMATIVO_PREPARATORIO PARA OBTENCION DE COMPETENCIAS CLAVE
A partir do vindeiro día 1 de outubro a atención no noso punto de Carballiño, realizarase solo en horario de tarde.
De maña estamos impartindo unha formación para a obtención de competencias clave (Formación subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia).
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 20-09-2010 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
XACOBEO 2010
(Música de Carlos Nuñez)
para a nosa visita a Santiago
target=_blank class=tEnlac>XACOBEO
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 15-09-2010 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
CIMO do 15/09
Camareiro/a - Carballiño (O) - Nº Oferta 976222Cafetería precisa persoal para atención de clientes en barra e mesas, con un ano de experiencia en posto similar. Ofrecen xornada completa en
quenda de tarde con un día libre polo medio da semana.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 15-09-2010 17:04
# Ligazón permanente a este artigo
CIMO 13/09
Camareiro/a - Carballiño (O) -
Nº Oferta 976222

Cafetería precisa persoal para atención de clientes en barra e mesas, con un ano de experiencia en posto similar. Ofrecen xornada completa en
quenda de tarde con un día libre polo medio da semana.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 13-09-2010 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal