Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ABERTO PRAZO DE INSCRICION
Apertura do prazo de inscricion para os cursos de alfabetización dixital (2010/2011) de rapaces con anos comprendidos entre os 6 e 13.

Para maior información acercarse o Punto de encontro/aula Conectad@s ou ben no teléfono do mesmo en Rúa Castelao nº15.
Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN ALFABETIZACIÓN DIXITAL - Publicado o 30-08-2010 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
CANTIGAS
Naiciñas casade as fillas,
mentres ten bo parecer
pois non son herbas do prado
que vallan ao envellecer.



Terche pouco non convén,
tampoudo convén ter moito,
pero compre por eso ter:
seica moito, seica pouco.

Botas túas contas na casa.
Non as leves ao concello
que uns han de decir branco
outros han de decir negro.

Un contro decirche quero:
é que si a América vas
traerás bon que decir
pero pouco que contar.

Os ollos dinme que chore,
o corazón de que non,
eu non sei xa a quen dar creto,
olliños ou corazón.
Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 25-08-2010 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
REFRANEIRO
Letra caligraficaPola Santqa Lucía, tan longa a noite coma o día.

Se matas o porco polas navidades, que non o sepan as túas amizades.

Se o que mata o porco é o veciña, procura topalo polo camiño.

Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 25-08-2010 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑAS
Que cousa é:
que ten o pan no cu
e merda na boca.




Cousiña cousa,
que cando vai ó monte mira pra casa
e cando vai pra casa,
mira pro monte.


Cando vai pro monte
vai engruñado,
e volve pra casa
e ven estirado

Ven ó meus brazos
¡prenda!,
que te quero moito
Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 25-08-2010 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
Voltamos para atender
Dende hoxe día 23, voltamos para atendervos no punto de encontro.
Para solicitar calquer información, inscribirse a cursos ou outra petición:
¡esperamos a vosa visita ou chamada!.

Un saúdo
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 23-08-2010 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal