Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FOTOS DO VII FORO DA IGUALDADE
Amigas:
Sabemos que é con retraso, pero, como solicitaste e "o prometido é debeda", tedes algunhas das fotos a maiores do VII FORO DE IGUALDADE desenvolto neste ano (2010).
Podedes acceder o blog de femuro para poder ver o resto.
VII FORO DA IGUALDADE (Confraternidade)
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 29-07-2010 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
REMATE DO CURSO DE VERAN

Nesta semana rematamos a formación de verán, na que aprendemos o manexo de internet, a atender o noso correo, a empregar un Pen-driver....... ¡no que nos temos rido un pouco....e compartido moito!.
BO veran amigas/os
Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN ALFABETIZACIÓN DIXITAL - Publicado o 26-07-2010 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
O Rato da Ludoteca
O ratiño da nosa Ludoteca, foi unha das actividades que fixemos para traballar e divertirnos, os venres do mes de xullo.
O vindeiro día 30 rematamos a lectura, os xogos e actividades.....¡vemonos!.

Grazas a todos/as por confiar en FEMURO e compartir con nos un espazo do voso tempo.
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 26-07-2010 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
LIBRO PARA O VERAN
MADE IN GALIZA
(Sechú Sende)

Recomendo que o leades na praia, ou nun ratiño tranquilos baixo a nogueira. É sinxelo de ler, un chisco rebelde, moi creativo e tamén chega a emocionar.....(¡o dito, indicado para o veran!, o resto do tempo adicadeo a descansar e folgar).

Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 21-07-2010 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
CIMO 21/07
Responsable de administración - Carballiño (O) - Nº Oferta 975934Importante empresa de xestión de residuos precisa persoal para responsabilizarse do departamento de administración. Encargarase de realizar
tarefas de facturación, cobros, contabilidade, control de custes, xestión de altas e baixas de traballadores, etc.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 21-07-2010 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
ACTIVIDADE DA LUDOTECA
Unha das actividades que se realizan
A Federación de Mulleres Rurais desenvolve durante o mes de xullo a Ludoteca de Verán en horario matinal dos venres no Carballiño e na Comarca de Monterrei de Luns a Xoves.

Entre os seus fins princiais están:


 Educar en igualdade contribuíndo a promover a mesma a través dos xogos e dinámicas.
 Mellora da psicomotricidade fina dos cativos participantes, e da motricidade tactil.
 Dinamizar o tempo de lecer con distintas actividades adaptadas as idades.
 Proporcionar actividades de formación que melloren a relaxación, o vocabulario, a memoria.
 Atender ás necesidades dos pequenos, axudando do mesmo xeito os pais que se atopan en xornada laboral.
 Fomento e promoción da lingua galega, empregando nas actividades a mencionada
Comentarios (0) - Categoría: LUDOTECA/ANIMACIÓN A LECTURA LIBRO/FORUM - Publicado o 12-07-2010 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
CIMO 5/07
Coidador/a de persoas maiores - Irixo (O) - Nº Oferta 975692

Precísase persoal para o coidado dunha persoa maior dependente. Encargarase de cociñar, aseo e da limpeza da casa. Valórase experiencia no
posto e titulación de Auxiliar de Xeriatría. Necesario ter informes, carné B e vehículo propio.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 06-07-2010 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal