Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER RURAL 2009 ASOC. STA. AGUEDA
MASIDE 2009

PROGRAMA PROVISIONAL


SÁBADO 24 DE OUTUBRO



10:30.- Recepción na praza do Concello de Maside.

11:00.- Visita á igrexa parroquial de Santo Tomé, Praza do Concello, Rúa Principal, Alameda, Piscinas, Pozo de Lago.

12:00.- Visita a sede da Asociación de Mulleres

12:30.- Actuación cultural e Clausura

14:00- Desprazamento a Vila do Carballiño

14:15.- Xantar de confraternidade no Restaurante O Pote de Carballiño.

17:00.- Baile.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 29-09-2009 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
CONTINUAMOS COAS ADIVIÑAS???
Unha casa con catro esquinas
cada esquina con seu gato,
cada gato mira a tres
¿canta gatería é?


Madre e hija van a misa,
cada una con su hija,
llevan tres libras de pan
¿a como le tocarán?

Detrás de dúas penas feroces,
hai un home dando voces,
nin o ves, nin o verás,
e no aliento o coñecerás.

Catro mide montes,
catro cichafontes,
dous tuturulús
e un dalle-dalle

No monte nace,
con grandes lazos,
o que chora por min
estame partindo a pedazos.

Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 28-09-2009 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos Infantis e xuvenis
O comezo da formación dixital na aula Conectad@s ó Mundo para os rapaces, dentro do programa 2009/2010 terá lugar o vindeiro día 5 de outubro.
Horario: 18:00 a 19:00 horas

DESCRICIÓN POR IDADES:

Iniciación o manexo de ratón (5 e 6 anos)
Xogos adaptados

Iniciación o manexo de word (7 e 8 anos)
Perfeccionamento de word, creacción e manexo de unha conta de correo (9 a 11 anos)

Manexo da Internet, creación do blog persoal (12 e 13 anos.
Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN ALFABETIZACIÓN DIXITAL - Publicado o 28-09-2009 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO DE CAPACITACIÓN PROFESIONAL
DiplomasEste luns día 21, a Presidenta da Federación Dona Mª Teresa Cid Morales, deu entrega dos diplomas do Curso de Capacitación Profesional no sector da Hostalería, desenvolto no Carballiño, no que participarón 14 mulleres na formación teorico-practica que lle deu acceso a vez o carne de Restauración. Durante as 175 horas do proxecto formativo, se facilitaron as prácticas en empresas do sector, entidades que previamente firmaron convenio de colaboración.

A Federación para facilitar a formación e mellora social, puxo a disposición das familias monomarentais o programa de apoio, logrando con este servizo o acceso a formación das mulleres soias.

O proxecto foi cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS FORMATIVOS - Publicado o 23-09-2009 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
FESTA DE STA. UXIA
FestaA Asociación de Mulleres Rurais "A
Madanela"
organizou a Festa en honor a Sta. Uxía, na parroquia de tal nome para conmemorar esta data.
A asociación de mulleres, busca fomentar esta antiga festa o mesmo tempo que o deleite e xuntanza dos veciños de parroquia, que nos últimos anos non celebraban a festa da patrona.
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 16-09-2009 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
INFORMACIÓN EN PRENSA
L A Región 10/09/2009
Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN ALFABETIZACIÓN DIXITAL - Publicado o 10-09-2009 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Novos cursos para Outubro
Mensaxería instantanea "Messenger"

Horario: 10:30 a 12:00 horas
16:00 a 17:15 horas

Días: Martes e Xoves

Dirixido: adultas/os

Metodoloxia: Adaptada os/as usuarias/os, de forma práctica e dinamica

Descripción.-
A/O usuaria/ aprendera o manexo de programas de comunicación en tempo real.
Conseguindo contactar coas persoas seleccionas, empregar emoticos, enviar menxases e arquivos, conseguir realizar video-conferencias.

Duración da formación: 8 ou 10 horas.



Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN ALFABETIZACIÓN DIXITAL - Publicado o 09-09-2009 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
OFERTAS PARA A COMARCA (CIMO)
Empregado/a administrativo/a - Carballiño (O) - Nº Oferta 971791
Empresa madeireira precisa persoal con nivel alto de inglés e medio de francés para traballar no departamento de Comercio Exterior. Necesaria
titulación mínima de Ciclo Superior na rama da Administración e experiencia de seis meses no posto.

Dependente/a - administrativo/a - Maside - Nº Oferta 971930
Realizará atención de clientes, venda de mercadorías e tarefas administrativas nun comercio dedicado á venda de mobles. Valoran
coñecementos de Autocad. Traballo a media xornada en quenda de mañá (con posibilidades de ampliar a xornada completa).
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 04-09-2009 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
VOLTEMOS A LER
Xa fai un mes, que non recomendamos ningun libro de lectura,,,¡vai sendo tempo!.
Si tedes gañas de ler narrativa, na fin de semana Resistencia de Rosa Aneiros; é unha novela que envolve, nos leva a un pasado e a loita obreira as circunstancias políticas dun Portugal ata a Revolución dos Caraveis.

Recomendación: Alicia
¡Vos vai a gustar!
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 04-09-2009 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Aberto prazo de Inscricion
Atopase aberto o prazo de inscrición para os novos cursos de formación da aula Conectad@s ó Mundo.
A formación das/os peques (dende 5 anos) terá lugar en horario de 18:00 a 19:00 horas.


A orden de chamamento para os mesmos farase por riguroso orden de inscrición.



Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN ALFABETIZACIÓN DIXITAL - Publicado o 01-09-2009 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal