Conectad@s ó Mundo-FEMURO


Aula Formación, Información e Asesoramento
Punto de encontro das mulleres do Rural da Comarca do Carballiño e Ribeiro, que se engloban en FEMURO.
Dende aqui se traballa para toda a poboación na busqueda da Igualdade,Empoderamento, Formación, información e Asesoramento.


relojes web gratis








Conectad@s ó Mundo
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ofertas do CIMO para COMARCA
Auxiliar de enfermaría
Nº da oferta 972301
Irixo (O)
Residencia da terceira idade precisa
persoal coa titulación de Auxiliar de
Enfermaría e experiencia no posto
para realizar tarefas de limpeza e
atender aos maiores. Entre 25 e 50 anos.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 30-07-2009 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
AVISO DE YOGA

Para todas/os as/os asistentes a yoga no centro Socio-comunitario; faise saber que se remata este venres día 31 por vacacions.
Comezara de novo no mes de outubro, previa inscricion.
¡¡¡¡Bo descanso!!
Comentarios (0) - Categoría: CURSOS E ACTIVIDADES DAS ASOCIACIONS - Publicado o 30-07-2009 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑAS de Recordos no Tempo
Colgadito estoy,
barbas de ouro teño
si voto unha risada
perdo o que teño.


¿Que é unha cousiña cousa,
que ten un dente soio
e chama pola xente?

Que cousa é,
que cousa é:
tres pinpirimpím
tres pinpirimpón
un tételle e sácalle
e un sácalle e pon.

Que cousiña será,
que cousiña non será,
que vai de vurato en burato coas tipas arrastro?

De alto me miras,
comer me querías,
de ela sairá quen me a min levara.

Blanco fue mi nacimiento,
me pintarón de colores
¡cuantas muertes yo he causado y
empobrecido a señores!

¿Sabedes as solucións?
Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 22-07-2009 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
OFERTAS DO CIMO
DATA: 22/07
Profesor/a para academia
Nº da oferta 972174
Carballiño (O)
Academia de ensino precisa persoal para impartir clases
de física e química a nivel de Bacharelato. Imprescindible
Licenciatura nalgunha das materias, ou estar rematándoa.
Traballo durante sete horas semanais en quenda de tarde
Xefe/a de taller - Carballiño (O) -
Nº Oferta 971412

Realizará tarefas de mantemento e reparación de maquinaria, ademais de encargarse da coordinación do traballo do persoal ao seu cargo.
Valoran o permiso de conducir clase C. Xornada completa.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 22-07-2009 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
OFERTAS DO CIMO
Día 20 de Xullo
Xefe de Administración
Nº da oferta 972136
Carballiño (O)
Empresa do sector da construción precisa persoal para
realizar tarefas contables, facturación, xestión de cobros,
control económica de clientes e provedores, previsión e
análise de custo e xestión de persoal. Xornada completa.
Profesor/a para academia -
Carballiño (O) - Nº Oferta 971220
Academia de ensino precisa persoal para impartir clases de Física e Química a nivel de Bacharelato. Necesaria posuír a Licenciatura nalgunha
das dúas materias ou estar cursando os últimos anos. Horario a convir en quenda de tarde (sete horas semanais).
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 20-07-2009 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO DE INICIACION A INTERNET
Descripción.-
Curso de iniciación a internet:
Coñecemento dos Navegadores
Distintos servidores
Buscador
Creación e manexo do Correo.

Duración.-
15 horas

Luar.-
Centro socio-comunitario
Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN ALFABETIZACIÓN DIXITAL - Publicado o 20-07-2009 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
VACACIONS (Voltamos o día 20)
¡QUE TEÑADES UNHA BOAS VACACIONS!Si sodes vos os/as que conducides ide a modiño, cumpride as normas:
• Revisade o coche antes de saír.
• Descansade cada dúas horas.
• Non corrades, ¡é mellor chegar tarde, que non chegar!.
• ¡Estades de vacacións,,,,,non vos cabreedes!
………Todas esas cousas que xa sabedes debedes facer…….
Si sodes os/as peques,,,,¡non deades a tabarra!, frases como:
• ¿Cándo chegamos?
• Quero pis!
• Quero auga!.......

Tamén sabedes que pon nervioso/a o conductor/ra…..¡XA SABEDES!.
Recordade : cargar o DVD, a DS, coller o libro que queredes ler………..

¡Sobor de todo!................¡DISFRUTADE, DESCANSADE, RELAJADEVOS!, ESPEROVOS A GRADES E PEQUENOS/AS
Comentarios (0) - Categoría: FORMACIÓN ALFABETIZACIÓN DIXITAL - Publicado o 03-07-2009 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
ADIVIÑAS

¡Tentade saber a resposta!

Delante de Dios estoy
entre cadenas metido.
Estoy alto y estoy bajo
estoy muerto y estoy vivo.



Detrás de una puerta lo vi hacer,
subir y bajar, sacar y meter;
dar de manos, fregar de barriga,
¡adivina que no es picardía!


Pelo por fora,
pero por dentro
erguer a perna
e metela dentro

María Antonia está deitada, o Xan por riba.
O biquilis babiles, iba e viña e María Antonia
aberto llo tiña.


A carne da muller é dura,
e máis dura é quen a fura.
Métese o duro no brando e
quedan dous piringando.


Métese duro,
saille brando
coloradiños e chorreando.
Comentarios (0) - Categoría: RECORDOS NO TEMPO - Publicado o 01-07-2009 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Oferta do CIMO
Empregado/a administrativo/a - Carballiño (O) - Nº Oferta 971791
Empresa madeireira precisa persoal con nivel alto de inglés e medio de francés para traballar no departamento de Comercio Exterior. Necesaria
titulación mínima de Ciclo Superior na rama da Administración e experiencia de seis meses no posto.
Comentarios (0) - Categoría: OFERTAS DE EMPREGO NA COMARCA - Publicado o 01-07-2009 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal